2ª GALEGA FEMININA G2 : O XALLAS CAE A FORA DO POSTO DE PERMANENZA A FALLA DUNHA XORNADA PARA O FINAL DE LIGA. TAME´N SUFRIRON SENDAS DERROTAS O CEE E O MIÚDAS.

 

O Xallas foiselle un punto no treito final do encontro.

 

A derrota do Xallas, (45 puntos), deixao fora dos que loitarán pola permanenza 1 punto menos ca o Orzán B, (46 puntos), que goleaba tanto o ED As Miúdas, (6-0), que lle arrebata o posto. As xalleiras tamén se ven superadas polo Sporting Meicende, que suma tamén 46 puntos. Tamén supera as de Santa Comba o SD As Antas, pero estas cos mesmos puntos ca xalleiras que agora ocupan a 9ª praza, con 4 puntos máis co UC Cee, (41), que xa non ten opcións de loitar pola permanenza. O equipo ceense sufría unha dura derrota ante o San Roque, (6-1).

O Xallas ten un enfrontamento direto na Fontela o vindeiro Domingo ás 12:00 horas, en horario unificado. Recibe o Meicende rival direto ainda que dependerán do que fagan o Orzán B, que visita o UC Cee o mesmo día e a mesma hora, e o As Antas, que visita o Miúdas, tamén no mesmo horario e data.Todo esto tendo en conta a clasificación da RFGF, que pon como ascenso direto o campión, en promoción de ascenso o 2º e 3º, e en loita por non descender o 3º, 4º e 5º…Consultados a membros de algún club, non saben como vai esto, e dende o Xallas mesmo se aclaran polo tema.

 

UD Carral 3-2 Xallas FC

Roberto Carlos “Rupper”, (Adestrador do Xallas FC) : “O Xallas, con só trece xogadoras, comezou o partido sentíndose bastante cómodas sobreo o verde, por dificil que pareza, xa que era a primeira vez que xogaban nun campo de herba natural. Aínda así foron as locais do Carral quenes se adiantarían nunha indecisión defensiva. Non tardaría Noelia en poñer a igualdade no marcador cun golazo dende fora da área, chegando así ao descanso. Unha lesión de Claudia Facal, obrigoulle a quedar no vestiario relegada por Daniela.

Na segunda metade voltaría o Carral a mandar no marcado cunha xogada ben trenzada na que nada poido facer a nosa meta no día de onte Andrea Barbeira. O Xallas non lle perdiu a cara o encontro e froito diso Michelle nunha xogada ensaiada voltaría a por as táboas no marcador. Cos dous equipos a tumba aberta buscando os tres puntos, o Carral pelexando pola praza de promoción de ascenso e as Xalleiras vendo que se podía traer os tres puntos para Santa Comba, a lotería tocáballes as locais co 3º gol, faltando pouco tempo para o pitido final quedando así o partido“.

Xallas FC : Andrea Barbeira; Laura, Saskia, Andrea Otero, Claudia Facal; Noe, Maria, Carla; Paula Barcia, Olalla e Michelle.
Tamén xogaron : Daniela e Zaira.

Goles : 1-0, Andrea, (13´); 1-1, Noe, (30´); 2-1, Andrea, (53´); 2-2, Michelle, (78´); 3-2, Laura, (86´).

Árbitro : Yannick Juncal. Non amosou ningún cartón.

 

 

A Copa desde mañán mércores

Tal e como xa se vía sobre o papel, mañán mércores xógase os Cuartos de Final da Copa da Costa para o martes 19 xogarse a ida de Semifinais, e antre medias o Domingo 19 a liga. Penoso, pero non imos afondar máis no tema. Apurar vale para que algúns collan vacacións antes. Sempre primeiro a saúde e benestar dos deportistas que deberían ser os verdadeiramente importantes.

 

-Foto arquivo : Rupper

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies