3 RENOVACIÓNS E DUAS BAIXAS NO CALVO XIRIA DA 1ª AUTONÓMICA FEMININA DE BALONMAN.

 

Sheila Ferreiro continuará ligada una temporada más al Calvo Xiria

El Calvo Xiria renueva a Sheila Ferreiro y podrá seguir contando con una de esas
jugadoras que hacen club y muy comprometida con el equipo.

Sheila Ferreiro Rama (Carballo, 1998) es una pivote con gran visión de juego y con
mucha capacidad para facilitar numerosas acciones a sus compañeras gracias a sus buenos
movimientos.

Además de ser una de las capitanas del conjunto verdinegro, la temporada pasada acabó
siendo una pieza fundamental, liderando el centro de la defensa; y esta próxima campaña
se espera de ella todavía un paso más para ayudar al equipo a alcanzar los objetivos
marcados y que tenga una mejora en la faceta goleadora.

A batuta do Calvo Xiria seguirá levando o nome de Alba Rodríguez

A deportista carballesa seguirá levando a iniciativa e o peso dos ataques do Calvo Xiria
durante a tempada 2021-2022.

Alba Rodríguez Pombo (Carballo, 1999) é, sen dúbida, o cerebro do plantel. Unha
xogadora capaz de dirixir o xogo de ataque do equipo verde e negro sen descanso algún.

Trátase dunha rapaza con unha capacidade brillante para a toma de decisións e que
durante as últimas campañas vén amosando que é unha xogadora de recursos tanto no un contra un, coma no xogo de fintas e amagos para conectar coa pivote e, incluso, no
lanzamento exterior, sobre todo en apoio.

Alba é indispensable para as súas no xogo de ataque, posto que é capaz de impoñer
calma e criterio cando as cousas non van todo o ben que lle gustaría ao equipo.
Ademáis, a xove atleta carballesa continuará sendo unha das capitanas deste Calvo Xiria
2021-2022.

Jessica Posse seguirá capitaneando o Calvo Xiria

A experimentada xogadora carballesa continuará unha temporada máis sendo a capitana
do conxunto verde e negro.

Jessica Posse Díaz (Carballo, 1989) é a xogadora que todo adestrador desexa ter e a
traballadora que todo clube necesita. A capitana e a cara máis visible do clube renova,
como non podía ser doutra maneira e fará gozar á afección unha tempada máis.

A pasada campaña, a súa aportación no bloque central defensivo foi clave, así como a
subida de contraataque na que se convertiu en especialista. Pero unha lesión de xemelgo
fíxolle estar fora dos terreos de xogo varias semanas, aínda que iso non lle pasou factura e Jessica acabó firmando unha tempada brillante.

Tras unha boa preparación, o clube espera contar con Jessica ao 100% para sumar ao
plantel e conseguir terminar o máis arriba posible na clasificación.

BAIXAS

Mina Ribullén e Maura Fernández causan baixa no Calvo Xiria
A extremo dereita e a gardameta non continuarán defendendo a camisola do Calvo Xiria
durante a próxima tempada.

Por un lado, Mina Xharait Ribullén Viqueira (1999) pon fin ao seu periplo en Carballo
despois de tres campañas na capital de Bergantiños. A xogadora zurda foi unha peza
importante para todos os entrenadores que a tiveron as súas ordes, xa que as súas
cualidades para o contraataque, os seus goles e o seu traballo incansable, convertírona
nunha peza chave para o equipo.

Agora, Mina e o Xiria deciden separar os seus camiños e emprender rumbos diferentes.
Mentres tanto, Maura Fernández Vicente (1999) chegaba o pasado verán a terras
carballesas para reforzar unha posición tan específica como é a de porteira, onde contaba coa competencia de Nadia Vázquez e Sara Pose, coas que tivo que repartirse os minutos ao longo de toda a tempada.

Tan sólo un ano despois da súa chegada a Carballo, Maura pon fin a súa etapa no Xiria.
Dende o clube, tan só podemos agradecerlles tanto a Mina como a Maura todo o esforzo
e o traballo que fixeron para axudarnos a medrar un pouco máis ao longo de todo o
tempo que formaron parte da nosa familia, dende a cal lle desexamos o mellor nos seus
próximos proxectos deportivos.

 

Samertolameu e Pabellón, primeiros rivais do Calvo Xiria en Copa e Liga

Dende o pasado luns, o Calvo Xiria de Manu López xa está mans á obra para preparar a
próxima tempada e xa coñece aos seus primeiros rivais en competición oficial.

Na mañá deste mércores, a Federación Galega de Balonmán acolliu o sorteo da copa e
da liga de Primeira Autonómica Feminina, competicións nas que participará esta
tempada o conxunto verde e negro.

Polo que respecta á Copa 1ª Autonómica Feminina, o Calvo Xiria quedou encadrado no
grupo C e enfrontarase a Granitos Ibéricos Carballal, Seis do Nadal Coia e BM
Samertolameu, sendo este último o equipo co que abrirá a competición copeira, a cal
para as carballesas dará comezo en terras moañesas.

No referente á Liga de 1ª Autonómica Feminina, a competición estará dividida en dous
grupos de nove equipos, quedando encadrado o Calvo Xiria no grupo B, o cal estará
formado, ademáis de polas nosas, por BM Xallas, BM Caselas, Seis do Nadal Coia,
Coreti Lalín, Asmúbal Meaño, BM Pabellón, BM Reconquista e BM Brigantium.

A competición ligueira dará o pistoletazo de saída, salvo novidade, a fin de semana do 11
e 12 de setembro, momento no que as nosas rapazas poñerán rumbo á cidade das Burgas para enfrontarse ao BM Pabellón.

De aquí ao inicio de ambas competicións, as pupilas de Manu López seguirán sumando
minutos de adestramento e de preparación para chegar da mellor maneira posible para
afrontar todos os seus envites.

-Texto e Fotos : Comunicación Calvo Xiria


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies