3ª DA COSTA, (11ª Xda) : CF CASTRELO 1-1 CAMARIÑAS FC : “FRENAZO DO LIDER EN VIMIANZO”.

Adrián Pasantes, (esq) abreu o marcador do encontro

a centro de Capote, (der).

 

CF Castrelo 1-1 Camariñas FC

Fai 15 día o Camelle estivo a piques de frear a xeira vitoriosa do impresionante lider da categoría o Camariñas FC, que que sumaba ata onte 9 vitorias en 9 encontros. Tras descansar a semana pasada o equipo camariñán plantouse no Municipal de Vimianzo, para enfrontarse a un CF Castrelo que segue lastrado polas baixas e que se presentaba con 13 xogadores para este complicado encontro. O peixe vendeuse moi pronto pois adiantaba aos “deportivistas” vimianceses Adrián Pasantes aos 12 minutos de xogo e tres minutos despois, Mario igualaba a contenda. Todo parecía indicar que o choque ía a ter máis goles, pero os vimianceses foron quen de frear o equipo camariñán e de evitar moitas ocasións de gol camariñanas, ainda que a tenor do que nos decía o seu adestrador Berto Suárez, disputaron o peor encontro da tempada e non souberon meterlle man ao Castrelo.

Sergio “Crejo”, (Adestrador do CF Castrelo) : “Partido no que o Camariñas dominou no xogo e en ocasións, e nos saimos a defender o resultado e o contrataque aproveitando a velocidade das bandas. A primeira parte foi máis igualada e disputada, poñeríamonos por diante cun gol de Adrián a pase longo de Capote, o pouco empataríannos . Na segunda parte eles sairon máis agresivos e con moitas ocasións, os nosos defensas sacarían 2 balóns de debaixo dos paus, e nós teríamos un par de ocasións pa poñerlle o medo no corpo, pero finalmente o resultado non se movería”.

Berto Suárez, (Adestrador do Camariñas FC) : “O noso partido foi un desastre. Andando non se lle gaña a ninguén”.

 

FICHA TÉCNICA

 

 

3ª DA COSTA

30/11/2019

Castrelo 1-1 Camariñas

Camelle 2-2 Laxe, (Crónica)

01/12/2019

Monte Louro-Seaia : ás 16:00 horas

Corcubión-Porteño : ás 16:00 horas

Nantón-Ameixenda : ás 16:00 horas

 

-Foto portada e Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Ficha Técnica : RFGF/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.