Un encontro hoxe venres 31 de Maio e 3 mañán sábado 1 de Xuño darannos a coñecer quen será os semifinalistas da Copa da Costa Infantil. Na ida de Cuartos tan só o Xallas FC ten unha ventaxe bastante crara na sua eliminatoria que se dirimirá na tarde de hoxe no “Xolé Luis Vara” ante a SCDR Esteirana, (3-0). No resto de encontros a ventaxe é mínima ou houbo empate. Corme e Miúdos empataban na ida, (1-1), ao igual ca Fisterra e Muxía, (2-2) e o UC Cee caia por 3-1 na sua visita ao Cabana SD, pero ese gol fora deixa a eliminatoria moi aberta. Tamén temos que ter en conta que nestas categorías os nervos e o xogar como local poden trocar todo hacia un lado ou o outro, polo que non hai nada decidido.
ENCONTROS
SCDR Esteirana-Xallas FC
Campo : Xosé Luis Vara, (Esteiro-Muros)
Hora : 18:30
Árbitro : José Ramón Fernández Lado
Na ida : 3-0, para os xalleiros.
ED Os Miúdos-Corme CF
Campo : Eleuterio Balayo, (Muros)
Hora : 11:00
Árbitro : José Ramón Fernández Lado
Na ida : 1-1
Cabana SD-UC Cee
Campo : As Redondas, (Neaño-Cabana de Bergantiños)
Hora : 11:00
Árbitro : Bruno Méndez Castro
Na ida : 3-1, para os ceenses.
Muxía CF-SD Fisterra
Campo : Municipal da Arliña, (Muxía)
Hora : 16:30
Árbitro : Esteban Domínguez Lado
Na ida : 2-2.
En “Cadros de torneos” tes tódolos cadros de tódalas Copas da Costa dende Veteranos ata Fútbol 8.