3ª da costa, (9ª Xda) : CAMELLE 1-2 CAMARIÑAS : “UN CAMARIÑAS MÁIS EFECTIVO LÉVASE O DERBI”

Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos deste encontro.

 

SD Camelle 1-2 Camariñas FC

Non estivo de todo mal o tepe do “Rodeiro” en comparación ca no anterior encontro no que os camelláns xogaban contra o UD Monte Louro, e aguantou un choque con moito centrocampismo na primeira metade e con boas ocasións de gol na segunda. Tan só se pode reseñar na primeira metade unha ocasión de Barreiro para os camelláns na primeira metade, e a lesión por escordadura do xogador do SD Camelle, Santi “Maka”, que sería sustituido por Paulo que tamén tiña que abandoar o terreo pasada a hora de xogo, cunha escordadura de nocello, (o noso desexo dunha pronta recuperación para ambos). O acabar a primeira metade tamén perdían os de Camelle a David do Correo que tiña que sair por cuestións laborables. Adiantábase o equipo camariñán cun gol de Fran Barreiro e apretaba tralo tanto o equipo camellán, que dispoñía dun penalti que paraba Pablo Novo. Unha xogada que puido trocar o encontro. Dido, Paulo e Miguel Riveiro rondaron o gol do empate, pero sería Brandon o que aproveitaba un roubo de balón no centro do campo para facer o 0-2. Non baixou o equipo camellán os brazos e buscou meterse no encontro e facíao pouco despois do gol visitante, cun tanto de Pablo, e rondou o empate, en especial cun tiro de Dido, no desconto, a cepa do poste, e desaproveitando o rexeite posterior. Vitoria do lider que foi máis efectivo ante un SD Camelle que fixo méritos como para acadar o empate. Agora o Camariñas FC queda como único equipo invito da categoría.

 

Pablo Novo adivinou o lanzamento do penalti.

 

FICHA TÉCNICA

 

Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos deste encontro.

 

Ambentazo no “Rodeiro” para presenciar o derbi,

con arredor de 300 afeccionados.

 

 

O xamón que sorteou o SD Camelle foise para a Ponte do Porto.

 

 

ENCONTROS 9ª XORNADA

16/11/2019

SD Camelle 1-2 Camariñas FC

17/11/2019

CF Castrelo-UD Monte Louro : 16:30 horas

UD Corcubión-Outes CF : 16:00 horas

CD Nantón-SD Laxe : 16:15 horas

SD Ameixenda-CF Porteño : 16:00 horas

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”-piratasdemuxia.es

-Ficha Técnica : RFGF/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.