2ª RFEF, (5ª Xda) : “REPARTO DE PUNTOS ANTRE COMPOSTELA E BERGANTIÑOS, (1-1) E HOXE OUTROS DOUS DERBIS GALEGOS”.

Remeseiro enganou a Pato Guillén no lanzamento do penalti.

 

SD Compostela 1-1 Bergantiños CF

Na tarde deste sábado xogouse o primeiro dos 3 derbis que nos depara a 5ª xornda da 2ª RFEF. No encontro adiantado o SD Compostela recibía no “Verónica Boquete” de Santiago ao Bergantiños FC. O equipo “picholeiro”, foi mellor nos primeiros 45 minutos e aí puido irse ao vestiario cunha ventaxe maior ao 1-0 que acadaba Escudero tras unha xogada individual por banda esquerda batindo a Canedo de tiro cruzado. Rafa Mella e Primo tiveron o segundo antes do descanso pero faltoulles precisión no final da xogada. Brunet na única xogada destacable ofensiva dos carballeses puido empatar cun remate de testa que saeu lambendo o poste.

Saeu cun bo resultado o equipo de Carballo para poder meterse no encontro na segunda metade e cando non se cumpriran os 10 minutos de xogo trala reanudación o defensa local, Vesprini derribaba a Cano dentro do área e Marcos Remeseiro facía dende o ppunto dos 11 metros o empate. Nesta xogada os carballeses reclamaban o vermello direto para o central compostelán. Os bergantiñistas co empate pecharon filas e buscaron a contra, nun campo pesado por mor da chuvia e que fixo que co paso dos minutos o encontro fose cada véz máis pesado ata ir morrendo pouco a pouco.

SD Compostela: Pato Guillén, Roque, Salado, Álvaro Casas, Vesprini (Torres, min 76), Pablo Antas, Fer Beltrán (Jordan, min 16) (Samu, min 76), Josiño, Rafa Mella (Parapar, min 55), Escudero e Primo (Pablo Durán, min 76).

Bergantiños FC: Canedo, Blas (Carlos López, minuto 45), Aarón (Yelco, minuto 45), Parga (Brais M., min 64), Agulló, Antón Concheiro, Brunet, Marcos Remeseiro, Lamelas (Cavafe, min 64), Cano e Escobar (Uxío, min 65).

Goles: 1-0, min 29: Escudero. 1-1, min 54: Marcos Remeseiro, de penalti.

Ábitro: Javier Figueiredo Comesaña (Comité Galego). Amonestou a Josiño, Matías Vesprini e Jordan, polo Compostela, e a Aarón, Escobar, Cano e Marcos Remeseiro polo Bergantiños.

Inciodencias : O encontro desta 5ª xornada da 2ª RFEF foi televisado pola TVG2 en direto. Saeu lesionado aos 16 minutos de xogo o xogador da SD Compostela, Jordan, nunha xogada él só que se lle quedaba crabada a perna, polo estado do terreo de xogo debido a auga caída.

Os outros equipos galegos

Hoxe complétase a tripla de derbis :

Pontevedra CF-CD Arenteiro, ás 19:00 horas

Arosa SCD-Coruxo CF, ás 17:00 horas

-Foto : Captura vídeo TVG

-Texto : piratasdemuxia