3ª DA COSTA
Xornada 6
Domingo 18/10/2026
UD Monte Louro 5-1 Inter de Brens
Club Deportivo Razo 3-2 CD Nantón
CD Muros 1-4 Bergantiños FC “B”
CD Baiñas 3-5 SCD Buño
SD Laxe 2-4 CF Mazaricos
UD Cerqueda 4-3 Volantes de Baño FC
Sporting Zas 5-2 Sporting Seaia CF
SD Camelle 3-1 Lira CF
Clasificación detallada : PREME AQUÍ
.
AVISO : Calquer adestrador, xogador/ora, diretivo, etc, dos clubes que nos queira mandar comentarios dos encontros, fotos ou vídeos pode facelo, nos o que non imos pedirllos a ninguén. O whatsapp 626 72 00 47 está aberto a todo o fútbol e deporte da costa por igual.
.
CRÓNICAS
A sexta xornada da 3ª da Costa deixou emoción, goles e algunha sorpresa importante. O Bergantiños FC “B” continúa como líder en solitario trala derrota do SD Laxe e con pleno de vitorias tras golear o CD Muros (1-4), o equipo laxense perdeu a súa condición de invicto ao caer na casa ante un gran CF Mazaricos (2-4), que se coloca terceiro con 13 puntos. O Sporting Zas, (foto de portada) tamén cumpriu cunha vitoria clara ante o Sporting Seaia CF (5-2), e o SCD Buño levouse un partido moi aberto fronte ao CD Baiñas (3-5).
Un dos encontros máis emocionantes foi o da UD Cerqueda, que remontou tres goles en contra para vencer por 4-3 ao Volantes de Baño FC cun tanto decisivo no tempo engadido. Pola súa banda, o UD Monte Louro goleou o Inter de Brens (5-1), e o SD Camelle superou o CF Lira (3-1). No duelo máis axustado, o Club Deportivo Razo venceu por 3-2 ao CD Nantón.
.
UD Monte Louro 5-1 Inter de Brens
O UD Monte Louro impúxose con claridade ao Inter de Brens por 5-1, nun encontro no que os locais encarrilaron o triunfo na primeira metade e ampliaron a vantaxe tras o descanso. Saúl abriu o marcador no minuto 43 e Alejandro fixo o segundo no 45. Na segunda parte, Javier marcou dous goles máis, antes de que Romero recurtase distancias. Simón pechou a goleada no minuto 90.
Goles: 1-0, Saúl (43’); 2-0, Alejandro (45’); 3-0, Javier (55’); 4-0, Javier (67’); 4-1, Romero (70’); 5-1, Simón (90’).
Incidencias: Alejandro Rico, xogador do Monte Louro, foi expulsado con vermello directo no minuto 49.
CD Razo 3-2 CD Nantón
O Club Deportivo Razo conseguiu unha axustada vitoria por 3-2 ante o CD Nantón nun partido con cinco goles. Alejandro adiantou os locais no minuto 16, pero Jorge igualou o encontro oito minutos despois. Marco e Jacobo puxeron o 3-1 antes do descanso, aínda que Jorge, desde o punto de penalti, volveu meter o Nantón no partido no tramo final.
Goles: 1-0, Alejandro (16’); 1-1, Jorge (24’); 2-1, Marco (29’); 3-1, Jacobo (34’); 3-2, Jorge (38’, de penalti).
CD Muros 1-4 Bergantiños FC “B”
O Bergantiños FC “B” levou os tres puntos de Muros cunha vitoria por 1-4 nun encontro moi tenso, marcado polas expulsións e polo elevado número de cartóns. O conxunto carballés adiantouse na segunda metade con dous goles de Pablo Pose. Edu Dumont recurtou distancias para os muradáns, pero Rian e Ousmane sentenciaron o partido con dous tantos practicamente consecutivos nos minutos finais.
Incidencias : O colexiado Marco Alejandro Castro tivo unha tarde complicada, cunha sucesión de amoestacións e expulsións, con ata 12 cartóns en total, (8-4). No bando local foron expulsados Daniel Fernández, por dobre amarelo, e Juan Rey e Benjamín Fernández, ambos con vermello directo. No Bergantiños “B”, Aarón Silva tamén viu o vermello directo.
Goles: 0-1, Pablo Pose (55’); 0-2, Pablo Pose (60’); 1-2, Edu Dumont (70’); 1-3, Rian (88’); 1-4, Ousmane (89’).
CD Baiñas 3-5 SCD Buño
O SCD Buño levou os tres puntos nun partido moi aberto no que se marcaron oito goles. O Baiñas adiantouse por medio de Raúl, pero o Buño reaccionou con rapidez e remontou antes do descanso grazas aos tantos de Salah e Brais. Xa na segunda metade, Salah ampliou a vantaxe, Raúl volveu achegar o Baiñas no marcador e Saad, cun dobrete, deixou o encontro moi encamiñado para os visitantes. Asier marcou o terceiro dos locais no tempo engadido.
