3ª DA COSTA, (2ª Xda) : SD CAMELLE 4-3 SCD MALPICA : “ÓRDAGO GOLEADOR NO RODEIRO”.

Carlos de Dido fixo un dos goles da tarde.

 

SD Camelle 4-3 SCD Malpica

Parece que a xornada comeza coa tónica da semana pasada, na que se sumaron un total de 40 goles na primeira tirada da 3ª da Costa. No único encontro que se xogou en xornada sabatina do fútbol costeiro senior, Camelle e Malpica ofreceron aos afeccionados, en grn número no Rodeiro, un encontro moi atractivo, de alternancia no marcador, e con suspense ata o pitido final.

Foron mellor as dianteiras que as defensas e os porteiros, e neste órdago goleador, eran os camelláns os que se levaban os primeiros tres puntos do campionato, pois ambos chegaban tras caer derrotados na xornada inaugural.

Adiantábase o equipo camellán aos 13 minutos de xogo, cando Adrián Pasantes trasnformaba un penalti. No 25, Kevin empataba para os da Vila da Vida, e 10 minutos despois Carlos Suárez, poñía de novo en vantaxe aos locais. A reacción malpicana nos se deixaba esperar e remontaban con goles de Jorge Martínez, (38´) e Jorge Parada, (45´), antes do descanso.

Calmáronse as cousas na segunda metade, ata pasada a hora de xogo, cando o incombustible Carlos de Dido conseguía igualar o encontro para os camelláns. Non foi ata o desconto cando Adrián Pasantes, que abrira o marcador, pechaba a contenda e dáballe a vitoria aos seus.

 

RESTO DE ENCONTROS

Axenda de todo o Fútbol da Costa para hoxe.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia