Miguel Riveiro, (foto) e Barreiro foron expulsados no encontro da xornada.
O encontro máis atractivo deta xornada xogábase no “Conchido”, o Outes CF, segundo clasificado recibía ao SD Camelle, terceiro e co aliciente de que o lider Camariñas FC descansaba. Todo apuntaba a un encontro de bo nivel, pero eso difuminouse en só 11 minutos. Nunha xogada de fortuna os da Serra poñíanse por diante aos 2 miutos de xogo. Non sentou ben o gol e no que transcurre do miuto 10 ao 11 , dous dos veteranos do equipo camellán, viron dous cartóns, primeiro un amarelo e de seguido un vermello, quedando os camelláns con 9 e convertíndose o que podía ser un gran encontro, en unha pachanga da que se beneficiou o equipo da Serra que apuntala a seguda praza e recúrtalle 3 puntos o lider. Desta resultado beneficiouse o UD Monte Louro que derrotaba a domicilio ao SD Ameixenda, (0-2), e desbanca da terceira praza aos camelláns, que pasaron nunha semana de equipo invicto a sumar duas derrotas consecutivas.
Duelo de poder a poder antre o CF Porteño e o CD Nantón que se levába os 3 puntos en xogo, (2-3), da “era” post-Sergio Varela, que como vos informamos deixou o banco dos porteños. Polo mal estado cas intensas chuvias do campo da Grixa, (Ponte doPorto), xogouse no “Hermanas Patiño”, (Camariñas) e no banco porteño estivo o presidente Manuel Castiñeiras. O encontro puido caer de calquer lado, como tamén pasou antre o SD Laxe e o UD Corcubión, no que a efectividade do SD Laxe que convirteu unha das que tivo, dobregou aos corcubioneses, (1-0). Tamén tirou de capacidade goleadora o Sporting Seaia que goleaou ao CF Castrelo, (3-0), que tardou en raccionar e cando se deu conta xa tiña o encontro perdido.
Aquí tedes como viron os encontros os adestradores ou colaboradores dos equipos, para ver as duas versións dun mesmo encontro. Se falta algunha cando nos chegue xa a poñemos, polo que mira máis tarde.
Recarei con boas paradas non deixou entrar no encontro o Castrelo.
CRÓNICAS
Sporting Seaia CF 3-0 CF Castrelo
Sánchez da Silva, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Partido no que marcaría Iván nun corner no minuto 10. O Castrelo fixo peligro pola banda dereita principalmente, pero non chegaria a finalizar, e nunha contra Jorge faría o 2-0. Xa na segunda, o Castrelo tería as suas, e Recarei fixo varias paradas. Loureiro marcaría un bo gol que poñ´ñia o 3-0. e aí xa se pecharía o partido”.
Sergio “Crejo”, (Adestrador do CF Castrelo) : “Partido que se nos complicou xa nos primeiros minutos recibindo 2 goles moi pronto. O primeiro dun corner, donde a indecisión do porteiro nos condenou, e o segundo nun pase do defensa o porteiro donde chega antes o dianteiro e marca. Non fomos capaces de entrar no partido. Xa na segunda parte melloramos en xogo e en opurtinidades, presionando máis para acurtar distancias, pero chegou o terceiro deles, un moi bo gol dun tiro dende fora da área que se cola cerquiña da escadra, dende ese gol o partido foi de ida e volta”.
Goles : 1-0, Iván, (3´); 2-0, Jorge, (38´); 3-0, Loureiro, (53´).
SD Laxe 1-0 UD Corcubión
José Antelo, (Adestrador do SD Laxe) : “Partido complicado polas gañas de agradar unha vez por todas na casa. Saimos enchufados intentando crear desde o principio, tivemos ocasións como para marcar máis goles, pero non puido ser ata a segunda parte, nunha xogada pola dereita cun centro, donde Jorge se tira con todo e remata, para conseguir o unico gol do partido. Despois foi intentar frenar o impetu do corcubion pois foron con todo para buscar o empate”.
Pikita, (UD Corcubión) : “Foi un partido moi igualado, con ocasions para os dous equipos. O gol do Laxe no segundo tempo deulle os tres puntos, aguantaron ben o resultado ante un Corcubión que fui a por todas ata o último minuto. O empate sería o resultado xusto”.
Goles : 1-0, Jorge, (71´)
Outes CF 4-0 SD Camelle
Miguel da Laracha, (Adestrador do Outes CF) : “Partido donde se nos poñia ben os 2 minutos tras marcar o 1-0. Saimos apretando e maniatando o rival, no minuto 15 o rival quedase con 2 xogadores menos e eso facilitamos a labor, conseguimos marcar o 2-0 e eso dounos tranquilidade. A segunda parte foi un monólogo pola nosa parte e conseguimos marcar 2 goles máis“.
José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Camelle) : “Nada, pouco que decir do partido. Os 2 minutos nun balón rexeitado na área caíolle a un do Outes e marcou o primeiro. Despois no minuto 10 da primeira parte quedamos con 9 por dobre amarela a Felipe e Ribeiro, e aÍ acabouse o partido”.
Goles : 1-0, Adrián, (2´); 2-0, Santi Álvarez, (38´); 3-0, 56´); 4-0, Martín, (86´).
Incidencias : O árbitroMarco Alejandro Castro deixou o SD Camelle aos 11 minutos de xogo por expulsión de Miguel Riveiro e Barreiro, con dobre cartón a cada un en cuestión de 1 minuto.
Así estaba o “San Paio de Refoxos” no Ameixenda-Monte Louro.
