3ª DA COSTA : CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 9ª XDA : “O SOFÁN B FAISE AUTORITARIO GOLEANDO O VOLANTES E A LOITA POLO SEGUNDO POSTO ACENTÚASE”.

O Sporting Zas volveu a senda do trunfo.

Inesperada derrota, non por perder senón polo do abultada, (8-1), do Volantes ante o Sofán B. Os de Baño buscaban asaltar o liderato que colleu a semana pasada o equipo sofanista pero víronse totalmente superados polos rapaces de José Barca que xa o ano pasado quedáronse as portas do ascenso. Nunha tarde chuviosa e con borraxeira o Sporting Zas aproveitou para acercarse a cabeza da táboa agora a 1 punto da segunda praza tras golear o Oza nun encontro que chegaron a ir perdendo 0-2 co Oza para acabar 5-3. O Cerqueda derrotaba ao Laxe que sigue no seu proceso de crecemento, (4-0), e tamén se acerca aos de arriba. Pola sua banda o Muxía B sumaba a sua segunda vitoria do campionato a costa do Inter de Brens.

Segundo nos vaian chegando máis comentarios iremos sumándoos as crónicas, polo que estas non quedan pechadas.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

3ª DA COSTA

-9ª Xornada-

-10/11/2024-

Atlético Pereiriña FC 1-0 Sporting Seaia CF,

Sporting Zas 5-3 SD Oza

 SD Camelle 3-3 CD Nantón

 CD Baiñas 2-0 SCD Buño

UD Cerqueda 4-0 SD Laxe

 SD Sofán B 8-1 Volantes de Baño FC

CF Muxía B 1-0 Inter de Brens

Descansa : SCD Malpica

 

-CRÓNICAS-

 

Atlético Pereiriña FC 1-0 Sporting Seaia CF

Goles : 1-0, IJuan “O bello”, (85´).

Incidencias : O colexiado Pablo Rama expulsou con vermello direto o delegado do equipo seaies, Martín.

 

 

Sporting Zas 5-3 SD Oza

Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) :Partido moi disputado entre dous grandes equipos, cun Oza que demostrou que a súa posición na clasificación non fai xustiza ao seu bo xogo. O encontro comezou cun ritmo altísimo, con ambos conxuntos presionando en campo contrario e creando un partido de ida e volta. As ocasións máis claras no primeiro tramo foron para o Oza, e froito diso chegou o 0-1: unha xogada ensaiada que Nacho rematou de cabeza, deixando a Guillermo sen opcións.

Tras ese gol, a intensidade non baixou e as disputas individuais facíanse notar, enchendo o partido de amarelas antes de chegar ao descanso. No inicio da segunda parte, o Zas deu un paso adiante en busca do empate. A expulsión por dobre amarela dun xogador do Oza foi un punto de inflexión, modificando o seu esquema. Aínda así, nunha mala saída de balón do Zas, o Oza aproveitou para armar unha rápida contra e poñerse 0-2.

Co marcador en contra, o Zas viu a necesidade de arriscar máis. Os cambios de Adrián Domínguez e Mauro resultaron fundamentais, aportando frescura e presenza en ataque. A partir de aí, as individualidades destacaron: Raúl anotou o 1-2, Dani empatou cun cabezazo impoñente tras un córner e, pouco despois, Redondo puxo o 3-2 cunha brillante xogada individual que desatou a ledicia na bancada de San Andrés, todo isto en apenas dez minutos frenéticos.

O Zas non se conformou e seguiu atacando, aproveitando dúas asistencias precisas de Redondo e Dani para que Raúl completara outro hat-trick na súa conta persoal. O Oza logrou marcar un último tanto na derradeira xogada do partido, pechando o marcador final nun vibrante 5-3″.

Goles : 0-1, Nacho Pose, (20´); 0-2, Mohamed, (60´); 1-2, Raúl, (65´); 2-2, Dani Mato, (67´); 3-2, Redondo, (73´); 4-2, Raúl, (78´); 5-2, Raúl, (87´); 5-3, Nicolás, (93´).

Incidencias : A colexiada Andrea Barbeira expulsou con vermello direto o delegado do equipo ocense, Gonzalo e ao xogador Salah, con dobre cartón, (40´e 52´).

 

 

SD Camelle 3-3 CD Nantón

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Na primeira xogada do partido poñeriamonos por diante, cun golazo de Lucas dende a banda que se cola por toda a escadra, nós non acertaríamos moito e o Nantón creábanos bastante perigo en balóns en longo, o fío do descanso emparían cun tiro dende fora da área.

Comezaría a segunda parte con pouca visibilidade entre a borraxeira anoitecía. O 1-2 chegaría nun remate o segundo pao. Poñeríamos o empate cun tiro de Pastelero dende 25 metros que se mete outra vez pola escadra, e en 10 minutos tolos chega o 3-2. Foi nun remate de testa de Kampi, tras un corner, e o definitivo empate chegaría a raiz dun tiro lonxano deles que tamén se iría por toda a escadra facendo imposible a estirada do noso porteiro. Empate xusto”. Xogamos con : Joel, Chans, David V, Raiku, Paulo, Estiben, Fabian, Gabi, Pastelero, Oscar, e Lucas. Entraron desde o banco : Rodri por Gabi, Kampi por Óscar, Carlos de Dido por Fabián e Sergio por Pastelero.

Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Partido moi condicionado pola espesa niebla e o mal estado do terreno de xogo, sobretodo na zona central na que era imposible a circulacion de balon. Empezamos encaixando un gol nos primeiros segundos de partido cun golazo dende lonxe do rival no qe nada puido facer o noso porteiro.

Fomos capaces de repoñernos do mazazo do inicio e levamos o peso do partido generando moitas ocasions e chegadas a area rival e sentindonos pouco a pouco comodos no partido. Javi antes do descanso con cun tiro axustado o pau facia que foramos o descanso cun merecido empate.

Na segunda parte o cesped iba a peor, igualouse un pouco mais o partido porque o Camelle dou un paso adiante e por fases do partido foi superior a nos.. segunda parte de ida e volta e nunha desas Josué recolle un rechace do porteiro e pon o 1-2 no marcador. Alegría que nos durou pouco porque en seguida o Camelle empata o partido con outro golazo dende fora da area que nada pode facer Alvaro.

Sin perderlle a cara o partido, seguímolo intentando e fruito deso Benbe marca outro golazo dende fora da area que nos poñia 2-3 pero que outra vez, 1 minuto despois, nun corner mal defendido por nos o Camelle marca o 3-3 de Cabeza poñendo aasi o empate definitivo. Un empate que penso que foi xusto polo visto no campo. Felicitar o Camelle e agradecerlles o trato recibido.

Destacar, que para asombro de ambos equipos e entrenadodes o árbitro decidiu pitar o final xusto no 90, sin desconto ningún, logo de facer ambos equipos as 3 ventanas de trocos e numerosas interrupcións por atencións a xogadores..

Goles : 1-0, Lucas do Panadeiro, (1´); 1-1, Javi Muiño, (40´); 1-2, Josué, (63´); 2-2, David Vieites, (65´); 3-2, Brais, (72´); 3-3, Julio César, (75´).

 

CD Baiñas 2-0 SCD Buño

Goles : 1-0, Fabio, (13´); 2-0, Joel, (45´).

 

O Cerqueda arrímase a zona alta.

 

UD Cerqueda 4-0 SD Laxe

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “Este partido competímolo xa un pouco mellor e o resultado foi un pouco abultado, para o visto no campo. O Cerqueda ten bo equipo, e nalgún gol tivo a sorte de cara en rexeites. Temos que seguir este camiño e pouco a pouco ir competindo un pouco mellor”.

Goles : 1-0, Salah, (28´); 2-0, Pedro Gundín, (42´); 3-0, Marcos, (62´); 4-0, Víctor, (75´).

SD Sofán B 8-1 Volantes de Baño FC

Goles : Primeira metade 4-1, con goles sofanistas de Daniel Calvete, Adrián Vázquez, Raúl e Moreno e gol de Borja, 83-1), para o Volantes. Na segunda metade marcaron polos sofanistas . Moreno, Adrián Vázquez, (2) e Breogán.

Incidencias : O colexiado Bruno Méndez expulsou con dobre cartón o xogador muradán, Alejandro Louro, (58´e desconto final).

 

CF Muxía B 1-0 Inter de Brens

Goles : 1-0, Santi Bermúedez, (69´).

Incidencias : O colexiado Vitor Recarei expulsou con dobre cartón o xogador visitante, Castreje, (48´e 92´).

 

Descansou : SCD Malpica

 

+++++

 

-CLASIFICACIÓN-

 *SD Sofán B : 25 puntos

 Volantes de Buño FC : 21 puntos

*SCD Malpica : 21 puntos

4º Sporting Zas : 20 puntos

 UD Cerqueda : 18 puntos

  Atlético Pereiriña FC : 13 puntos

 CD Baiñas : 10 puntos

8º *SD Oza : 8 puntos 

 *Inter de Brens : 8 puntos

10º *SCD Buño : 7 puntos

11º *Sporting Seaia CF : 7 puntos

12º *CF Muxía B : 7 puntos

13º SD Camelle : 6 puntos

14º *CD Nantón : 5 puntos

15º *SD Laxe : 2 puntos

*Asterisco: Os equipos con asterisco teñen un encontro menos disputado.

 

PREVIA

-10ª Xornada-

-17/11/2024-

 Sporting Seaia CF-CF Muxía B

 SD Oza-Atlético Pereiriña FC

 CD Nantón-Sporting Zas

  SCD Buño-SD Camelle

SD Laxe-CD Baiñas

  Volantes de Baño FC-UD Cerqueda

Inter de Brens-SCD Malpica

Descansa : SD Sofán B

 

 

-Fotos Zas : Sporting Zas

-Foto Camelle : Roi Búa

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ Adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies