3ª DA COSTA
-2ª Xornada-
SD CAMELLE 1-1 CD NANTÓN
Campo : O Rodeiro
Hora : 17:30
Encontro moi disputado no que os camelláns comezaron forte e foilles anulado un gol que consideraban legal e mandaron un balón a madeira na primeira metade na que tamén o Nantón dispuxo dunha boa ocasión que desbaratou o meta camellán Roi. Na segunda metade tivo máis o balón o equoipo nantonés, pero foron os camelláns os que se adiantaban no marcador por medio de Vieites aos poucos da reanudación. Buscou o gol o equipo de Fachal e atopouono a falla de 5 minutos para o final por medio de David.
SD Camelle : Roi, Marcelino, Pablo, Vieites, Barreiro, Santi “Maka”, Miguel Riveiro, David Vázquez, David Vieites, Paulo, e Caamaño. Tamén xogaron : Mario, Jati, Huchiño, Rodrigo e Crístian.
CD Nantón : Guille, Fran Gavín, Diego, Pablo, Alejandro, Martín, David, Pablo Fuentes, Crístian, Redondo e Souto. Tamén xogaron : José Manuel, Diego, Micael e Alberto.
Goles : 1-0, Vieites, (48´); 1-1, David, (85´)
Árbitro : Carlos Señarís, (Comité Galego). Amonestou polos camelláns a Vieites e Jati e polos nantoneses a : Alejandro, Fran Gavín, Souto, José Manuel e Martín.
Incidencias : O xogador do SD Camelle “Jati” tivo que sair un minuto despois de entrar no campo no minuto 65´o lesionarse na disputa do primeiro balón que tocaba. Tras pasar polo centro hopitalario detectóuselle unha elongación, da que desexamos que se recupere o canto antes. Por outra banda o equipo camellán o rematar o encontro ofreceu unha gran churrascada para tódolos presentes no campo, así coma os compoñentes do equipo visitante.
Escolma de fotos : Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos do SD Camelle-CD Nantón.
CF CASTRELO 0-2 SD LAXE
Campo : Municipal de Vimianzo
Hora : 16:30
Dous goles de Paredes, un en cada periodo bastáronlle ao SD Laxe para levarse os 3 primeiros puntos da tempada aos laxenses que descansaron na primeira xornada. Pola sua banda os vimianceses suman a segunda derrota consecutiva. Juan Paredes poñía por diante aos laxenses pouco antes do descanso. Un gol que lle afectaba aos locais que se vían sorprendidos co segundo tanto o pouco de comezar o segundo tempo e que lles poñía moi costa arriba o choque. Souberon os visitantes gardar o resultado ante as acometidas dos locais por facer o gol que os puxera de novo na loita polos puntos.
CF Castrelo : David Carreira, Esteban Ldo, Iván Cháns, Luis Roget, Domingo, Daniel, Maikol, Adrián Pasantes, Darío, Gabriel e Víctor. Tamén xogaron : Esteban Lema, César, Luis Blanco e Esteban Carballo.
SD Laxe : Eloy, Manuel, Borja, Naya, Gustavo, Felipe, Paredes, Reigía, Jacinto, Óscar, Sati Veciño. Tamén xogaron : Gora, Elías, Daniel, e Galeano.
Goles : 0-1, Paredes, (38´); 0-2, Paredes, (53´).
Árbitro : Marcos Ordóñez, (Comité Galego). Amonestou polo CF Castrelo a Luis Roget e polo SD Laxe a Naya.
ENCONTROS PARA HOXE
Corcubión-Ameixenda : 17:00
Monte Louro-Outes : 17:00
Seaia-Camariñas : 17:00
Descansa : Porteño
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es