O Oza levouse os 3 puntos de Malpica remontando.
Xornada suspendida
Antre o pasado venres 6 de Nadal e o Domingo día 8, xogáronse 4 dos encontros dos que foron suspendidos polo temporal “Brest” o pasado 24 de Novembro correspondentes a 11ª xornada. Dous máis quedan pendentes para o 4 de Xaneiro do 2025, e un xa se xogou o día antes do temporal. Estes encontros sentáronlle ben ao Zas, Volantes, Oza e Camelle, que dan un salto na clasificación.
Segundo nos vaian chegando máis comentarios iremos sumándoos as crónicas, polo que estas non quedan pechadas.
GOLEADORES
Raúl Corzón, (Sporting Zas), encabeza a clasifiación de goleadores desta liga con 17 goles, (3 de penalti), seguido de Raúl Lestón, (Volantes), que suma 14, (1 pen.), e completa o podio Lucas “Panadeiro”, (SD Camelle), con 12.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
3ª DA COSTA
-Suspendidos da 11ª Xornada-
Sporting Seaia CF 1-2 SD Oza
Atlético Pereiriña FC-CD Nantón, 04/01/25 ás 17:00
Sporting Zas 8-0 SCD Buño
SD Camelle 2-0 SD Laxe
CD Baiñas 2-9 Volantes de Baño FC
SD Sofán B–Inter de Brens, 04/01/25 ás 17:00
CF Muxía B 2-6 SCD Malpica
Descansa : UD Cerqueda
-CRÓNICAS-
Vídeo do Golazo de Salah de libre direto.
Sporting Seaia CF 1-2 SD Oza
Gonzalo Novo, (2º Adestrador do SD Oza) : “Empezaba o partido moi en contra, tanto que no saque inicial o Seaia saca o central, este manda un balón en longo, que colle algo durmidos os nosos centrais e o dianteiro deles define a perfección cruzándolla o segundo pau a Samuel. A partires de aí intentamos por tódolos medios empatar o partido, un regate de Abib que se lle vai longo e no segundo pau Nacho manda arriba, cando xa cantabamos gol, outra clara de Abib que se lle vai fora por moi pouco, e outra de Archi que cando xa estaba para rematar o central do Seaia barreo, e pita saque de portería. Froito Desa insistencia conseguimos empatar por medio de Archi pasada a media hora, nunha xogada na que colle un balón de costas a portería, xírase perfecto e manda o balón para dentro, axustándoa o pau nun tiro o que nada pode facer Lamas. Con este resultado iriamos os vestiarios.
Xa na Segunda metade quixemos ir a polos 3 puntos e estivemos a punto de desempatar con 3 xogadas moi semellantes, unha de Nacho que saca un magnífico pé abaixo Lamas, outra de Abib que a manda moi por encima, e outra de Archi que se vai tamén rozando o longueiro. A partires de aí despertou o Seaia que tamén quería deixar os tres puntos na Pedra Queimada, e tivo algunha boa ocasión. O partido volveuse tolo en canto a ocasións, ata que no 87 Salah aproveita unha falta na zona de tres cuartos, para metela e traer os tres puntos para Carballo.
De parte de toda a familia da SD Oza queremos desexarlle unha moi pronta recuperación a Sergio Cancela “Juni” que salería do campo xa na primeira metade lesionado
Goles : 1-0, Iván Caamaño, (1´); 1-1, Archi, (38´); 1-2, Salah, (87´).
Incidencias : Saeu lesionado no minuto 28 Juni do SD Oza, ao que lle desexamos unha pronta e satisfactoria recuperación.
Sporting Zas 8-0 CDS Buño
Goles : Primeira metade 4-0 con goles de Dani Mato, (11´), Touriñán, (25´), un en propia porta de Alan, (28´), e un de Redondo, (34´). Na segunda virían outros 4, obra de : Dani Mato, 846´), Álvaro, (75´), e dous de Mauro, (83´e 85´).
SD Camelle 2-0 SD Laxe
Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : ““.
José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “Primeira parte igualada, donde un gol de Dido de cabeza nun corner adiantou o Camelle, e tivemos algunha para empatar. Na segunda tamén tivemos algunha, pero o ariscar máis deixamos ocos atrás, o que fixo que o Camelle tivera ocasións máis claras que nós. Marcaron o 2-0 e seguímolo intentado pero non vimos porta. Os meus intentaron adaptarse o mal estado do terreno de xogo, e pelearon ben cada balón”.
Goles : 1-0, Carlos de Dido, (10´); 2-0, Iván Chans, (73´).
Incidencias : O colexiado Alejandro Tato, expulsou con vermello direto ao xogador do Laxe, Felipe no minuto 81´.
CD Baiñas 2-9 Volantes de Baño FC
Goles : Primeira metade 1-3. Adiantábase o Volantes con goles de Manuel, (20´) e Raúl Lestón, (22´), e acurtaba o Baiñas por medio de Joel, (35´). Pechaba a primeira metade Ánxo co terceiro dos de Baño, (42´). Na segunda metade marcaron polo Volantes : Raúl Lestón, (54´e 86´), Edu, (67´e 87´), Huso, (71´) e Jesús, (73´). O 2-9 do Baiñas era obra de Joel Lema no desonto final.
-CLASIFICACIÓN-
1º SCD Malpica : 28 puntos
2º Sporting Zas : 27 puntos
3º Volantes de Buño FC : 27 puntos
4º SD Sofán B : 26 puntos
5º UD Cerqueda : 24 puntos
6º Atlético Pereiriña FC : 17 puntos
7º SD Oza : 14 puntos
8º CD Baiñas : 13 puntos
9º SD Camelle : 12 puntos
10º Sporting Seaia CF : 10 puntos
11º CD Nantón : 9 puntos
12º SCD Buño : 8 puntos
13º Inter de Brens : 8 puntos
14º CF Muxía B : 7 puntos
15º SD Laxe : 2 puntos
PREVIA
-13ª Xornada-
-15/12/2024-
SD Oza–CD Nantón, ás — horas
Sporting Seaia CF–SCD Buño, ás — horas
Atlético Pereiriña FC–SD Laxe, ás — horas
Sporting Zas–Volantes de Baño FC, ás — horas
CD Baiñas–Inter de Brens, ás 16:30 horas
UD Cerqueda-SCD Malpica, ás — horas
CF Muxía B-SD Sofán B, ás 12:00 horas
Descansa : SD Camelle
-Fotos e vídeo Oza : Gonzalo Novo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ Adestradores