Bergantiños FC 1-3 Zamora CF
Volveu Agulló tras 15 meses no dique seco, nun choque no que a primeira metade foi igualada, e tanto os zamoranos, coma os carballeses tiveron unha boa ocasión para marcar. A dos locais, por medio de Agulló.
Na segunda metade adiantáronse os zamoranos os poucos de comezar, por medio de Viana. Pasada a hora de xogo empataba o Bergan, cun testarazo de Agulló, a saida dun corner. No treito final, Pana voltaba a poñer por diante aos de Iago Iglesias, e a malasorte cebábase cos de Carballo, cando Agulló tiña a oportunidade de empatar cun penalti, cometido sobre Adri, pero o meta visitante paraba o lanzamento. Cáseque sen tempo a lamentarse, os visitantes sentenzaban o choque.
Bergantiños FC: Santi Canedo; Palomares (Quindimil, minuto 46), Agulló, Tomé, Espeso (Meixús, 46); Uzal, Remeseiro (Garrido, 69); Ander (Dani Pedrosa, 69), Adri Pérez, Boedo; Charly.
Zamora CF: Irizíbar; Silva, Jesús Rueda, Luismi (Pereiro, 93), Prada; Theo, Vallejo (Nahuel, 93), Marc Caballé; Pau Miguélez (Pana, 74), Manu Viana (Ander, 74); Altube (Ibán Ribeiro, 74).
Goles : 0-1, min 48: Manu Viana; 1-1, min 69: Agulló; 1-2, min 80: Pana; 1-3, min 85: Iban Ribeiro.
Árbitro : Alberto Aranda Bujedo (colegio cántabro).
-Foto : Dep. Prensa Bergantiños FC
-Texto : piratasdemuxia