2ª GALEGA FEMININA G1
32ª Xornada
Domingo 17/05/2026
CF Muxía 7-0 Eirís SD
SD Tordoia 9-0 Brexo Lema SD
Orillamar SD 2-0 SD San Lázaro
CF Dumbría 4-1 SDC Órdenes “C”
SCD Milagrosa 4-0 Unión Campestre
Bergantiños FC “B” 5-1 AD Nicrariense
Cultural Maniños 0-3 UC Cee
SCDR Esteirana 1-4 CF Corme
Descansou : Victoria CF “C”
.
As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalas, (ou fotos ou vídeos), e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.
CRÓNICA
A 32ª xornada da 2ª Galega Feminina Grupo 1 deixou unha fin de semana practicamente redonda para os equipos da Costa, con vitorias contundentes do CF Muxía, CF Dumbría, UC Cee e CF Corme, (estas no derbi ante a Esteirana), nunha recta final de campionato na que aínda quedan cousas importantes por decidir.
O CF Muxía continúa líder e dependendo de si mesmo tras superar con claridade ao Eirís SD nun encontro que deixou practicamente resolto antes do descanso. As muxiás manteñen os tres puntos de vantaxe sobre o SD Tordoia e afrontan as dúas últimas xornadas co obxectivo claro de completar o ascenso co título de liga.
Tamén segue en gran momento o CF Corme, que sacou adiante un complicado derbi costeiro ante a SCDR Esteirana. As cormelás continúan na pelexa matemática polo posto de promoción, aínda que a empresa segue complicada a falta de dúas xornadas, na vindeira o Milagrosa descansa e poden poñerse a un punto con todo en xogo no derradeiro encontro. En todo caso, a temporada do conxunto de Rubén Souto está sendo sobresaliente, e a das pupilas de Fran Figueroa, “titánica”. Ambos conxuntos posaron o saltar o campo xuntos reivindicando o “Non a LGTD Fobia” en apoio a tódalas vítimas en especial ao seu veciño David
O CF Dumbría non deu opción ao colista SDC Órdenes “C” e sumou tres novos puntos nun encontro cómodo para as dumbriesas, mentres que o UC Cee venceu con solvencia ao Cultural Maniños nun partido condicionado polas numerosas baixas das ceenses, que xa teñen a mirada posta na final da Copa da Costa.
Pola súa banda, o Bergantiños FC “B” continúa firme na terceira posición tras superar á AD Nicrariense nun choque dominado de principio a fin polas bergantiñás.
CRÓNICAS
Patri Romaní, (centro), fixo un “Hat-trick”.
CF Muxía 7-0 Eirís SD
O CF Muxía segue queimando etapas cara ao título ligueiro. As muxiás, que hai dúas semanas acadaban o ascenso matemático, continúan centradas plenamente na loita polo campionato, conscientes de que o SD Tordoia non afrouxa e de que calquera tropezo pode complicar a primeira posición.
O encontro quedou moi encarrilado na primeira metade ante un Eirís SD que se presentou en Arliña con só doce xogadoras. As locais impuxeron o seu ritmo desde o inicio e chegaron ao descanso cun claro 4-0.
Goles: 1-0, Barca Toba, (5´); 2-0, Patri Romaní, (13´ de penalti); 3-0, Patri Romaní, (18´); 4-0, María García, (43´); 5-0, Eva Lema, (48´); 6-0, Patri Romaní, (84´); 7-0, Eva Lema, (86´).
CF Dumbría 4-1 SDC Órdenes “C”
Partido cómodo para o CF Dumbría, que deixou practicamente resolto o choque nos primeiros vinte minutos cun inicio moi intenso e efectivo ante o pechacancelas da competición.
Santi Cubelo, (adestrador do Dumbría) : “Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aquí”…
Goles: 1-0, Yolanda, (3´); 2-0, Carla, (9´); 3-0, Yolanda, (22´); 4-0, María Pérez, (86´).
Bergantiños FC “B” 5-1 AD Nicrariense
Novo triunfo do filial bergantiñista nun encontro no que as locais dominaron claramente e no que só lles faltou algo máis de acerto nos metros finais para conseguir unha goleada aínda maior.
Raúl Martos, adestrador do Bergantiños FC “B”:
“Encontro con dominio total noso, só que nos faltou concretar, ata que no 22 Sadirah marcaba e dous minutos despois, nun lanzamento de falta, marcaba Lucía e xa se nos puxo o encontro de cara. Seguimos dominando e tratando de que non nos collesen nalgunha contra tras perda e antes de rematar o primeiro tempo faciamos o terceiro.
Na segunda metade deille minutos a xogadoras e faciamos outros dous goles para sentenciar o encontro. Elas facían o seu gol no treito final tras transformar un penalti”.
Goles: 1-0, Sadirah, (22´); 2-0, Lucía, (25´); 3-0, Sadirah, (44´); 4-0, Julia, (55´); 5-0, Noelia, (65´); 5-1, Noa Beiroa, (79´ de penalti).
