3ª DA COSTA
27ª xornada
Domingo 26/04/2026
Inter de Brens 1-0 Sporting Seaia CF
Volantes de Baño FC 2-3 UD Cerqueda
CF Lira 1-1 SD Coristanco
CD Baiñas 4-1 SD Camelle
SCD Buño 0-2 Atlético Pereiriña FC
UC Cee 4-2 CD Nantón
SD Oza 4-0 SD Laxe
Descansou : CF Muxía “B”
.
As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.
.
CRÓNICA XERAL
A 27ª xornada da 3ª da Costa deixou xa o pano case botado na cabeza e moitas cousas aclaradas… pero tamén unha pelexa fermosísima polo que queda por decidir.
Por riba, pouco suspense: o SD Oza fáltalle un punto para facerse co título…Nova goleada (4-0 ao Laxe) para marchar ata os 69 puntos e confirmar que desde que se desprendeu do Coristanco na loita tomou o dominio absoluto sen discusión.
E tampouco hai dúbidas co acompañante: o SD Coristanco, que empatou en Lira (1-1), suma 61 puntos xa co ascenso á Liga da Costa certificado a semana pasada.
O Cee cumpre… e mira de esguello
O UC Cee fixo os deberes nun partido tolo ante o Nantón (4-2) e xa ten amarrada a promoción. Terceiros con 53 puntos, están nun limbo: sen opción de ascenso directo pero tamén sen perigo por detrás. Iso si, aínda poden ser xuíces de quen entra na promoción pois acaban a liga ante o Seaia… e teñen descanso pendente.
A promoción: aquí está a guerra
Quedan 3 xornadas e hai 3 prazas en xogo. E aquí si que hai lume. O gran gañador da xornada foi o Atlético Pereiriña, que venceu con solvencia en Buño (0-2), rival direto. Soben a 44 puntos e quedan cun pé e medio na promoción: cunha vitoria máis, practicamente dentro. Ademais, collen vantaxe nun momento clave.
Tamén deu un golpe importante o UD Cerqueda, vencendo ante o Volantes de Baño (2-3). Colócanse con 40 puntos e, agora mesmo, dentro da promoción. Pero ollo: son os únicos dos aspirantes que teñen que descansar unha das tres xornadas finais. Un factor que pode pesar… e moito.
O SD Laxe, que caeu goleado en Oza (4-0), queda con 37 puntos e perde unha oportunidade de ouro para asentarse. Segue dentro, si, pero xa nota o alento dos que veñen por detrás. Que de todos modos temporadón para os laxenses que foron colistas gran parte da tempada.
A zona media que quere ser alta
E por aí aparece o grupo dos “tapados”:
- O Sporting Seaia, derrotado en Brens (1-0), queda tamén con 37 puntos. Freada importante.
- O CD Baiñas, que goleou ao Camelle (4-1), métese de cheo na pelexa con 37 puntos.
- O SCD Buño, pese á derrota, queda con 35 e aínda con opcións.
Tres equipos nun pano, esperando un tropezo dos de arriba.
E mención especial para o Inter de Brens, que sumou a súa terceira vitoria da tempada ante o Seaia (1-0). Non lles dá para saír do fondo, pero si para darse un golpe de moral, o derrotar a un equipo que se xoagaba moito.
O que vén: calculadoras, descansos… e nervos
Quedan 3 finais e con atencións a outros campos minuto a minuto. E aquí, como dirían en Muxía…ai mimá!!!.
.
Clasificación
1º SD Oza : 69
2º SD Coristanco : 61
3º UC Cee : 53
4º Atlético Pereiriña : 44
5º UD Cerqueda : 40
6º SD Laxe : 37
7º Sporting Seaia : 37
8º CD Baiñas : 37
9º SCD Buño : 35
10º Volantes de Baño : 26
11º CD Nantón : 24
12º SD Camelle : 23
13º CF Muxía B : 22
14º CF Lira : 19
15º Inter de Brens : 13
.
3ª DA COSTA
28ª xornada
Domingo 03/05/2026
SD Coristanco – CF Muxía “B”, 02/05 ás 12:00
SD Camelle – Inter de Brens, 02/05 ás 17:30
SD Laxe – CD Baiñas
Atlético Pereiriña FC– SD Oza
SCD Buño – Volantes de Baño FC, ás 17:00
CD Nantón – UD Cerqueda, ás 17:30
Sporting Seaia CF – CF Lira, ás 17:30
Descansa : UC Cee
(Os horarios non son firmes)
Clasificación : PREME AQUÍ
.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”