A 27ª xornada da 2ª Galega Feminina G1 deixou emoción forte na loita polo título, cun apaixonante man a man entre o SD Tordoia e o CF Muxía, que continúan empatados no máis alto da clasificación con 70 puntos, aínda que as da Vila da Barca contan cun encontro menos, e a cousa podería desfacerse a vindeira xornada na que as tordoiesas tócalles descansar.
O Tordoia cumpriu con autoridade goleando ao CF Dumbría, mentres que o Muxía asinou unha vitoria de enorme valor no campo do Bergantiños B, nun dos encontros máis destacados da xornada, tendo en conta o potencial das bergantiñanas e de que xunto co Tordoia foron os únicas que lle sacaron puntos as muxianas, (na 1ª volta, 1-1).
O UC Cee derrotaba no derbi ao Corme que chegaba ao encontro co xusto, mentres que a Esteirana que tamén chegaba co xusto para xogar e caía goledo ante o Brexo Lema.
CRÓNICAS
UC Cee 2-0 CF Corme
Partido marcado por múltiples condicionantes que impediron ver un encontro vistoso. O Cee acabou levando o triunfo ante un Corme que chegou moi xusto de efectivos.
Goles : 1-0, Lucía Rodríguez, (38´); 2-0, Paula Veiga (p), (73´).
Rubén Souto (adestrador do Corme):
“Partido sin moito que analizar, demasiado condicionado por cousas que non se poden controlar, que nos impedían competir como a nós nos gusta facer, e a partir de aí sabemos que imos sufrir de antemán…
Foi un partido sen ritmo, sen intensidade e sen xogo, tivo que ser un aburrimento para os afeccionados que o viñeron a ver… Onde volvemos conceder os dous goles, debemos corrixir iso de aquí a final de ano si ou si…Xusto vencedor o Cee.”
Saida dos equipos ao campo.
Brexo Lema SD 4-0 SCDR Esteirana
Dominio claro do Brexo Lema ante unha Esteirana moi condicionada polas baixas e cun plantel moi curto.
Goles : 1-0, Nuria, (25´); 2-0, Rebeca, (31´); 3-0, Isa Velo, (69´); 4-0, Rocío, (72´).
Fran Figueroa (adestrador da Esteirana):
“Unha semana máis co plantel xusto para xogar, desta volta Sara viaxou co grupo pero cun esguince no tobillo dereito, polo que simplemente nos acompañou no banquillo.
Do partido hai pouco que contar, non fomos nada competitivas en ningún momento, sen apenas presenza en área rival e concedendo as ocasións que refrendaron un resultado máis que merecido para un rival coas cousas moito máis claras ca nós.
Debemos darlle unha volta se queremos ser o equipo competitivo que vimos en outras ocasións para que estas 7 xornadas que quedan estar á altura do que se espera de nós.”
Barca Toba sumou o seu gol 33 en 25 encontros.
Bergantiños FC “B” 2-3 CF Muxía
O gran partido da xornada non defraudou. O Muxía deu un golpe enriba da mesa vencendo a un dos equipos máis fortes da categoría e segue firme na loita polo título.
As muxiás continúan nunha dinámica espectacular, con 23 vitorias e unha serie impresionante de 16 triunfos consecutivos.
Goles : 1-0, Nadia, (2´); 1-1, Eva Lema, (6´); 1-2, Barca Toba, (26´); 1-3, Eva Lema, (60´); 2-3, Lucía Canosa, (91´).
Marcos Núñez (adestrador do Bergantiños B):
“Cando nos chegue o seu comentario subirémolo aquí.”
O Dumbría sobre o céspede do A Rega.
SD Tordoia 7-1 CF Dumbría
O líder non fallou e goleou con claridade nun partido dominado de principio a fin, aínda que o Dumbría deixou mellores sensacións na segunda metade.
Goles : 1-0, Andrea, (14´); 2-0, Rebeca, (26´); 3-0, Andrea, (30´); 4-0, Ana, (40´); 5-0, Andrea, (45´); 5-1, Claudia, (50´); 6-1, Rebeca, (83´); 7-1, Uxía, (86´).
Santi Cubelo (adestrador do Dumbría):
“Visitamos o campo dun dos equipos chamados a saír campións de liga, presentámonos xa coa tensión de quen non se xoga nada e con baixas por traballo e excursións, contra un equipo que sabe que cada punto é relevante para o que lle resta de liga.
Todo isto notouse desde o primeiro minuto cun asedio local continuo, onde case non eramos capaces de pasar do medio campo nin manter unha posesión longa de balón.
Na segunda máis tranquilas intentando disfrutar cando tiñamos balón e tamén disfrutar cando tocaba defender, ante un Tordoia que sairía con menos marchas que na primeira metade sabéndose xa gañadoras, tivemos o premio do gol e conseguimos manter a portería a cero nesta segunda parte ata os últimos minutos, onde xa o partido era un descontrol total con ambos equipos buscando disfrutar dun partido dispar en todos os sentidos.
Un equipazo este Tordoia que xunto co Muxía darán unha bonita guerra ata final de tempada.”
.
Clasificación