Eloy Sambad fixo o histórico primeiro gol do Muxía B.
Malpica e Buño siguen con pleno de vitorias neste inicio de liga. Tan só o Sofán B se une a estes dous no tocante a que están invictos, ca diferenza de que os sofanistas suman 2 vitorias e un emopate. Por abaixo o único que sigue sen puntuar é o Sporting Seaia, xa que o Muxía B acadaba a vitoria ante o Laxe, os primeiros puntos e goles oficiais da sua corta historia. Marcáronse 29 goles foito de 4 vitorias locais, 1 visitante e 2 empates.
3ª DA COSTA
-3ª Xornada-
-29/09/2024-
CD Baiñas 1-1 SD Camelle
UD Cerqueda 1-3 Sporting Zas
SD Sofán B 6-2 Atlético Pereiriña FC
SCD Malpica 2-0 Sporting Seaia CF
Inter de Brens 3-3 SD Oza
Volantes de Baño FC 3-2 SCD Buño
CF Muxía B 2-0 SD Laxe,
Descansou : CD Nantón
O Sportig Zas sumou a sua primeira vitoria do curso na visita o Cerqueda.
Lecouse os 3 puntos o Sporting Zas ante o Cerqueda nun encontro no que os zacenses quedaban cun menos aos 35 minutos de xogo por expulsión con vermello direto de Fran Gavín, pero ca ventaxe de que ían gañando por 0-2 con goles de Pablo Fuentes, (8´) e Iván Redondo, (12´). Tocou xuntarse e defender o resultado e conseguírono ata que no 75 Iván Mato acurtaba distanzas e o encontro collía maior tensión, moitos cartóns e os conseguintes paróns e chegaba no desconto o gol da tranquilidade para os zacenses, por medio de Raúl, (92´). Xusto ante igualábanse as forzas o ver o segundo amarelo o ceruqedense Jesús Eirís.
Prácido encontro do Sofán B, ante o Atlético Pereiriña, (6-2), en especial na segunda metade na que lles pasaron por enriba. Así e todo adiantábanse os da parroquia ceense por medio de Antón aos 23 minutos de xogo, pero non tardaban máis ca 7 minutos os sofanistas en remontar con goles de Nacho Eirís, (28´) e Roi Canedo, (30´), os goles seguidos. Quedaba tocado o equipo ceense cando despois do final da primeira metade na volta o campo xa recibían o terceiro e o cuarto practicamente seguidos. Facía o 3-1 Breogán, (47´) e o 4-1 Isma Ramos, (52´). O propio Isma facía o quinto dos de Barca, (80´) e Diego Oca maquillaba o resultado para os sureños, (88´). Isma Ramos completaba o seu triplete particular no descotno final para pechar un ste por 6-2.
Levouse o Malpica o derbi local ante o Sporting Seaia no que se adiantaban os capitalicios a media hora de xogo cun tanto de Fran García. A cousa volvíase tensa antes do descanso e esa tensión daba cun expulsado por bando no minuto 42. Adrián Pose polo Malpica e Kevin reino polo Seaia, tiñan que abandoar o terreo de xogo antes de tempo. Na segunda metade as cousas discurriron sen problemas e sen cartóns e Fran Monte, (73´), facía fenda no resultado para o definitivo 2-0 e sumar a terceira vitoria en 3 encontros para o lider, Malpica.
Reparto de puntos antre o Baiñas eo Camelle no Municipal de Vimianzo.
Empate antre Baiñas e Camelle, (1-1), nun choque que puido caer de calquer banda e ainda que estivo mellor o equipo camellán e tivo maior número de ocasións, os baiñeses tiveron un tiro o poste. Lucas do Panadeiro adiantaba os camelláns aos 77 minutos de xogo, e cando xa se pensaba na primeira vitoria do curso dos de Sergio “Crejo”, chegaba o empate dos baiñeses tras un libre direto materializado por Manuel Arias, (84´). Debutou no equipo camellán o meta Joel Fateira. O Camelle que chegaba con moitas baixas tiña no banco de 4 recambios, 2 deles eran porteiros.
