O Ponteceso levouse claramente o derbi co Cerqueda.
Corme, Escola de Fútbol Juan Cabrejo de Camariñas e Mazaricos siguen sen fallar e sumando pleno de vitoria nas 5 xornadas disputadas. Por detrás está o Pontecesoi que con 2 puntos menos por haber empatado un dos 5 encontros, completa o “poker” de equipos invictos, e a zaga deles ven o Muxía que tras caer no “Derbi da ría” ante o Juan Cabbrejo recuperou a senda das vitorias. Siguen sen puntuar o A Baña e Cerqueda.
A máxima goleadora é Naroa Parga, (Corme CF), con 8 goles en 5 choques, seguida a un gol pola sua compañeira Cristina Veres con 7, os mesmos que ten a que completa o podio de goleadoras, Julia Varela do Bergantiños FC B.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
3ª GALEGA FEMININA G2
-5ª Xornada-
(10/11/2024)
CF Mazaricos 3-1 Sporting Zas
SD A Baña 0-8 Corme CF, ás 17:30 horas
Bergantiños CF B 7-4 Soneira SD, ás 16:30 horas
SD Fisterra 0-5 UD Corcubión
Ponteceso SD 8-0 UD Cerqueda, ás 16:00 horas
SCD Pastoriza B 0-1 EFCC Juan Cabrejo
Cabana SD 1-2 CF Muxía
-CRÓNICAS-
CF Mazaricos 3-1 Sporting Zas
Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido marcado un pouco pola mala climatoloxia que facia difícil xogar combinado. Unha primera parte sen grandes ocasions , sabendo o Zas parar os puntos fortes do Mazaricos e esperar algún error local,así foi como no minuto 38 Nerea aprobeita un error entre defensa e porteira para abrir o marcador e ir o descanso con 0-1. Na segunda parte o Mazaricos seguía dominando o balón pero sin facer peligro,cousa que o Zas tampouco puido facer por que non enganchaba ningunha contra , xa cando as locales estaban xa algo nerviosas polo resultado un golpeo lonxano facia o empate sobre o minuto 65 , no 70 facian a remontada despois dun saque de falta, a partir de ahí xa o futbol foi mais loco o Zas subiu líneas e había ocasión para ambos equipos. No 90 o Zas tiña a última nún saque de corner pero por duas veces as locales despexaron e nesa contra xa con todo Zas arriba facian o definitivo 3-1”.
Goles : 0-1, Nerea, (38´); 1-1, Tamara, (63´); 2-1, Tamara, (71´); 3-1, (Lidia, (90´).
Aroa púxose baixo paus nas líderes.
SD A Baña 8-1 Corme CF
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF Feminino) : “Partido contra un equipo de nova creación pero moi competitivo, que demostra que o fútbol feminino xa e unha realidade e cun futuro prometedor, donde o noso grupo demostrou que son un equipo, e que xogue quen xogue, os obxetivos e a forma de conseguilos non varían.
Mención especial para Aroa, que ante a baixa das nosas duas porteiras aceptou o reto, (cal non acepta ésta todoterreno), de “sacrificarse” e enfundarse os guantes para axudar o equipo.
Queremos adicarlle a victoria a nosa diretiva María, persona importantísima do club e para o equipo femenino”. Xogamos con : Aroa, Saskia, Laura, Aurora, Nerea, Salomé, Irene (Lucía), Zeltia (Candela), Ana (Carla), Naroa, (Carla Vázquez) e Cris.
Goles : Cris (3), Naroa (3), Zeltia e Carla (de penalti). A primeira metade rematou cun claro 0-6.
Incidencias : O colexiado Darío Rodríguez expulsou con vermello direto xusto antes do descanso a adesradora bañesa, Leticia Fernández.
Bergantiños FC B 7-4 Soneira SD
Roland Caamaño, (Adestrador do Soneira SD) : “Partido deses que lle gusta máis ao público que aos adestradores.
O partido comezaba co filial do Bergan mandando, nos intentando adaptarse a un campo como as Eiroas. Ían chegando as ocasións do Bergantiños e Aroa e Lorena facían dous tantos. O choque estaba roto e case de contado Kenny recurta, pero antes do descanso Julia, a volvía poñer ventaxa de por medio co 3-1.
Comezaba moi forte o Bergan querendo sentenciar rápido, e Antía e Arancha colocaban un 5-1 que parecía finiquitar o partido. Pero o Soneira non desistiu e se foi metendo no partido. No 67, Zoe regatea á meta local e marca o segundo para o Soneira. Tralo saque de centro o presiona e Uxia xoga con Kenny que provoca unha falta na frontal que ela mesma convirte en gol. Co 5-3, o Soneira lánzase polo partido ante un Bergantiños ao que lle entraron os nervios, comentendo erros. Quedaban 15 aínda cando Cris Pérez recolle un rexeite da porteira a un tiro de Uxía para poñer o 5-4 no marcador.
