Xogada do choque antre o meta David e o dianteiro Miguel Riveiro.
CF Castrelo 1-2 SD Camelle
Encontro moi espeso dos dous equipos no que o CF Castrelo tivo máis o balón pero sen chegar a rematar a porta con claridade na primeira metade e con pouco acerto na segunda. Dominaba o equipo dos deportivistas de Vimianzo e froito diso adiantábanse por medio de Luis “Capote”, co ecuador deste primeiro periodo. Nada máis encaixar o gol deu un paso adiante o equeipo camellán e conseguía igualar cun tanto de Barreiro tras xogada por banda de Miguel Riveiro con centro perfecto ao corazón do área onde Barreiro driblaba o defensor castrelista e batía a David Carreira con tiro cruzado. Non tardaría en chegar o gol da remontada, nun libre direto de Barreiro que superaba a barrera e batía de novo o meta castrelista a media altura pegado o pau.
Afeouse o encontro no minuto 40 vando nun man a man antre Riveiro e o meta local, David Carreira, acababa en forte choque, no que a peor parte levábaa o meta, que se levantaba e agarraba pola gorxa o atacante. O colexiado do encontro David Cancela tomaba a decisión de expulsar con vermello direto a ambos xogadores. Tras esta xogada o encontro seguiría con normalidade. Púxose baixo paus o dianteiro Adriánn Pasantes. O noso desexo de que a lesión do meta David Carreira non pase dun golpe e que esté canto antes no campo cos seus compañeiros.
A segunda metade foi máis espesa ainda ca primeira, con moito mediocampismo e sen chegadas craras. As mellores estiveron da parte local, que fixo lucirse o meta Carlos Cousillas nun par de ocasións. Tres puntos máis para os camelláns que se poñen provisionalmente na segunda praza, tras un choque no que o máis xusto sería un empate.
Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos diste encontro.
FICHA TÉCNICA
ENCONTROS PARA O DOMINGO
-6ª XORNADA-
26/10/2019
CF Castrelo 1-2 SD Camelle
27/10/2019
Monte Louro-Corcubión : 16:30
Seaia-Nantón : 17:30
Camariñas-Porteño : 17:00
Outes-Laxe : 17:00
Descansa : Ameixenda
CLASIFICACIÓN
1º-Camariñas : 15
2º-Camelle : 11*
3º-Outes: 10
4º-Porteño : 8
5º-Nantón : 7
6º-Laxe : 6
7º-Monte Louro : 5
8º-Corcubión : 4
9º-Castrelo : 4*
10º-Ameixenda : 3
11º-Seaia : 0
* Camelle e Castrelo teñen un encontro máis.
-Fotos : Xosé Búa “Pirata”
(Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos do Castrelo-Camelle)
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.