Carlos López fixo o gol do encontro.
Bergantiños FC 1-0 Ourense CF
Carlos López foi o máis listo da clase aos 5 minutos de xogo o mandar o fondo das mallas, un balón, nunha xogada de imprecisións no punto de penalti. Nin había quen fose quen de despexar o balón, nen quen o repetase, E Carlos metía a punteira para facer o que sería o único gol da tarde. O xogador de Ares, acabaría cun aparatoso vendaxe por un choque fortuito na cabeza, cun xogador ourensán.
Foi mellor na primeira metade o equipo de José Luis Lemos, pero tivo que traballar e moito e sufrir na segunda, na que o heroe foi Santi Canedo, que fixo ata 3 paradas de moito mérito, cando os ourensáns xa vían o empate, e soubo perder tempo, cada vez que él era o dono do balón.
O final os puntos quedaron en “Casa Bergan”, que desta volta tivo a sorte, (buscada), que lle faltou noutros encontros, e volve a gañar nas Eiroas, despois de moitas xornadas, (dende a 2ª), para seguir collendo confianza de que ninguén é mellor ca eles.
-Foto : Presna Bergantiños FC
-Texto : piratasdemuxia