3ª DA COSTA, (15ª Xda) : “Empate no Muxía B-Camelle único encontro do fútbol costeiro xogado este sábado”.

Empate frío na Arliña nun duelo con sabor a derbi amigo

CF Muxía “B” 1-1 SD Camelle

Muxía B e Camelle repartiron puntos (1-1) no único encontro do sábado no Fútbol da Costa, disputado no Municipal da Arliña (Muxía), nun choque marcado polas baixas temperaturas, a igualdade e a falta de ocasións claras durante moitos minutos.

A primeira metade foi tan fría como o tempo, con moito xogo no centro do campo, sen profundidade nin ocasións reseñables en ningunha das dúas áreas, nunha loita máis táctica ca vistosa.

Tras o paso polos vestiarios animouse algo máis o conto, e sería o Muxía B quen golpease primeiro. Nunha falta lateral perfectamente executada por Eloy, Javi Vilela adiantaba aos da Vila da Barca, superando a Ángel Esperante cun bo remate (1-0).

Co marcador a favor, o encontro entrou nun tramo longo de mediocampismo e poucas chegadas, as poucas que había eran dos muxiáns pero sen finalizar, ata que o Camelle decidiu dar un paso adiante na procura do empate. O máis veterano do campo, Carlos “de Dido”, tivo ata tres ocasións claras para igualar, pero nos seus man a man co meta muxián Joel Fateira os disparos saíron lambendo o pau.

Tamén puido sentenciar o filial muxián tras unha mala saída do porteiro camellán, pero o dianteiro local trastabillouse axudado pola acción do meta o ir a rebañar por baixo fora do área. Tras superalo ca porta baleira non buscou o disparo de primeiras, permitindo o corte da zaga visitante. O Camelle seguiu insistindo e topouse cunha gran parada por abaixo de Joel Fateira, que mantiña a vantaxe local cando o empate xa se mascaba.

Cando todo facía indicar que os tres puntos ían quedar na casa, unha man na área no minuto 89 deulle ao Camelle a oportunidade de empatar. Lucas do Panadeiro, tocado fisicamente pero con sangue fría, non fallou desde os once metros (1-1).

Xa no desconto, o propio Lucas tivo o 1-2 nun man a man con Joel, que saeu a tapar, e o seu disparo saíulle cruzado pegado o pau. Final e reparto xusto de puntos nun encontro que nunca acabou de entrar en calor.

Curiosidades

No Camelle xogan numerosos ex do Muxía, futbolistas que pasaron por todas as categorías do club da Vila da Barca, ou chegaron desde o senior antes de recalar no conxunto camellán. Tan así foi que o meta do Camelle, Ángel Esperante, tivo enfronte ao seu irmán Ismael, xogador do Muxía B. Destacar no filial dos da Capital de Nemancos a participación de Julián Busto, xogador do primeiro equipo que vai collendo minutos tras unha longa lesión e a do veterano xogador ex do Muxía, Ziro, fillo do pintor xaponés de fama mundial, Yoshiro Tachibana, que pasou a maior parte da sua vida na vila muxiana desde onde expuxo polos principais museos do mundo.

Goles: 1-0, Javi Vilela (57’); 1-1, Lucas do Panadeiro (90’, de penalti).

Árbitro: Óscar Rey. Amonestou polo Muxía B a Adrián Furello e polo Camelle a Javi Mañana e Fabián García, nun choque limpo entre dous equipos amigos.

CF Muxía “B” : Joel Fateira, Damián, José Luis, Kevin, Adrián, Javier Rey, Miguel Papín, Adrián Furelos, Javi Vilela, Julián Busto e Eloy Sambad. Suplentes : Iván Sambad, Martín, Ismael Esperante e Ziro.

SD Camelle : Ángel Esperante, Huchiño, Martínsiño, Javier Mañana, Fabián, Carlos de Dido, Lucas do Panadeiro, Babri Mugridge, Iván Chans, David Vázquez e José M. Suárez. Suplentes : Roi “Pirata”, José “Ruso”, Tereso e Marcotiño.

3ª DA COSTA

15ª Xornada

Domingo 18/12/2025

CF Muxía “B” 1-1 SD Camelle

Inter de Brens  Atlético Pereiriña FC, ás 16:15

CD Baiñas SCD Buño, ás 16:30

CF Lira  SD Laxe, ás 17:00

UD Cerqueda SD Coristanco, ás 18:00

UC Cee  Sporting Seaia CF, ás 18:30

SD Oza  Volantes de Baño FC, ás 19:15

Descansa : CD Nantón

.

AXENDA PIRATA de todo o Fútbol da Costa senior masculino e feminino : PREME AQUÍ.

 

.

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies