Sporting Seaia CF 0-0 SD Camelle
Sánchez da Silva, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Partido no que o campo estaba encharcado e por zonas non chegaba a rodar ben o balón, ainda así o Camelle propuxo máis xogo ante o Seaia que se sentía cómodo defendendo. Teríamos un par de ocasións na primeira parte. Sergio, a pase de Loureiro, e unha falta rematada por Raúl de cabeza. Na segunda máis do mesmo, o Camelle con varias craras a balón parado, e encerrándonos no noso campo. Nós cerca do final teríamos unha crara por parte de Martínez, que se lle frenou o balón e non puido finalizala”.
José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Camelle) : “Eles atrás todo o partido, defendéronse ben, e nós sobre todo na segunda parte, non tivemos sorte cara o gol. Fallamos 4 ocasións craras, pero hoxe non quería entrar o balón”.
FICHA TÉCNICA
RESTO DA XORNADA
8ª Xornada
09/11/2019
Castrelo 0-1 Ameixenda, (Crónica PREME AQUÍ)
10/11/2019
Seaia 0-0 Camelle
Camariñas-Corcubión : ás 16:45 horas
Outes-Nantón : ás 17:00 horas
Laxe-Porteño : ás 16:30 horas
Descansa : Monte Louro
-Foto portada : Xosé Búa/piratasdemuxia.es
-Texto : Adestradores/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.