3ª DA COSTA, (25ª Xda) : “O Nanton derrota a domicilio ao Lira e o Cerqueda non pasa do empate ante o Muxía “B” nos dous encontros xogados o sábado”.

3ª DA COSTA

25ª xornada 
Domingo 12/04/2026

Volantes de Baño FC – UC Cee, ás 17:00

CF Muxía “B” 2-2 UD Cerqueda

CF Lira 2-3 CD Nantón

CD Baiñas  SD Coristanco, ás 17:00

SD Oza – Sporting Seaia CF, ás 13:00

Atlético Pereiriña FC – SD Laxe, ás 17:00

SCD Buño  SD Camelle, ás 18:30

Descansa : Inter de Brens

.

Tal e como vos informamos na “AXENDA PIRATA” do fútbol costeiro masculino e feminino, dous encontros tíñamos na tarde do sábado e eran os únicos que se xogaban no fútbol senior da costa. O Cerqueda chegaba a Muxía ca intención de poñerse na promoción e poñer presión Pereiriña, Laxe e Seaia na loita polos 3 posto máis discutidos da promoción, xa que o outro xa é practicamente do Cee, pero topáronse cun Muxía B que lles deu guerra e acadaron a igualada. Pola sua banda Lira e Nantón nun choque de dous equipos sen opcións a nada fixeron un entretido encontro con 5 goles e que se desnivelou cunha xogada de mala fortuna para os lirachos. O resto da xornada disputase no día de hoxe.

CF Muxía “B” 2-2 UD Cerqueda

O Cerqueda deixou escapar unha oportunidade de ouro para meterse en postos de promoción nun partido no que sempre foi a remolque. Nunha loita pola parte alta que está tremendamente apertada, (con só seis xornadas por diante, ademáis desta) cada punto conta, e este empate sabe a pouco para un equipo que chegou a Muxía coa vista posta en meterse na promoción. Pola súa banda, o filial muxián sumou un punto de mérito ante un rival directo, demostrando que non lle perde a cara aos partidos.

Goles: 1-0, Kevin Carballo (18´); 1-1, Brais Costa (53´); 2-1, Miguel Papín (63´); 2-2, Pedro Gundín (76´).


CF Lira 2-3 CD Nantón

Partido tolo en Lira, con alternativas e emoción ata o último segundo. O Nantón puxo terra de por medio antes do descanso, o poñerse 0-2, pero os locais reaccionaron con forza na segunda metade ata empatar. Cando todo apuntaba ao reparto de puntos, un desenlace cruel decidiu o choque. 

Goles: 0-1, Iago Torres (41´); 0-2, Jorge Rey (43´); 1-2, Alberto (51´); 2-2, Xurxo (78´); 2-3, Ludwig (90´ en propia porta).

.

Clasificación

1º SD Oza : 60
2º SD Coristanco : 56
3º UC Cee : 47
4º Sp Seaia : 37
5º SD Laxe : 36
6º Atlético Pereiriña : 35
7º UD Cerqueda : 34
8º SCD Buño : 31
9º CD Baiñas : 30
10º Volantes FC : 26
11º CD Nantón : 24
12º SD Camelle : 23
13º CF Muxía B : 19
14º CF Lira : 18
15º Inter de Brens : 10

.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

.