Encontro entretito e de alternativas o que ofreceron en Xallas, (Cee), o Inter de Brens e o Oza. Si un se adiantaba o outro empataba e remontaba e así ata o 3-3 final. O primeiro que acertaba para metela antre os 3 paus era Miguel, (36´), para os de Brens, resultado co que se chegaría o descanso. Manuel Crespo igualaba a volta de vestiarios, (56´), e tres minutos despois él mesmo acadaba o da remontada. Pouco lles duraba a ledicia pois Juan 2Castreje”, empataba pouco despois, (61), e 10 minutos despois era o veterán Crístian Canosa o que acadaba o da remontada para os ceenses, (71´). Non acabou así a cousa e xa no treito final, Nacho Pose, (86´), facía o definitivo 3-3.
Vitoria sufrida do Volantes ante o Buño que lle igualou un 2-0 e que caeu no treito final, (3-2), para deixar o Volantes de colider e con pleno de vitorias nestas 3 xornadas disputadas, Todo trasncurría ben para os oleiros ata que no 42 Jesús abría o marcador para os de Baño. Sacábase de centro e nun minuto chegaba o 2-0 por parte de Manuel. Si un gol antes do descanso é “psicolóxico”, non digamos dous, pero a volta de vestiarios os de Buño repuxéronse e acurtaban distanzas por medio de Brais, (64´), un tanto que lles daba forzas para empatar no seguinte minuto, cun gol de Javi Facal, (65´). Parece que o esforzo fixo mella e o Volantes acabaría levandose o chqoeu cun gol de Ánxo nos derradeiros suspiros do choque, (88´). Pouco despois e coa tensión final sería expulsado Ánxo con vermello direto.
Bo partido do Muxía B ante o Laxe, (2-0), que supón a primeira vitoria do recén creado equipo cos rapaces que acababan a etapa xuvenil, así coma con xuvenís, e algún veterano no medio, neste encontro, un. Foi sen dúbida o mellor encontro dos rapaces adestrados por Isidro Caamaño, e que se adiantaban por medio de Eloy aos 4 minutos de xogo. Puideron ampliar a renda na primeira metade na que foron moi superiores, pero non o conseguiron e fixeron que o Laxe ainda tivese vida. A segunda metade foi máis igualada e o curto do resultado facía que puidese pasar calquer cousa. Non foi ata o descotno final cando Damián batía a Jacobo para o 2-0 final.
Descandou : CD Nantón
O Buño atesoura unha vitoria e un empate.
-CLASIFICACIÓN-
1º SCD Malpica : 9 puntos
2º Volantes de Buño FC : 9 puntos
3º SD Sofán B : 7 puntos
4ºSCD Buño : 4 puntos
5º Inter de Brens : 4 puntos
6º CD Baiñas : 4 puntos
7º Sporting Zas : 4 puntos
8º UD Cerqueda : 4 puntos
9º CD Nantón : 3 puntos
10º Atlético Pereiriña FC : 3 puntos
11º CF Muxía B : 3 puntos
12º SD Camelle : 2 puntos
13º SD Oza : 1 puntos
14º SD Laxe : 1 puntos
15º Sporting Seaia CF : 0 puntos
P.D. : Nantón, Oza e Sporting Seaia, teñen un encontro menos disputado.
-PREVIA-
-3ª Xornada-
-06/10/2024-
Sporting Zas-CD Baiñas
Atlético Pereiriña FC-UD Cerqueda
Sporting Seaia CF-SD Sofán B
SD Oza-SCD Malpica
CD Nantón-Inter de Brens
SD Laxe-Volantes de Baño FC
SD Camelle-CF Muxía B
Descansa : SCD Buño
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª Galega Feminina.
P.D. : Por motivos dun problema na vista que me impide estar moito tempo diante da pantalla do ordenador, traémosvos as crónicas deste xeito e non como habitualmente cas opinións dos adestradores. Estas están feitas gracias os comentarios de algúns adestradores ou afeccionados e seguindo a cronoloxía dos goles polas actas da RFGF, polo que pode haber algún erro.
-Fotos : Lorena López/Sporting Zas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”