3ª DA COSTA, (4ª Xda) : “Bergan “B” e Laxe siguen con pleno de vitorias nunha xornada con 41 goles”.

3ª DA COSTA
(Terceira Futgal “A Costa”)
-Xornada 4-
Domingo, 4 de outubro de 2026

RESULTADOS

CD Nantón 1-2 Inter de Brens

UD Monte Louro 0-3 Bergantiños FC “B”

Club Deportivo Razo 3-6 SCD Buño

CD Muros 5-5 CF Mazaricos

CD Baiñas 2-0 Volantes de Baño FC

SD Laxe 4-2 Sporting Seaia CF

UD Cerqueda 2-5 Lira CF

Sporting Zas 0-1 SD Camelle

CRÓNICA DA XORNADA

A cuarta xornada deixou 41 goles en oito partidos, cunha media de 5,1 goles por encontro. O CD Muros 5-5 CF Mazaricos foi o partido máis goleador, mentres que Bergantiños FC “B” e SD Laxe continúan con pleno de vitorias, ambos con 12 puntos.

 CD NANTÓN 1-2 INTER DE BRENS

Primeira vitoria do Inter de Brens

O Inter de Brens conseguiu a súa primeira vitoria da tempada tras remontar ante o CD Nantón. Os locais adiantáronse no minuto 53, cun gol de Xoel, pero os visitantes reaccionaron na recta final. Adrián Torices foi o protagonista da remontada ao marcar no 73’ e no 88’, dando os tres puntos ao Inter. O Nantón xogou os últimos minutos cun menos, despois de que Pablo Souto vise o vermello directo no 80’, poucos minutos despois de entrar ao terreo de xogo.

 UD MONTE LOURO 0-3 BERGANTIÑOS FC “B”

O líder continúa imparable

O Bergantiños FC “B” mantén o pleno de vitorias e continúa no máis alto da clasificación tras superar por 0-3 ao UD Monte Louro. Nico Astray abriu o marcador no primeiro minuto, poñendo moi pronto por diante aos visitantes. No 18’, Pablo Vidal, en propia porta, ampliou a vantaxe do filial bergantiñán. Xa no tempo engadido, Anthony marcou o definitivo 0-3 no 93’. Catro xornadas e catro vitorias para o Bergantiños “B”.

 CLUB DEPORTIVO RAZO 3-6 SCD BUÑO

Nove goles nun derbi de proximidade espectacular

O derbi entre Club Deportivo Razo e SCD Buño deixou un auténtico festival goleador, con nove tantos e emoción ata o final. O Buño adiantouse no 8’, por medio de Chrístian, pero César Rodríguez, de penalti no 22’, igualou o encontro. Alan volveu poñer por diante aos oleiros no 32’, aínda que Brais Froste empatou de novo dous minutos máis tarde. No 36’, Andrés Suárez fixo o 2-3, marcador co que se chegou ao descanso.

Tras a reanudación, Alan ampliou a vantaxe no 56’. Mesejo recortou no 61’, pero o Buño non deu opción á remontada: Hugo Fraga marcou no 66’ e Fabian pechou a conta co definitivo 3-6. O Razo quedou con dez desde o 72’, cando Brais viu o segundo amarelo.

 CD MUROS 5-5 CF MAZARICOS

Unha remontada espectacular do Mazaricos

O CD Muros e o CF Mazaricos protagonizaron o partido máis goleador da xornada, con nada menos que dez goles. O Muros chegou a poñerse 3-0 por diante grazas aos goles de Edu Dumont (7’) e Xabi Aeijón (9’ e 30’). Antes do descanso, Steven recortou distancias para o Mazaricos. Na segunda metade, Raúl Paris fixo o 4-1 no marcador, pero o Mazaricos iniciou unha espectacular reacción con dous goles de Luis Mayán (51’) e Enrique Rodríguez (57’). O Muros volveu golpear por medio de Dani Fernández, facendo o 5-3, pero o Mazaricos non se veu abaixo. Raúl Bouzas, no 85’, e Marcos Martínez, no 88’, conseguiron o empate definitivo.