SD Ameixenda 0-2 UD Monte Louro
Fernando, (Xefe de prensa do SD Ameixenda) : “Partido xogado baixo unha choiva intensa, forte vento e néboa en moitos treitos do encontro. Nin siquera os equipos formaron para as fotos iniciais xa que o sorteo de campo xa se fixo nos vestiarios. Con este panorama o que prevalecía era reducir o máximo os erros en defensa. No primeiro tempo quén tiña o vento a favor era o MonteLouro, e aproveitou esta circunstancia para meter o Ameixenda atrás con balóns por alto xa que xogar a ras de chan era prácticamente imposible. As contras do Ameixenda quedábanse sempre curtas e non era quen de facer perigo. Tampouco o MonteLouro inquedaba a Rubén ata que no m.30, nunha serie de rexeites, o balón quedoulle os pes a Gabriel, que non tivo dificultad en marcar o 0-1. Pouco despois Rubén facía unha moi boa parada, evitando o segundo do Louro. No, segundo tempo o Ameixenda intentou aproveitar o vento a favor, pero foi de novo o MonteLouro, no m.52 o que marcaba logo dunha xogada pola dreita con centro para que rematara Samuel González. Non foi quen o Ameixenda de aliarse co aire e tratar de pechar na súa area os muradáns. Entre os minutos 70 e 90 aumentou ainda mais a intensidade da choiva e facíase prácticamente imposible dar dous pases seguidos, e mesmo os últimos 5 minutos xogáronse baixo unha intensa cortina de auga. O final 0-2 para o MonteLouro, que en todo momento adaptose mellor as condicións do campo. E cinco minutos despois de terminar o partido, parou de chover, amainou o vento e Cee e Cabana xogaron o seu partido tranquilamente”.
Juan Manuel Luces, (Asdestrador do UD Monte Louro) : “Cando nos chegue poñerémola opinión aquí”.
Goles : 0-2, Gabriel, (30´); 0-2, Samuel, (56´).
CF Porteño 2-3 CD Nantón
Manuel Castiñeiras, (Presidente do CF Porteño) : “Encontro con dominio noso na primeira metade. Adiantámonos cun tanto de Porto mediada a primeira metade, e empataríannos nun penalti que cometía Pejo 10 minutos despois e antes do descanso Ángel a saida dun corner facía o 2-1. Na segunda metade o Nantón adiantou liñas e marcaba a hora de xogo o empate. A partires de aí o encontro foi de ti a ti, e nun balón longo o noso central facíase un autogol. Xa a desesperada fomos con todo e tivemos ocasións coma para igualar, incluso fixéronnos un penalti que non nos foi pitado. Acabamos xogando con 10 o lesionarse o porteiro con tódolos trocos feitos”
Rodrigo Fachal, (Adestrador do CD Nantón) : “Partido con moito vento, nunha parte favorable para cada equipo. A chuvia parou ao pouco de empezar. Comezou o partido con ambos moi nerviosos, moito balón aéreo, choque…e co vento a favor o Porteño, nun corner pechado, remata en propia porta Pablo Fuentes, min. 20. Logo, baixamos o balón, e combinando, puxemos un bo centro, no que provocaríamos o penalti do 1-1, arredor do 30, obra de Josiño. O partido seguia no aire, na última xogada da primeira parte, espápaselle a marca a David nun corner, e marca no primeiro pau o Porteño. Descanso. Comeza a segunda parte, cun vento forte ao noso favor. Sabemos sufrir, e comezamos a combinar. No min 75, un balón en longo de Costiña, deixao correr moi ben Josiño, e “fusila”, facendo o seu segundo e o empate. Pouco despois, outro balón en longo, tocao o central, e introducese na portería, 2-3. Faltaban ainda 15 minutos. Nese tempo, balóns colgados, faltas, e moito choque. Partido duro pero que soubemos sacar adiante”.
Goles : 1-0, Pablo Fuentes, (14´ en propia porta); 1-1, Josiño, (34´de penalti); 2-1, Ángel, (45+1´); 2-2, Josiño, (64´); 2-3, Brais, (76´ en propia porta).
Incidencias : O encontro xogouse en Camariñas no “Hermanas Patiño” polo mal estado do tepe da “Grixa”. No banco trala dimisión de Sergio Varela estivo o presidente Manuel Castiñeiras, a espera de tomar decisións de quen será o novo inquilino no banco porteño.
RESULTADOS
10ª Xornada
Sporting Seaia 3-0 CF Castrelo
SD Laxe 1-0 UD Corcubión
Outes CF 4-0 SD Camelle
SD Ameixenda 0-2 UD Monte Louro
CD Nantón 2-3 CF Porteño
Descansou : Camariñas FC
CLASIFICACIÓN
PROXIMA XORNADA, (11ª)
30/11/2019
Castrelo-Camariñas, (18:00 horas)
Camelle-Laxe
01/12/2019
Monte Louro-Seaia
Corcubión-Porteño
Nantón-Ameixenda
(Pode haber variacións no día)
PICHICHIS
1º-Javi Antelo, (FC Camariñas) : 10 goles en 9 encontros
2º-Brandon, (FC Camatiñas) : 9 en 8
3º-José Louro, (UD Monte Louro) : 7 en 7
4º- : Martín, (FC Camariñas) : 7 en 7
6º-Santi Álvarez, (Outes CF) : 7 en 10
5º-Iago Lema, (UD Corcubión) : 6 en 8, (1 de penalti)
-Fotos : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es
-Foto SD Ameixenda : Fernando Domínguez
-Texto : Colaboradores/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.