Cultural Maniños 0-3 UC Cee
O UC Cee sumou tres novos puntos na súa visita ao campo de O Pote, en Fene, nun encontro no que as ceenses acudiron moi condicionadas polas baixas, contando só con trece xogadoras dispoñibles.
As de Cee resolveron o choque con oficio e xa pensan e van provando cousas para a final da Copa da Costa que disputarán o vindeiro 6 de xuño no “A Fontela”, en Santa Comba, ante o Xallas FC.
Goles: 0-1, Paula, (23´); 0-2, Paula, (70´); 0-3, Cristina, (76´).
SCDR Esteirana 1-4 CF Corme
O derbi costeiro deixou un partido moi competido durante moitos minutos, especialmente nunha primeira metade na que a Esteirana, malia volver competir con só dez futbolistas, puxo en moitas dificultades ao CF Corme.
Fran Figueroa, adestrador da SCDR Esteirana:
“Un partido menos para o fin de temporada, novamente 10 futbolistas no noso bando, unha nova variación na portería que quero agradecer a Sara, que pese a non estar de todo recuperada fíxoo xenial defendendo os paus.
Fomos máis que competitivas na primeira parte, onde conseguimos minimizar ao Corme, pero tralo descanso e o 1-2 non mantivemos a intensidade necesaria. Así e todo, creamos algunha ocasión, pero o rival aproveitou a superioridade con máis oficio.
Na saída ao campo quixemos mostrar o apoio ao noso veciño David e a toda persoa que sofre ataques pola súa identidade sexual. Sempre estaremos no lugar da liberdade de ser e sentir, e agradecemos á familia do Corme que se sumara á reivindicación”.
Rubén Souto, adestrador do CF Corme:
“Partido onde nos custou moitísimo entrar en xogo, nunha mala primeira parte, sobre todo con balón. Non eramos capaces de darlle pausa e iso xerábanos tomar malas decisións no pase e, en consecuencia, moitas perdas que o rival aproveitaba para facernos dano.
Tería Carla un man a man para facer o 0-1 que pararía moi ben a porteira. Respondería Ruth cunha xogada individual que acabaría no pau e ao pouco volvería xerar outra ocasión o Esteirana que esta vez si metería Bárbara.
A pesar do gol encaixado, volvería ter o Corme outro man a man de Claudia coa porteira, que volvería parar moi ben desviando a córner, e xa nos últimos minutos da primeira parte, na única xogada que o Corme foi capaz de darlle pausa e combinar, acabaría en córner, e aí despois dun gran remate de cabeza de Aroa conseguiriamos o empate.
Saímos na segunda parte máis tranquilas, facendo unha pequena modificación que desta volta saíu ben e nos permitiría conseguir os goles de Claudia, Carla e Zeltia, e aí si que lle empezou a pasar factura ao rival o feito de competir con 10 todo o partido.
Aínda así, co 1-4, o Esteirana estrelou un balón no longueiro de Lara e, no rexeite, Bárbara de cabeza tirou o balón centrado ás mans de Lucía.
Quixera resaltar o xen competitivo deste Esteirana, como compiten e apertan, a pesar das circunstancias que están a atravesar, plantando cara aos rivais en inferioridade fin de semana tras fin de semana.
Pola nosa parte, imos a polas últimas dúas semanas da temporada, que se está facendo moi longa e fai moita falta ir acabándoa para descansar e, sobre todo, desconectar do fútbol”.
CLASIFICACIÓN
1º CF Muxía : 85*
2º SD Tordoia : 82*
3º Bergantiños FC B : 70*
4º SCD Milagrosa : 60
5º CF Corme : 56*
6º Victoria CF C : 50*
7º UC Cee : 49*
8º Eirís SD : 46*
9º CF Dumbría : 44*
10º SD San Lázaro : 41*
11º Unión Campestre : 38*
12º SCDR Esteirana : 31*
13º Brexo Lema SD : 30*
14º Orillamar SD : 20*
15º Cultural Maniños : 14*
16º AD Nicrariense : 14
17º SDC Órdenes : 5*
* Equipos que xa descansaron unha xornada
.
2ª GALEGA FEMININA G1
33ª Xornada
Domingo 24/05/2026
SDC Órdenes “C” – SD Tordoia, 22/05 ás 20:30
Brexo Lema SD – Bergantiños FC “B”, 23/05 ás 18:30
UC Cee – CF Muxía, ás 11:45
CF Corme – Orillamar SD, ás 12:00
SD San Lázaro – Cultural Maniños, ás 17:00
Eirís SD – CF Dumbría, ás 18:00
AD Nicrariense – Victoria CF “C”, ás 20:00
Unión Campestre – SCDR Esteirana, 28/05 ás 21:00
Descansa : SCD Milagrosa
Clasificación : PREME AQUÍ
.
-Foto Esteirana-Corme : Fran Figueroa
-Foto Muxía, texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”-
-Foto Dumbría : Facebook do equipo
