2ª GALEGA FEMININA G1
28ª Xornada
Domingo 19/04/2026
SCD Milagrosa 2-1 Eirís SD
Unión Campestre 3-2 UC Cee
CF Corme 2-1 SD San Lázaro
CF Dumbría 0-4 Bergantiños FC “B”
SCDR Esteirana 5-3 SDC Órdenes “C”
Cultural Maniños 1-0 AD Nicrariense
Orillamar SD 1-1 Brexo Lema SD
CF Muxía 4-2 Victoria CF “C”
Descansou : SD Tordoia
.
Eva Lema fixo dous dos goles do Muxía e xa leva 42.
Se na Costa hai unha palabra que define esta xornada é golpe de autoridade. E levouno quen máis o buscou nas últimas semanas.
O Muxía toma o mando
O CF Muxía non fallou e, cun triunfo sólido ante o Victoria C, asalta o liderado tras igualar partidos co Tordoia. As muxiás que tiveron que remontar un 0-2 adverso e o resultado final de 4-2 quedouse moi curto para o visto na Arliña, colócanse con 73 puntos e dependen de si mesmas nun tramo final que promete emoción ata o último suspiro.
O Tordoia, que descansaba, queda agora segundo con 70, vendo como o liderado cambia de mans no momento clave da tempada.
Dumbriesas que xogaron ante o Bergan “B”.
Bergantiños B non afrouxa
O Bergantiños FC B segue a súa liña firme e goleou con contundencia no derbi costeiro da xornada ao Dumbría (0-4). Tres puntos máis para consolidarse na 3ª praza con 64 puntos e seguir á expectativa por se fallan os de arriba.
Aproveitar para mandar un saúdo e o noso agradecemento a Marcos Núñez que deixaba de ser adestrador das carballesas o pasado 14 de abril e que no tempo en que estivo foi un gran colaborador.
Santi Cubelo, (adestrador do Dumbría) :
“Partido con ritmo previo ás vacacións. Un Bergan B moi novo e con dúas marchas máis, que nos deixou claro desde o inicio que viña a polos 3 puntos, e un Dumbría que combateu, pero sen esa intensidade característica de cando quere sumar de 3. O equipo estivo sólido na primeira parte, tendo un par de achegamentos á portería rival, pero sen moito perigo, e sería o Bergan quen, tras unha boa saída de balón e unha moi boa xogada individual de Julia, se poría por diante antes do descanso. Despois dese gol, ordenámonos un pouquiño mellor e sufriríamos un pouco menos.
Na segunda, un pouco máis do mesmo: un Bergan que saíu a matar o partido e un Dumbría que o intentaría, pero sen esa mordente necesaria, tendo incluso un man a man para o 1-1 que detería ben a meta rival. Coa sucesión de cambios e o cansazo, o Bergan cada vez se facía máis dono do partido, sabendo circular e durmilo con balón.”
Corme segue en liña ascendente
O CF Corme sumou unha vitoria importante (2-1) ante o San Lázaro e continúa medrando, xa con 49 puntos. As costeiras están nun gran momento e afiánzanse na zona media-alta.
Rubén Souto, (adestrador do Corme) :
“Partido no que o equipo volveu recuperar sensacións en canto a xogo e ritmo, facendo unha primeira parte moi boa, onde só faltou o premio do gol, con varias chegadas moi claras, entre elas dous balóns ao longueiro.
Xa no inicio da segunda parte si acabarían entrando, cun dobrete de Claudia, e incluso tivemos outro longueiro nun tiro lonxano de Carla que puidese pechar o encontro. Pero nunha xogada illada sería o rival o que nos marcaría, e aí si que entraron un pouco as dúbidas e perderíamos ese control sobre o partido.
Tocou remangarse e pelexar, e así o fixemos para sacar os 3 puntos, penso que merecidos, antes da xornada de descanso.”
Esteirana, festa de goles
Partido tolo da Esteirana, que se impuxo nun festival ofensivo (5-3) ao Órdenes C. Tres puntos que lles permiten seguir escapando da zona baixa e gañar tranquilidade.
Fran Figueroa, (adestrador da Esteirana) :
“Unha semana menos para o remate dunha temporada na que estamos competindo máis contra a nosa realidade que contra as rivais. Faise duro, pero ás veces sae cara a moeda en forma de resultado.
Desta volta só puidemos ter 10 xogadoras sobre o terreo para medirnos ao Ordes, xa que Leti non puido nin comezar o encontro. As rivais, a pesar de seren as colistas, viñeron a pelexar polo seu partido e adiantáronse aos 10 minutos, aproveitando a nosa pasividade en zona de inicio. Pero soubemos darlle a volta e dominar o encontro incluso ao final, cando xa as forzas eran xustas e o partido máis trabado.
Acabamos con ocasións na súa área despois de 95 minutos en inferioridade, agradecidas polo apoio da xente que fai que, cando nos veñen as cousas de revés, sigan aí alentando. Por esa xente e polas nosas, que non se paran en escusas, van estes 3 puntiños.”
.
1º CF Muxía : 73*
2º SD Tordoia : 70*
3º Bergantiños FC B : 64
4º SCD Milagrosa : 53
6º CF Corme : 49
5º Victoria CF C : 47
7º UC Cee : 39*
8º CF Dumbría : 38*
9º Eirís SD : 37*
10º Unión Campestre : 37
11º SD San Lázaro : 35*
12º SCDR Esteirana : 34*
13º Brexo Lema SD : 24*
14º AD Nicrariense : 14
15º Orillamar SD : 14*
16º Cultural Maniños : 11*
17º SDC Órdenes : 5*
* Equipos cun encontro menos.
.
2ª GALEGA FEMININA G1
29ª Xornada
Domingo 26/04/2026
SDC Órdenes “C” – Orillamar SD, 25/04 ás 12:30
Victoria CF “C” – CF Dumbría, ás 16:00
UC Cee – SCD Milagrosa, ás 16:30
AD Nicrariense – CF Muxía, ás 17:00
SD San Lázaro – Unión Campestre, ás 19:00
Eirís SD – SCDR Esteirana, ás 18:00
Brexo Lema SD – Cultural Maniños, ás 19:00
Bergantiños FC “B” – SD Tordoia, ás 19:00
Descansa : CF Corme
Clasificación : PREME AQUÍ
.
-Foto Dumbría : Santi Cubelo
-Foto Muxía, (Marina Busto
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”