O Mazaricos xogou os últimos minutos cun menos tras a expulsión de Stefan, no 74’, por dobre amarela.

 CD BAIÑAS 2-0 VOLANTES DE BAÑO FC

Kevin Fandiño dá os tres puntos ao Baiñas

O CD Baiñas sumou unha nova vitoria ante un Volantes de Baño FC que chegaba ao encontro con só 13 xogadores dispoñibles. Kevin Fandiño foi o gran protagonista do partido ao marcar os dous goles do Baiñas. O primeiro chegou no 30’, mentres que no 67’ volvía aparecer para facer o definitivo 2-0.

Tres puntos que permiten ao Baiñas situarse na terceira posición da clasificación.

 SD LAXE 4-2 SPORTING SEAIA CF

Hat-trick de Bieito para manter o pleno

O SD Laxe segue contando os seus partidos por vitorias tras superar por 4-2 ao Sporting Seaia CF. Bieito foi o gran protagonista do encontro cun hat-trick, marcando nos minutos 11, 17 e 63. O Sporting Seaia tentou reaccionar e Alex Mato, no 51’, fixo o primeiro tanto visitante. Máis tarde, Asier, no 69’, recortou de novo distancias. Pero o Laxe sentenciou no tramo final con Martín, que no 83’ estableceu o definitivo 4-2. O Laxe mantén, así, o seu pleno de catro vitorias e 12 puntos.

 UD CERQUEDA 2-5 LIRA CF

O Lira impón a súa pegada ofensiva

O Lira CF conseguiu unha contundente vitoria por 2-5 no campo do UD Cerqueda. Os visitantes comezaron moi fortes e puxéronse 0-2 grazas aos goles de Ramón Lago (5’) e Oliver (44’). Antes do descanso, Nacho Rodríguez recortou distancias para o Cerqueda. Na segunda metade, Iago Formoso volveu ampliar a vantaxe do Lira e Oli marcou no 82’ para poñer o 1-4. O propio Oliver completou o seu hat-trick no 89’. Suso Eirís, no 90’, fixo o definitivo 2-5.

O Cerqueda xogou desde o 70’ cun futbolista menos pola expulsión con vermello directo de Olmedo.

 SPORTING ZAS 0-1 SD CAMELLE

O Camelle estrea a súa conta de vitorias

O SD Camelle conseguiu a súa primeira vitoria da tempada ao superar por 0-1 ao Sporting Zas. O único gol do encontro chegou no 74’, por medio de Miguel Mosteiro. Foi un partido pouco vistoso, con moito xogo embarullado e poucas ocasións, pero o Camelle soubo aproveitar a súa oportunidade para levar os tres puntos.

–

CLASIFICACIÓN

1º Bergantiños FC “B” : 12
2º SD Laxe : 12
3º CD Baiñas : 9
4º CD Muros : 7
5º CF Mazaricos : 7
6º SCD Buño : 7
7º UD Monte Louro : 7
8º Sporting Zas : 6
9º Lira CF : 6
10º Sporting Seaia CF : 6
11º SD Camelle : 4
12º UD Cerqueda : 4
13º Volantes de Baño FC : 3
14º Inter de Brens : 3
15º Club Deportivo Razo : 0
16º CD Nantón : 0

3ª DA COSTA

(Terceira Futgal “A Costa”)

Xornada 5

Domingo 11/10/2026

CD Nantón – UD Monte Louro

Bergantiños FC “B” – Club Deportivo Razo

SCD Buño – CD Muros

CF Mazaricos – CD Baiñas

Volantes de Baño FC – SD Laxe

Sporting Seaia CF – UD Cerqueda

Lira CF – Sporting Zas

Inter de Brens – SD Camelle

–

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

–