2ª RFEF, (10ª XORNADA) : “O BERGANTIÑOS FC O ÚNICO DOS GALEGOS QUE ACADOU A VITORIA, NUNHA XORNADA ACIAGA DO RERSTO”.

2ª RFEF

10ª Xornada

O Bergan acadou 3 puntos moi traballados.

Domingo 07 de Novembro

Club Marino de Luanco 0-1 Bergantiños FC

Hora : 17:00

Campo : “Miramar”

Colexiado : Gorka Mazo Maruri, (Colexio Castelán-Leonés)

Asistentes : Diego Ibañez e Rubén Gámez, (ambos do Colexio Castelán-Leonés). Contra todo e todos tivo que loitar o equipo carballés, que vía como quedaba cun home menos por expulsión de Parga aos 44 minutos de xogo. Marcou por medio de Martín Lamelas aos 50 minutos de xogo e despois de moito sufrimento para parar as acometidas dos astures, xa no treito final, pítanlle un penalti, por supostas mans de Cano e que Santi Canedo parou de maneira extraordinaria. Colócase o equipo bergantiñista 4º con 17 puntos a 1 do Compostela, (3º), 2 do Real Aviles, (2º) e a 6 do lider indiscutible, Unión Adarve. 

 

AD Unión Adarve 2-1 Pontevedra CF

Hora : 11:00

Campo : “CDM Vicente del Bosque”

Colexiado : Eder Mayo Fernández, (Colexio Castelán-Leonés)

Asistentes : José Mª Madrigal e Guillermo García , (ambos do Colexio Castelán-Leonés). 

A pesares de adiantarse os pontevedreses por medio de Charles no psicolóxico minuto 44´, os locais conseguiron remontar pasada a hora de xogo con goles de Montejo, (68´) e Tellechea, (75´).

Coruxo CF 0-0 SD Compostela

Hora : 16:15

Campo : “Campo do Vao”

Colexiado : José Antonio Fernández Rodríguez, (Colexio Galego)

Asistentes : Alberto Blanco e Rubén Pérez, (ambos do Colexio Galego).

Reparto de puntos no derbi galego. Non se moveu o marcador no Campo do Vao, nun choque no que as defensas superaron aos ataques. A mellor ocasión do choque foi para o Compostela nun saque de falta preto do pico do área, que o meta local ben situado sacou de puños. O resto, fútbol físico e con moitas interrupcións.

Arosa SC 1-3 UP Langreo

Hora : 19:00

Campo : “A Lomba”

Colexiado : Ángel López del Amo Franco, (Colexio Balear)

Asistentes : Noelia Múñoz e Juan Vega, (ambos do Colexio Balear).

Perdeu os papeis o Arosa na segunda metade na que tras adiantarse con tanto de Julio Rey, (56´), veu como lle remontaban o encontro os asturioanos.

 

Sábado 06 de Novembro

CD Arenteiro 1-2 CD Palencia Cristo Atlético

Hora : 16:30

Campo : “O Espiñedo”

Colexiado : Alberto Aranda Bugedo, (Colexio Cántabro)

Asistentes : Luis Santamaría e Alejandro Valero, (ambos do Colexio Cántabro)

Quería facer bo o Arenteiro o punto acadado en Carballo a pasada semana, pero o encontro torcísese tras conseguir adesatascalo aos 51 minutos de xogo cun tanto de Castro, pero a reacción palentina foi contundente e Álvaro conseguía empatar no 74´e 3 minutos despois él mesmo acadaba o da remontada. Tentouno o equipo galego ata o final, pero non chegaba o ansiado gol.

 

-Foto : YouTube

-Texto : piratasdemuxia