3ª DA COSTA, (21ª Xda) : “Chuvia de goles nunha xornada que aperta a loita pola promoción a nove finais do remate”.

3ª DA COSTA

21ª xornada 
Domingo 08/03/2026

Volantes de Baño FC 0-0 CF Lira, (Crónica)

CD Baiñas 1-6 UC Cee

SD Oza 7-2 UD Cerqueda

SD Camelle 5-2 Sporting Seaia CF

Inter de Brens 6-2 CF Muxía “B”

SD Laxe 2-4 SD Coristanco

SCD Buño 4-2 CD Nantón

Descansou : Atlético Pereiriña FC

 

As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.

 

CRÓNICA XERAL

Xornada moi produtiva na 3ª da Costa, con nada menos que 44 goles en 7 encontros disputados, unha media superior aos seis tantos por partido que confirma o momento ofensivo que vive a categoría neste tramo decisivo da tempada.

O liderado segue firmemente en mans do SD Oza, que non falla e amplía cifras tras superar con claridade ao Cerqueda, mentres que o SD Coristanco continúa como principal perseguidor logo de remontar no sempre complicado campo do Laxe. O UC Cee consolídase na terceira praza cun triunfo contundente en Baiñas e abre pequena fenda sobre os seus perseguidores.

Co Atlético Pereiriña descansando, a loita polos postos de promoción comprímese aínda máis. Hai que lembrar que ascenden directamente os dous primeiros, mentres que do terceiro ao sexto clasificado disputarán a promoción, polo que cada punto comeza a ter valor dobre a falta de nove xornadas para o final.

Na zona media, Buño beneficiouse da derrota do Laxe e do Seaia e desba do posto de promoción aos laxenses co que manteñen a pelexa aberta, mentres que Camelle suma unha vitoria importante que lle permite seguir escalando posicións. Pola parte baixa, o Inter de Brens conseguiu un triunfo revitalizante ante o Muxía B, aínda que a clasificación segue moi definida ao non existir descensos, pero sempre queda aquela loita por non ser o “pechacancelas”.


CRÓNICAS

CD Baiñas 1-6 UC Cee

Partido resolto con autoridade polo conxunto ceense, que mostrou pegada e eficacia ofensiva para sumar tres puntos importantes na loita pola zona alta. Tras o empate inicial do Baiñas, o Cee impuxo o seu ritmo e acabou goleando con claridade.

Goles:
0-1 Keko (9´)
1-1 Raúl (15´)
1-2 Carlos (20´)
1-3 Keko (43´)
1-4 Ánxo (74´)
1-5 Keko (77´)
1-6 Xián (79´)


SD Oza 7-2 UD Cerqueda

O líder continúa intratable nun encontro condicionado polas baixas, pero no que soubo adaptarse perfectamente ao novo sistema. No vídeo golazo de falta de Davicillas, (SD Oza).

O adestrador do SD Oza, Gonzalo Novo, analizaba así o encontro:

“Partido ao que chegabamos con moitas baixas importantes, sobre todo no ataque, e froito diso tivemos que cambiar a nosa formación, metendo os laterais como carrileiros para crear máis perigo en ataque e estar moi seguros atrás. O cambio saíu moi ben, algo que se reflicte no resultado, nun partido no que creo que fomos dominadores en termos xerais, tamén debido ás baixas importantes coas que chegaba o Cerqueda.

Abrimos o marcador cunha falta dende a frontal que Davicillas definiu moi ben e, dous minutos máis tarde, Miguel culminaría unha internada na área na que os visitantes pedían fóra de xogo, que para min non era. Seguimos apertando sabendo que non había nada feito e Nacho pecharía o marcador da primeira metade pasada a media hora.

No descanso falamos da importancia de seguir presionando arriba, sabendo que o Cerqueda podía marcar en calquera momento e meterse no partido. Saímos moi fortes e aos cinco minutos Miguel fixo o cuarto, que nos deu tranquilidade. Eles recortaron distancias tras un erro defensivo noso, pero cos cambios volvemos dominar e Davicillas por partida dobre e Hugo sentenciaron en dez minutos. Xa preto do final marcarían outro gol para deixar o 7-2 definitivo.”

Goles:
1-0 Davicillas (18´)
2-0 Miguel (21´)
3-0 Nacho Pose (29´)
4-0 Miguel (49´)
4-1 Iván Rey (57´)
5-1 Davicillas (62´)
6-1 Hugo (66´)
7-1 Davicillas (70´)
7-2 Samuel (76´)


O Marcotiño asinou un “Hat-trick”.

SD Camelle 5-2 Sporting Seaia CF

Triunfo importante do Camelle nun partido moi aberto e con alternativas na primeira metade. O Seaia mantívose vivo ata o descanso, pero os locais romperon definitivamente o choque tras a reanudación.

Goles:
1-0 Marcotiño (6´)
1-1 Juni (7´)
2-1 Marcotiño (16´)
3-1 Mario (23´)
3-2 Juni (44´)
4-2 Gabri (52´)
5-2 Marcotiño (84´)


Inter de Brens 6-2 CF Muxía “B”

O Inter de Brens sumou unha das súas mellores actuacións da tempada cun triunfo claro ante o filial muxián, mostrando grande efectividade ofensiva.

Goles:
1-0 Alexandro (p.) (24´)
2-0 Íker (29´)
3-0 Íker (30´)
4-0 José (54´)
4-1 Ismael (57´)
5-1 Íker (63´)
6-1 Ferreiro (67´)
6-2 Javi Rey (p.) (90´)


SD Laxe 2-4 SD Coristanco

Partido espectacular que se decidiu no desconto. O Laxe chegou a mandar no marcador, pero o Coristanco demostrou por que é un dos candidatos ao ascenso cun final demoledor.

Goles:
1-0 Brais Simal (39´)
1-1 Jairo (65´)
2-1 Djamel (p.) (71´)
2-2 Daniel Castiñeiras (84´)
2-3 Lourido (92´)
2-4 Pablo Pose (96´)


SCD Buño 4-2 CD Nantón

Gran primeira metade do Buño, que deixou o encontro practicamente resolto antes do descanso. O Nantón reaccionou cedo na segunda parte, pero non foi suficiente para completar a remontada.

Goles:
1-0 Andrés (23´)
2-0 Aguiar (34´)
3-0 Andrés (42´)
4-0 Izan (45´)
4-1 Álex López (46´)
4-2 Álex López (68´)


Clasificación

1º SD Oza : 54
2º SD Coristanco : 50
3º UC Cee : 38
4º Atlético Pereiriña : 32
5º Sporting Seaia : 31
6º SCD Buño : 31
7º SD Laxe : 29
8º UD Cerqueda : 26
9º CD Baiñas : 26
10º Volantes FC : 24
11º SD Camelle : 22
12º Lira CF : 18
13º CD Nantón : 18
14º CF Muxía B : 12
15º Inter de Brens : 10

.

3ª DA COSTA

22ª xornada 
Domingo 15/03/2026

UD Cerqueda – CD Baiñas

Sporting Seaia CF – SD Laxe

CF Muxía “B”  CF Lira, ás 12:00

UC Cee  Inter de Brens, ás 16:15

CD Nantón – SD Oza, ás 17:00

SD Coristanco Atlético Pereiriña FC, ás 17:00

SD Camelle  Volantes de Baño FC, ás 17:00

Descansa : SCD Buño

(Os horarios non son firmes)

 .

-Foto e vídeo Oza : Gonzalo Novo

-Texto e foto Camelle : Xosé Búa “Pirata”