Luis “Capote” fixo dous dos goles do CF Castrelo.
Tarde fría con chubascos dispersos de WNW que facía que o terreo do Municipal de Vimainzo estivese rápido por veces e pesado noutras. Un encontro dos que fan afección e no que se viron 7 goles, moitos de bela factura. Chegou a ir o equipo de Sergio “Crejo”, ex adestrador do UD Corcubión, gañando 4-0, cun equipo corcubionés que xogaba cun menos dende o minuto 26, por expulsión con dobre cartón de Antón Lestón, pero neste fútbol non se pode dar nada por perdido e os corcubioneses nun acto de raza conseguiron poñerse 4-3 no minuto 88 e meténdolle o medo no corpo os do equipo castrexe, que tamén quedaron cun menos por expulsión de Roi con dobre cartón no 60.
CF Castrelo 4-3 UD Corcubión
Sergio “Crejo”, (Adestrador do CF Castrelo) : “Partido no que dominamos na primeira parte poñéndonos por diante rápido, trala expulsión deles fomos capaces de poñernos por diante cun 3-0. Na segunda parte marcaríamos o cuarto os 10 minutos e eles marcarían o primeiro a seguinte xogada, expulsaríannos a Roi e aí foi cando eles empezaron a dominar o partido e nos con ocasions a contra, recortarian distancias asta o 4-3 e o final soubemos sufrir, e incluso puideron empatar o partido pero o marcador non se movería”.
Antón Lestón, (Xogador do UD Corcubión/Radio Nordés) : “Comezou o encontro con nós tentando dominar e o Castrelo buscando a contra, e así chegou o seu primeiro gol cun balón as espaldas da nosa defensa. Intentamos ter a pelota para seguir atacando pero a permisividade do colexiado provocou que nos quedasemos con 10 no minuto 20. A partir de ahí dominio xa total deles, porque ao corcubion lle puido o desquicio. Ata a expulsión dun xogador deles, xa con 4-0 non volvemos entrar no encontro. Chegou a efectividade con moitos dianteiros e incluso estivemos a punto de empatar na última xogada. Merecidos tres puntos para o Castrelo!”.
CF Castrelo : Gustavo, Iván Chans, Luis Roget, Domingo, Picallo Miguel, Luis “Capote”, Maikol, Rodri “Crejo”, e Samuel. Tamén marcaron : Esteban Carballo, Darío, Roi e Gabriel.
UD Corcubión : Roberto, Alberto, Rubén, Carlos Lojo, Iago Lema, Joaquín, Antón Lestón, Gabriel, Adán, e Mario. Tamén xogaron : Brais, Evaristo, Rodri “Crejo”, Mario Lagoa e José Ramón.
Goles : 1-0, Luis “Capote”(10´); 2-0, Maikol, (33´); 3-0, Luis “Capote”, (44´); 4-0, Mario Lagoa, (53´); 4-1, Iago Lema, (53´); 4-2, Iago Lema, (75´); 4-3, Mario Lagoa, (88´).
Árbitro : Lucas Vicente. Amonestou polo Castrelo a Esteban Lado, (35´) e Luis “Capote”, (62´) e expulsou por dobre cartón a Roi, (60´e 60´). Polo Corcubión amonestou a Carlos Lojo, (16´), Rubén, (25´) e a Brais, (84´). Expulsou a Antón Lestón por dobre cartón, (25´e 25´).
3ª DA COSTA
-16ª Xornada-
CF Castrelo 4-3 UD Corcubión
UD Monte Louro-CD Nantón : 19/01 ás 16:00 horas
Sporting Seaia CF-CF Porteño : 19/01 ás 16:00 horas
FC Camariñas-SD Laxe : 19/01 ás 17:00 horas
Outes CF-SD Ameixenda : 19/01 ás 17:00 horas
Descansa : SD Camelle.
–Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.
www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.
-Foto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es
Texto : Adestradores/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.