3ª DA COSTA
26ª xornada
Domingo 19/04/2026
Sporting Seaia CF 2-4 CD Baiñas
SD Camelle 0-3 SD Oza
Atlético Pereiriña FC 2-1 Volantes de Baño FC
UD Cerqueda 2-0 UC Cee
CD Nantón 1-4 CF Muxía “B”
SD Coristanco 8-0 Inter de Brens
SD Laxe 3-3 SCD Buño
Descansa : CF Lira
.
A 3ª da Costa vai entrando nesa fase onde xa non hai lugar para medias tintas: ou mordes… ou mórdente. Co campión coroado e o ascenso decidido, a batalla real está no medio da táboa, onde cada punto pesa como chumbo.
Crónica da xornada
Sporting Seaia CF 2-4 CD Baiñas
Saltou a banca en Seaia. O Baiñas deu o golpe da xornada, levando tres puntos que valen media vida. Os seaieses, que tiñan a promoción entre cella e cella, caen no peor momento e saen dos postos de play-off. O Baiñas, pola contra, métese de cheo na lea.
SD Camelle 0-3 SD Oza
O campión segue a facer de campión. Sen ruído, sen concesións. O Oza suma e segue, ampliando números e deixando claro que o seu dominio non foi casualidade. O Camelle pouco puido facer máis que resistir.
Atlético Pereiriña FC 2-1 Volantes de Baño FC
O Pereiriña non falla na casa e segue afianzando posición. Son os que mellor están na pelexa directa pola promoción, pero sen descuidarse. O Volantes, pola súa banda, seguen pensando xa na vindeira campaña.
UD Cerqueda 2-0 UC Cee
Outro resultado que mete lume. O Cerqueda que viña de empatar co filial do Muxía un paso atrás na loita pola promoción, tumba a un Cee que xa ten os deberes feitos e dálle un bocado grande á clasificación. Tres puntos que os enchen de moral e que os meten de cheo na pelexa pola promoción, ocupando o sexto posto que marca estes portos e deixando cos mesmos 37 puntos o Seaia fora.
CD Nantón 1-4 CF Muxía “B”
O filial muxián está collendo ritmp agora que a sliga baise menguando e faino cun triunfo claro fóra da casa. O Nantón queda nun terreo de ninguén.
SD Coristanco 8-0 Inter de Brens
Sen historia. O Coristanco certifica o ascenso cunha goleada de escándalo. Superioridade total ante un Inter que leva semanas pedindo a hora.
SD Laxe 3-3 SCD Buño
Empate tolo… e tal vez insuficiente para ambos. Partido aberto, con alternativas, pero que deixa a sensación de oportunidade perdida. Nunha loita tan axustada, sumar de un en un sabe a pouco, e máis co Laxe no triplo empate a 37 na promoción e co que está fora dela, e un Buño que ten a só 3 puntos a estes 3 equipos, (Laxe, e Cerqueda en promoción e Seaia fora).
Descansou: CF Lira
Así está a batalla pola promoción
Co SD Oza (66) xa campión e o SD Coristanco (60) co ascenso no peto, e o UC Cee (50) coa promoción asegurada, queda o mellor: tres prazas máis… e medio mar de equipos pelexando por elas.
Atlético Pereiriña (41 puntos)
O mellor colocado dos mortais. Regularidade e fiabilidade. Dependen de si mesmos, pero non poden relaxarse: por detrás veñen lobos con fame.
SD Laxe (37 puntos)
O empate déixaos nunha posición delicada. Seguen dentro da pomada, pero perderon a oportunidade de dar un golpe enriba da mesa. Necesitan sumar de tres xa.
UD Cerqueda (37 puntos)
A vitoria ante o Cee mételles de cheo na loita e dalles un subidóan de moral. Se manteñen esta liña, poden ser unha das sorpresas.
Sporting Seaia (37 puntos)
A derrota foi un paso atrás serio. Saen dos postos de promoción e agora teñen que remar con presión engadida. Non hai marxe de erro.
SCD Buño (35 puntos)
O empate sabe a pouco. Están aí, ao axexo, pero necesitan algo máis que boas intencións. Cada xornada que pasa, menos tempo para reaccionar.
CD Baiñas (34 puntos)
O tapado que ninguén quería ver. Co triunfo en Seaia métense na pelexa e chegan con inercia positiva. Ollo con eles.
O que queda
-Catro xornadas.
-Tres prazas.
-Seis equipos en dous suspiros.
Aquí xa non vale xogar bonito. Aquí hai que competir, sufrir… e saber gañar…A Costa, outra vez, en estado puro.
Clasificación
1º SD Oza : 66
2º SD Coristanco : 60
3º UC Cee : 50
4º Atlético Pereiriña : 41
5º SD Laxe : 37
6º UD Cerqueda : 37
7º Sporting Seaia : 37
8º SCD Buño : 35
9º CD Baiñas : 34
10º Volantes de Baño : 26
11º CD Nantón : 24
12º SD Camelle : 23
13º CF Muxía B : 22
14º CF Lira : 18
15º Inter de Brens : 10
.
3ª DA COSTA
26ª xornada
Domingo 19/04/2026
Inter de Brens – Sporting Seaia CF, ás 17:00
Volantes de Baño FC – UD Cerqueda, ás 17:00
CF Lira – SD Coristanco, ás 17:00
CD Baiñas – SD Camelle, ás 17:00
SCD Buño – Atlético Pereiriña FC, ás 17:30
UC Cee – CD Nantón, ás 18:30
SD Oza – SD Laxe, ás 19:30
Descansa : CF Muxía “B”
(Os horarios non son firmes)
Clasificación : PREME AQUÍ
.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”