Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos diste encontro.
O Camelle xogou de vermelo/amarelo para os seus afeccionados.
SD Camelle 1-1 UD Monte Louro
Dilubio universal no campo do Rodeiro e moito máis intenso na segunda metade o cadrar ca virazón a W, tras chuvia intensa de SW todo o día, sobre un Rodeiro que a pesares do tempo gozou dunha boa entrada, e que tiña ao seu carón outra festa, a de “Difuntos”, no cemiterio que fai parede do campo pola parte WSW. O encontro foi dos de antes, nun Rodeiro impracticable, pero con máis verde ca outros anos, que disimula unha charqueira, moi perigosa para os xogadores, que a pesares diso non desistiron a hora de ir a polos balóns divididos e en facer encaixe de bolillos para tentar xogar o fútbol. Pegou primeiro o SD Camelle cun tanto nunha xogada por banda esquerda que finalizaba o “7” dos camelláns, Barreiro. Pouco lles duraba a ledicia pois un minuto despois, nunha contra tralo saque de centro, o “7” dos loureses, José Louro, facía o empate gañándolle a espalda os defensas locais e batindo o meta Calipo na sua saida. Na volta de vestiarios como decíamos o encontro converteuse nun total ida e vola, “patada a seguir” e ocasións de ambos nas que unha vez os porteiros e outras os erros dos propios dianteiros na definición, evitaron que se puidera decantar o choque para calqueira das bandas. Das moitas ocasións ás máis craras foron unha de Barreiro que erra no man a man con Marcos Lijó, moi hábil no tiro a bocaxarro, e un excelente envío de Tedín que se foi lambendo a cruceta, por parte dos camelláns e unha de Geico só ante Calipo, que mandou por alto, e un envió en “folla seca” que caeu xusto por detrás do longueiro, para os loureses. Non se moveu o marcador, e o máis xusto foi o empate, que fai que os camelláns sigan invictos e aseguren, pase o que pase nesta xornada, a terceira praza.
Por intres era un dilubio o que caía sobre o Rodeiro.
FICHA TÉCNICA
O Rodeiro tivo unha boa entrada a pesares do día e do tempo.
RESTO DA XORNADA
-7ª Xda-
01/11/2019
Camelle 1-1 Montelouro
03/11/2019
Corcubión-Seaia : 16:00 horas
Nantón-Camariñas : 16:15 horas
Porteño-Outes : 17:30 horas
Ameixenda-Laxe : 16:30 horas
Descansa : SD Laxe
CLASIFICACIÓN
1º-Camariñas : 18
2º-Outes : 13
3º-Camelle : 12*
4º-Monte Louro : 9*
5º-Nantón : 7
6º-Laxe : 6
7º-Seaia : 6*
8º-Porteño : 5*
9º-Corcubión : 4
10º-Castrelo : 4
11º-Ameixenda : 3
*Teñen un encontro máis
* Douselle por gañado nos despachos o Seaia o encontro co Porteño
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata””-piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.