2ª GALEGA FEMININA G1, (30ª Xda) : “Muxía e Tordoia certifican o ascenso a 1ª Galega e seguen na pugna polo título, o Corme empata pero sigue con opcións de promoción, tamén vitoria de Dumbría e dura xornada para a Esteirana no derbi co Cee xogando con 9”.

2ª GALEGA FEMININA G1

30ª Xornada

Domingo 03/05/2026

Cultural Maniños 4-2 SDC Órdenes “C”

SCD Milagrosa 2-1 SD San Lázaro

Orillamar SD 0-1 Eirís SD

CF Dumbría 2-0 AD Nicrariense

Unión Campestre 3-3 CF Corme

SD Tordoia 8-1 Victoria CF “C”

SCDR Esteirana 0-6 UC Cee

CF Muxía 5-1 Brexo Lema SD

Descansa : Bergantiños FC “B”

.

As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalas, (ou fotos ou vídeos), e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.

.

CRÓNICA

A 30ª xornada da 2ª Galega Feminina G1 deixou unha nova demostración de forza dos equipos da Costa, cun CF Muxía lanzado cara ao título e con varios partidos marcados polas circunstancias neste treito final de tempada.

O CF Muxía non fallou e goleou con autoridade ao Brexo Lema (5-1), sumando tres puntos máis que o manteñen líder sólido con 79 puntos. O equipo segue cun ritmo imparable e dá un paso máis cara ao obxectivo, amosando pegada ofensiva e regularidade nun momento clave do curso, a falla de 4 xornadas asegurou o ascenso a 1ª Galega.

“A nosa máis cordial noraboa a ambos conxuntos en especial as rapazas do Muxía…polo que nos toca”.

Tampouco cede o SD Tordoia, que respondeu cun contundente 8-1 sobre o Victoria CF “C”. As de Tordoia continúan á estela do liderado, mantendo a presión a só tres puntos do Muxía nun pulso que promete emoción ata o final, xa que un erro das muxianas sumado a unha vitoria deleas igualaríanse a puntos pero co golaveraxe individual empatado teñen as tordoieses o total mellor cas muxianas, (a día de hoxe). As da Vila da Barca teñen +92 polos +107 das toroiesas .

Na zona costeira, o CF Dumbría sumou un triunfo importante (2-0) fronte á AD Nicrariense, consolidándose na zona media-alta e confirmando a súa boa dinámica nas últimas semanas.

Máis igualado foi o choque doCF Corme, que asinou un empate con goles (3-3) ante Unión Campestre nun duelo aberto e competitivo, no que as cormelás continúan sumando para manterse na pelexa polos postos máis destacados.

O derbi da xornada estivo marcado polas dificultades do SCDR Esteirana. As de Esteiro, moi mermadas polas baixas, tiveron que afrontar o encontro ante o UC Ceecon só nove xogadoras, circunstancia que se reflectiu nun claro 0-6 a favor das ceenses. Un final de tempada especialmente duro para a Esteirana, que xa viña de sufrir a resolución en contra do partido suspendido ante o Eirís, que finalmente se lle deu por perdido (3-0) por falta de efectivos.

Precisamente, o Eirís SD tamén foi protagonista ao levar os tres puntos no seu encontro fronte ao Orillamar (0-1), o que lle permite seguir escalando posicións e meterse na zona media da táboa.

No resto da xornada, a Milagrosa continúa firme na cuarta praza tras vencer ao San Lázaro (2-1), mentres que o Cultural Maniños logrou un dos seus poucos triunfos do curso ao superar ao Órdenes “C” (4-2).

Na clasificación, poucos cambios na zona alta: Muxía e Tordoia co ascenso asegurado manteñen o seu particular man a man polo título, co Bergantiños B co seu descanso xa cumprido xa ten asegurada a promoción. Por detrás, Milagrosa consolídase no segubndo posto de promoción, mentres que Corme e Victoria “C” quedan igualados a puntos a 7 das lucenses con 12 por disputar e sabedoras de que o Milagrosa ainda ten que descansar unha xornada da 4 que restan para o final.

A falta de 4 xornadas, a liga entra na súa fase decisiva cun claro protagonismo dos equipos da Costa, tanto pola loita polo título como pola boa tempada en xeral de todas destacando en especial a resistencia en situacións límite, como a que está a vivir a Esteirana.

-A visión do adestrador-

CF Dumbría 2-0 AD Nicrariense

Santi Cubelo, (adestrador do Dumbría) : 

Unión Campestre 3-3 CF Corme

Rubén Souto, (adestrador do Corme) :

Si na primeira volta me queixaba de que mereceramos moito máis ca aquel 0-1, nesta ocasión marcho coa sensación de levar máis premio do que mereciamos…

Gran mérito dun Campestre que, a pesar de xogar con 10 durante 60 minutos, nunca lle perdeu a cara ao partido, incluso levando o peso do mesmo durante gran parte do encontro. Un partido menos para acabar… Imos a polo seguinte!!!”.

SCDR Esteirana 0-6 UC Cee

Fran Figueroa, (adestrador da Esteirana) : 

Partido moi condicionado no que finalmente puidemos xuntar 9 xogadoras para disputalo. O rival aproveitou a superioridade para levar a vitoria, e a nós faltounos crer máis nas posibilidades, a pesar da situación, para buscar máis a área rival.

Soubermos caer de pé, e agradezo o esforzo de cada unha das nosas nestas circunstancias.”

CF Muxía 5-1 Brexo Lema SD

Goles : 1-0, Nerea Barrientos, (5´); 2-0, Barca Toba, (12´); 3-0, Barca Toba : (15´); 4-0, Eva lema, (29´); 4-1, Noa Rocha, (69´); 5-1, Raquel Bardullas, (82´).

.

Clasificación

CF Muxía : 79*
2º SD Tordoia : 76*
Bergantiños FC B : 64*
4º SCD Milagrosa : 57
CF Corme : 50*
6º Victoria CF C : 50
7º UC Cee : 43*
8º Eirís SD : 43*
9º CF Dumbría : 41*
10º Unión Campestre : 38
11º SD San Lázaro : 38*
12º SCDR Esteirana : 31*
13º Brexo Lema SD : 27*
14º Orillamar SD : 17*
15º Cultural Maniños : 14*
16º AD Nicrariense : 14
17º SDC Órdenes : 5*

* Equipos que xa descansaron unha xornada

.

2ª GALEGA FEMININA G1

31ª Xornada

Domingo 10/05/2026

SD San Lázaro  SCDR Esteirana, ás 17:00

UC Cee – Orillamar SD, ás 13:15

CF Corme  SCD Milagrosa, ás 16:30

Brexo Lema SD – CF Dumbría, ás 17:00

AD Nicrariense – SD Tordoia, ás 17:00

SDC Órdenes “C” – CF Muxía, ás 17:30

Eirís SD  Cultural Maniños, ás 18:00

Victoria CF “C” – Bergantiños FC “B”, ás 18:00

Descansa : Unión Campestre

(Os horarios non son firmes)

Clasificación : PREME AQUÍ

.

-Foto Dumbría : FaceBook Dumbría Femenino

-Fotos Muxía : Marina Busto

-Foto Corme : Rubén Souto

-Foto Esteirana : Fran Figueroa

-Foto, texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”

.