Co Soneira arriesgando na procura do empate o Bergantiños matou o partido cunha boa xogada que remata Nuria facendo 6-4. E un gol en propia o Bergan faria o definitivo 7-4“.
Goles : Primeira metade, (3-1) : Aroa, Lorena, (Bergan), María Villaverde, (Soneira). Segunda metade : Antía, Arancha, Zoe, (Soneira), María Villaverde, (Soneira), Julia, Antía, Arancha, Zoe, María Villaverde, (Soneira), Cristina, (Soneira), Nuria e Laura, (propia porta Soneira).
SD Fisterra 0-5 UD Corcubión
Goles : 0-1, Andrea, (5´); 0-2, María Castro, (10´); 0-3, Marta, (30´); 0-4, Noa, (35´); 0-5, Alexia, (83´).
Ponteceso SD 8-0 UD Cerqueda
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Tocaba enfrontarse as veciñas de Cerqueda, nun partido que en principio tería que resultar cómodo e no que dende o primeiro momento comezaron a aparecer as ocasións, pero non subirían ao marcador ata o minuto 20, cando a killer do Puenteceso, Andrea, antou o primeiro tanto. Minutos despois volvería a participar a sete do Puenteceso para que Muíño puxera o segundo antes do descanso.
Na segunda parte as de Curro seguiron aumentando a distancia dende o pitido inicial, no que, de novo Muíño anotaría nunha xogada ensaiada. Minutos despois Myre anotaría tamén dous tantos e Andrea firmaría un hat-trick. Sellaría o partido Eva Lago cun auténtico golazo no que a gardameta visitante nada puido facer.
Destacar tamén a volta de Virginia tras a súa lesión de ligamento cruzado que foi a mellor nova do encontro.
Para a semana, un partido complicado en Camariñas ante un rival forte como é o Escolas Juan Cabrejo, actualmente segundas na clasificación“.
Xogamos con : María (Colores 46´), Lara (Laura R 46´), Ainhoa, Myre, Berdeal, Silvia (Sarai 56´), Lago, Eva, Oanes, Andrea (Lucivili 72´), Muíño (Virginia 56´).
Goles : Primeira metade, (3-0) : Andrea Varela, Andrea Rodríguez, (2). Segunda metade : Myrella, (2), Andrea Varela, (2), e Eva.
SCD Pastoriza B 0-1 EFCC “Juan Cabrejo”
Juan Cabrejo, (Escola de Fútbol Concello de Camariñas “Juan Cabrejo”) : “Partido que afrontamos con moitísimas baixas diante dun rival composto por xogadoras noviñas con moitas ganas de agradar. O partido púxosenos de cara moi pronto cun gol de Paula e a partires de aí ata o final non houbo moito máis. As defensas impoñíanse os ataques, e así foi ata o pitido final.
Goles : 0-1, Paula Mouzo, (4´).
Cabana SD 1-2 CF Muxía
José Manuel Vázquez, (Adestrador do adestrador do Cabana SD) : “Partido moi disputado cunha primera parte igualada sin grandes ocasións, pero intenso cos dous equipos presionando ben e forzando pérdidas que non foron aproveitadas.
Xa na segunda parte adiantabase o Muxía logo de unha internada de Patri que remachaba Claudia. Empatou pronto o Cabana o transformar Laura un penalti por man. Xa cerca do final de novo Patri desborda e volve a servir pa que marque Andrea o aproveitar un rexeite tras un paradón de Míriam.
Ata o final as locais tentaron conseguir o empate pero as muxianas saían con moito perigo e poñían a proba a gardameta local que volvía a lucirse“.
Goles : 0-1, Claudia, (57´).; 1-1, Laura, (60´de penalti); 1-2, Andrea, (82´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Corme CF : 15 puntos
2º EFCC “Juan Cabrejo” : 15 puntos
3º CF Mazaricos : 15 puntos
4º Ponteceso SD : 12 puntos
5º CF Muxía : 10 puntos
6º Bergantiños FC B : 9 puntos
7º UD Corcubión : 7 puntos
8º Cabana SD : 6 puntos
9º SCD Pastoriza B : 4 puntos
10º Soneira SD : 4 puntos
11º Sporting Zas : 3 puntos
12º SD Fisterra : 3 puntos
13º SD A Baña : 0 puntos
14º UD Cerqueda : 0 puntos
-PREVIA-
-6ª Xornada-
(17/11/2024)
Sporting Zas-Cabana SD, ás 12:30 horas
Corme CF-CF Mazaricos, ás 16:30 horas
Soneira SD-SD A Baña, ás 18:45 horas
UD Corcubión-Bergantiños CF B, ás 12:30 horas
UD Cerqueda-SD Fisterra, ás 19:00 horas
EFCC Juan Cabrejo-Ponteceso SD, ás 16:30 horas
CF Muxía-SCD Pastoriza B, ás 12:45 horas
AVISO : Os horarios e datas son oficiosos non oficiais…O venres poremos na Axenda Pirata os oficiais.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.
-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”
-Fotos SP Zas : O clube
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”