2ª GALEGA FEMININA G1, (29ª Xda) : “O Muxía lider consistente, o Cee suma e Dumbría e Bergan B caen”.

2ª GALEGA FEMININA G1

29ª Xornada

Domingo 26/04/2026

SDC Órdenes “C” 0-3 Orillamar SD

Victoria CF “C” 2-1 CF Dumbría

UC Cee 1-1 SCD Milagrosa

AD Nicrariense 1-4 CF Muxía

SD San Lázaro 1-0 Unión Campestre

Eirís SD – SCDR Esteirana, (Suspendido)

Brexo Lema SD 4-0 Cultural Maniños

Bergantiños FC “B” 2-4 SD Tordoia

Descansa : CF Corme

.

As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalas, (ou fotos ou vídeos), e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.

.

CRÓNICA

A 29ª xornada na 2ª Galega Feminina G1 amosou un episodio máis da presión na zona alta, tanto na loita polo título coma na da promoción.

O CF Muxía segue aguantando a presión do Tordoia como antes o fixeron as tordoiesas ata que se enfrontaron antre elas. As muxianas remontaron con autoridade ante o Nicrariense (1-4) para irse ata os 76 puntos e manter a vantaxe sobre o SD Tordoia, que tampouco falla e levou o partidazo da xornada ante o Bergantiños B (2-4). Dous equipos lanzados que manteñen o pulso polo liderado.

Por detrás, o Bergantiños B queda xa algo descolgado na terceira praza con opcións intactas de Play-off, mentres que o empate do UC Cee ante a Milagrosa (1-1) deixa ás ceenses nunha zona tranquila pero sen opcións de engancharse máis arriba. Mentres que a loita pola promoción con ese cuarto chanzo que é o único que está sen certificar, ábreselle ao Victoria e Corme que poden optar a él.

Na zona costeira, xornada con luces e sombras: derrota do Dumbría no campo do Victoria C (2-1), empate do Cee, e gran triunfo do Muxía. Ademais, o encontro entre Eirís e Esteirana quedou suspendido o non contar con suficientes xogadoras para competir, tal e como xa vos informábamos sábado, cunha Esteirana moi castigada polas baixas durante toda a tempada.

Na parte baixa, vitoria importante do Orillamar e goleada do Brexo Lema, que lles permiten coller algo de aire.


CRÓNICAS

Victoria CF “C” 2-1 CF Dumbría

Santi Cubelo (adestrador do Dumbría):
“Partido sin muita chicha, o Victoria con un puntiño máis de ritmo e nós aguantando ben sin intentar muito. O gol chegaría antes do descanso tras un error noso en saída.

Na segunda o guión cambiou un pouco máis, demos un pasiño adiante conseguindo o empate e igualando algo máis o xogo, pero unha boa xogada individual de Ari mataría o partido.”

Goles: 1-0, Carmen Varela, (45´); 1-1, Alba Caamaño, (46´); 2-1, Ariadna, (84´).


UC Cee 1-1 SCD Milagrosa

Reparto de puntos nun encontro igualado, no que a Milagrosa golpeou primeiro e o Cee soubo reaccionar tras o descanso para rescatar un punto.

Goles: 0-1, Lucía, (30´); 1-1, Paula, (53´).


AD Nicrariense 1-4 CF Muxía

Comezo sorprendente co gol temperán do Nicrariense, pero o líder reaccionou con contundencia para darlle a volta ao marcador e acabar goleando, e mirar haia o horizonte con esas 5 finais que lles restan.

Goles: 1-0, Noa, (2´); 1-1, Eva Lema, (21´); 1-2, Nerea Barrientos, (33´); 1-3, Nerea Barrientos, (48´); 1-4, Eva Lago, (89´).


Eirís SD – SCDR Esteirana

(Suspendido)

Tal e como xa vos informamos, a Esteirana non tiña xogadoras suficientes para desprazarse ao encontro, polo que decidiu comunicar a situación. O partido foi suspendido e todo apunta a que se lle dará por gañado ao Eirís por 3-0.

A Esteirana está a sufrir moito durante gran parte da tempada polas numerosas lesións, tendo que competir con 10 ou 11 xogadoras practicamente en cada partido.


Bergantiños FC “B” 2-4 SD Tordoia

Era o encontro da xornada e non defraudou. Derbi do interior entre terceiras e segundas que caeu do lado do Tordoia, máis efectivo nos momentos clave.

Dirixiu ás carballesas Raúl Martos, substituto de Marcos Núñez tras a súa saída hai un par de semanas.

Goles: 0-1, Ana, (16´); 1-1, Julia, (24´); 1-2, Aana, (61´); 1-3, Rebeca, (65´); 1-4, Aana, (79´); 2-4, Noelia, (88´).

Clasificación

CF Muxía : 76*
2º SD Tordoia : 73*
Bergantiños FC B : 64
4º SCD Milagrosa : 54
6º Victoria CF C : 50
5º CF Corme : 49*
7º UC Cee : 40*
8º CF Dumbría : 38*
9º SD San Lázaro : 38*
10º Eirís SD : 37
11º Unión Campestre : 37*
12º SCDR Esteirana : 34*
13º Brexo Lema SD : 27*
14º Orillamar SD : 17
15º AD Nicrariense : 14*
16º Cultural Maniños : 11*
17º SDC Órdenes : 5*

* Equipos que xa descansaron unha xornada

2ª GALEGA FEMININA G1

30ª Xornada

Domingo 03/05/2026

Cultural Maniños  SDC Órdenes “C”, ás 17:30

SCD Milagrosa – SD San Lázaro

Orillamar SD Eirís SD

CF Dumbría – AD Nicrariense, ás 11:00

Unión Campestre – CF Corme, ás 11:30

SD Tordoia – Victoria CF “C”, ás 12:15

SCDR Esteirana  UC Cee, ás 19:30

CF Muxía – Brexo Lema SD, ás 19:30

Descansa : Bergantiños FC “B”

Clasificación : PREME AQUÍ

.

-Foto : Santi Cubelo

-Foto, texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”