Goles: 1-0, Raúl (21’); 1-1, Salah (25’); 1-2, Brais (36’); 1-3, Salah (46’); 2-3, Raúl (64’); 2-4, Saad (72’); 2-5, Saad (91’); 3-5, Asier (94’).
SD Laxe 2-4 CF Mazaricos
O CF Mazaricos deu a sorpresa da xornada ao vencer por 2-4 no campo da SD Laxe, que chegaba á cita con pleno de vitorias, igual que o Bergantiños FC “B”. Os visitantes presentáronse en Laxe con só 13 xogadores, pero realizaron un gran encontro e conseguiron levar os tres puntos.
Raúl adiantou o Mazaricos no minuto 9. Paredes igualou para o Laxe no 61, pero Raúl, desde o punto de penalti, volveu poñer por diante os visitantes. Mayán e Adrián marcaron dous goles máis en apenas un minuto e deixaron o partido practicamente resolto. David Lema anotou o segundo dos locais no minuto 90.
Goles: 0-1, Raúl (9’); 1-1, Paredes (61’); 1-2, Raúl (65’, de penalti); 1-3, Mayán (75’); 1-4, Adrián (76’); 2-4, David Lema (90’).
UD Cerqueda 4-3 Volantes de Baño FC
A UD Cerqueda protagonizou unha gran remontada para superar por 4-3 o Volantes de Baño FC. Os visitantes chegaron a colocarse cunha vantaxe de tres goles grazas aos tantos de Hossni e ao dobrete de Ryan. Porén, o Cerqueda non baixou os brazos e iniciou a reacción cun gol de Alejandro dándolle a volta o marcador en 38 minutos. Cesareo e Iago Torres igualaron o encontro, antes de que Pedro Gundín culminase a remontada no minuto 92.
Goles: 0-1, Hossni (29’); 0-2, Ryan (39’); 0-3, Ryan (54’); 1-3, Alejandro (56’); 2-3, Cesareo (62’); 3-3, Iago Torres (70’); 4-3, Pedro Gundín (92’).
Sporting Zas 5-2 Sporting Seaia CF
O Sporting Zas sumou unha contundente vitoria por 5-2 ante o Sporting Seaia CF nun encontro con moita actividade ofensiva. Estalote adiantou os locais no minuto 8, pero Erik igualou de penalti pouco despois. Iván Caamaño volveu poñer por diante o Zas e, tras un tanto de Redondo, Edu Souto recurtou distancias para o Seaia. Na segunda metade, Estalote marcou o seu segundo gol e Pablo Fuentes pechou o marcador.
Goles: 1-0, Estalote (8’); 1-1, Erik (12’, de penalti); 2-1, Iván Caamaño (20’); 3-1, Redondo (23’); 3-2, Edu Souto (35’); 4-2, Estalote (53’); 5-2, Pablo Fuentes (57’).
Incidencias: Pablo Fuentes, goleador do Sporting Zas, foi expulsado con vermello directo no minuto 63.
SD Camelle 3-1 Lira CF
A SD Camelle impúxose por 3-1 ao Lira CF nun encontro trabado, especialmente durante a segunda metade. O Lira adiantouse de penalti por medio de Óliver no minuto 12, pero Josiño empatou xusto antes do descanso. Na segunda parte, Lucas “Panadeiro” completou a remontada e Sandro Toba sentenciou o encontro no minuto 88.
O colexiado Alejandro Antelo mostrou seis dos sete cartóns amarelos do partido na segunda metade, nun encontro con bastantes interrupcións.
Goles: 0-1, Óliver (12’, de penalti); 1-1, Jose Suárez (40’); 2-1, Lucas “Panadeiro” (55’); 3-1, Sandro Toba (88’).
Incidencias: Partido trabado na segunda metade. O árbitro Alejandro Antelo mostrou sete cartóns amarelos, seis deles tras o descanso.
.
CLASIFICACIÓN
1º Bergantiños FC “B”: 18 puntos
2º SD Laxe: 15 puntos
3º CF Mazaricos: 13 puntos
4º UD Monte Louro: 13 puntos
5º Sporting Zas: 12 puntos
6º SCD Buño: 11 puntos
7º SD Camelle: 10 puntos
8º CD Baiñas: 9 puntos
9º Sporting Seaia CF: 9 puntos
10º CD Muros: 8 puntos
11º UD Cerqueda: 7 puntos
12º Lira CF: 6 puntos
13º Volantes de Baño FC: 3 puntos
14º Inter de Brens: 3 puntos
15º CD Razo: 3 puntos
16º CD Nantón: 0 puntos
.
3ª DA COSTA
Xornada 7
Domingo 25/10/2026
UD Monte Louro – Club Deportivo Razo
CD Nantón – CD Muros, ás 17:00
Bergantiños FC “B” – CD Baiñas
SCD Buño – SD Laxe, ás 17:00
CF Mazaricos – UD Cerqueda, ás 16:30
Volantes de Baño FC – Sporting Zas
Sporting Seaia CF – SD Camelle
Inter de Brens – CF Lira, ás 17:00
(Os horarios non son oficiais)
.
-Foto : Prensa Sporting Zas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
–
