3ª DA COSTA
15ª Xornada
Domingo 18/12/2025
CF Muxía “B” 1-1 SD Camelle, (Crónica)
Inter de Brens 0-1 Atlético Pereiriña FC
CD Baiñas 1-2 SCD Buño
CF Lira 1-2 SD Laxe
UD Cerqueda 0-2 SD Coristanco
UC Cee 1-2 Sporting Seaia CF
SD Oza 4-0 Volantes de Baño FC
Descansou : CD Nantón
CF Muxía “B” 1-1 SD Camelle
Goles:
1-0, Iago, (12´)
1-1, Brais, (67´)
Reparto de puntos no derbi de amigos nun encontro moi igualado. O filial muxián adiantouse cedo pero o Camelle reaccionou para levar un empate que lle soubo a pouco na segunda metade e que lle permite seguir sumando fóra da casa.
Crónica completa : PREME AQUÍ
Inter de Brens 0-1 Atlético Pereiriña FC
Goles: 0-1, Hugo, (80´)
Derbi ceense para rematar a primeira volta. O equipo de Brens leva un empate nos derradeiros nove encontros, o que o ten abocado a ser colista. Pola súa banda, o Pereiriña rompeu unha racha de catro derrotas consecutivas cun triunfo sufrido decidido nos minutos finais.
CD Baiñas 1-2 SCD Buño
Goles:
0-1, Fraga, (3´)
1-1, Ruli, (23´)
1-2, Hugo, (33´)
Incidencias:
O Baiñas sufría a expulsión de Quintela no 85 con vermello directo e no desconto final a de Agulleiro, que vía o segundo cartón amarelo.
Dous equipos que loitan na metade da táboa, agora separados por un punto trala vitoria dos de Buño, que suman 16 polos 17 dos baiñeses.
CF Lira 1-2 SD Laxe
Goles:
0-1, Xurxo, (43´)
1-1, Adrián, (88´)
1-2, Darío, (94´)
O Laxe, que pasou moito tempo de colista, segue escalando postos e xa está na 9ª praza, achegándose aos que loitan pola promoción. O Lira, pola súa banda, afúndese na clasificación.
UD Cerqueda 0-2 SD Coristanco
Goles:
0-1, Pablo Pose, (15´)
0-2, Samuel, (85´)
Duelo na parte alta no que o líder Coristanco non fallou para abrir maior fenda cun rival directo e pechar a primeira volta no máis alto.
UC Cee 1-2 Sporting Seaia CF
Goles:
1-0, Xián, (3´)
1-1, Rafael, (44´)
1-2, Iván Caamaño, (51´)
Os ceenses, terceiros, caían na casa ante un Seaia en postos de promoción e ven como se escapan Coristanco e Oza. O Cee que veu como lle remontaban o gol inicial de Xian, viñan de cinco vitorias seguidas o que os levou a loita por todo, tras un inicio de liga titubeante.
SD Oza 4-0 Volantes de Baño FC
Goles:
1-0, Eloy, (18´)
2-0, Salah, (30´)
3-0, Saad, (50´), de penalti
4-0, Salah, (75´)
Acabou forte o Oza esta primeira volta ante un Volantes que chegou xusto de efectivos. Os ocenses seguen a un punto do líder Coristanco e confírmanse como o principais aspirantes o título, abrindo unha fenda de oito e sete puntos co terceiro clasificado (UC Cee).
Descansou: CD Nantón
.
CLASIFICACIÓN
1ª Coristanco : 37
2ª Oza : 36
3ª UC Cee : 29
4ª UD Cerqueda : 26
5ª Sporting Seaia : 22
6ª Atlético Pereiriña : 22
7ª Volantes de Baño : 19
8ª CD Baiñas : 17
9ª SD Laxe : 17
10ª SCD Buño : 16
11ª SD Camelle : 15
12ª CD Nantón : 14
13ª CF Lira : 13
14ª CF Muxía “B” : 9
15ª Inter de Brens : 7
.
3ª DA COSTA
15ª Xornada
Domingo 18/12/2025
CF Lira– Atlético Pereiriña FC
CF Muxía “B” – SD Laxe
UC Cee– SD Camelle
CD Baiñas – SD Oza, ás 16:00
CD Nantón – SD Coristanco, ás 16:30
UD Cerqueda – Sporting Seaia CF, ás 18:00
Inter de Brens – SCD Buño, ás 18:30
Descansa : Volantes de Baño FC
Os horarios son oficiosos, non oficiais.
.
-Fotos : Marina Busto/SD Oza/UD Cerqueda
-Texto : Xosé Búa “Pirata”


