2ª GALEGA FEMININA G1
25ª Xornada
Domingo 22/03/2026
Eirís SD 3-2 SD San Lázaro
AD Nicrariense 4-1 SCD Milagrosa
Victoria CF “C” 6-4 SCDR Esteirana
SD Tordoia 8-1 Cultural Maniños
CF Dumbría 0-5 CF Muxía
SDC Órdenes “C” 0-3 CF Corme
Bergantiños FC “B” 2-0 Orillamar SD
Brexo Lema SD 0-1 Unión Campestre
Descansou : UC Cee
.
As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade, non poñemos os de uns si e outros non, a quen non che interese metelos é totalmente respetable.
CRÓNICA XERAL
A 25ª xornada da 2ª Galega Feminina G1 deixou unha fin de semana con máis luces que sombras para os equipos da Costa da Morte, marcada polo pleno de vitorias para Muxía, Corme e Bergantiños B, a derrota do Dumbría no derbi costeiro e unha nova demostración de orgullo dunha Esteirana que competiu en inferioridade numérica.
Na zona alta, o CF Muxía continúa firme na persecución do liderado tras golear no Conco ao Dumbría nun partido no que amosou pegada e solidez, mantendo a presión sobre o SD Tordoia. Tamén cumpriu o Bergantiños FC B, que sumou tres puntos importantes nun encontro máis traballado do que reflicte o marcador.
O CF Corme levou un triunfo serio e maduro do campo do Órdenes C, resolvendo na segunda metade un choque que se complicara pola boa disposición local.
No lado contrario, o CF Dumbría acusou o desgaste copeiro ante un dos grandes da liga, mentres que a SCDR Esteirana, con só dez xogadoras por mor das lesións, deixou unha das actuacións máis meritorias da xornada pese á derrota nun partido tolo de goles. Perderon no resultado pero son campioas en loitar contra as adversidades, como xa lles pasou fai uns días en Copa en Muxía.
O UC Cee descansou nesta xornada, mantendo a súa posición na zona media á espera de recuperar o encontro pendente.
Crónicas individuais
Victoria CF “C” 6-4 SCDR Esteirana
A Esteirana afrontaba unha misión case imposible na Grela 1, presentándose con só dez futbolistas debido ás lesións, pero acabou ofrecendo unha lección de carácter e orgullo competitivo nun encontro aberto e cheo de alternativas.
O partido comezou con dominio local, pero as costeiras reaccionaron cun espectacular hat-trick de Rut que chegou a poñelas por diante. O esforzo físico acabou pasando factura nun campo grande ante un rival esixente, que terminou decantando o marcador na segunda metade.
Fran Figueroa (adestrador da Esteirana):
“Si pensábamos que estaba sendo difícil competir cas xogadoras xustas como víñamos facendo nas últimas fechas, desta volta tocou facelo con 10, pero qué 10!
Non teño palabras para falar do seu esforzo, cada semana parece que nos nace un atranco máis contra o que pelear, e creo que eso é o que as fai tan duras como veñen mostrando, podían usalo como excusa para non meter o pé, podían tomalo como pasatempo, eu solo lles pedín que acabaran o partido cansadas pero cunha sonrisa na cara, porque non lle podo pedir máis do que poñen cando visten a “roxazul”, xa é un signo de identidade, son duras, como os petóns da nosa costa capeando os temporales, e espero que pronto poidamos recoller tamén unha rachiña de victorias, porque o merecen.
Campo grande, enorme, rival dos que che esixen correr e estar concentradas, e as nosas acabaron atacando e batendo ata caer de pé.
É de pena acabar cada semana “contento” só polo esforzo cando vas encaixando tantos goles e derrotas, non me conformo, pero é o que toca.”
Goles: 1-0, Martina (7´); 2-0, Alejandra (9´); 2-1, Rut (11´); 2-2, Rut (24´); 2-3, Rut (30´); 3-3, Alejandra (40´); 4-3, Ariadna (48´); 5-3, Alejandra (53´); 5-4, Rut (59´); 6-4, Julia (70´).
Incidencias: A Esteirana presentouse con só 10 xogadoras pola vaga de lesións.
CF Dumbría 0-5 CF Muxía
Derbi costeiro que repetía a última final da Copa da Costa Feminina, aínda co recente desgaste físico das dumbriesas moi presente. O Muxía, non notou tanto desgaste a pesares do complicado encontro que tivo ca Esteirana pasando dun prácido 7-0 a un 7-6 no treito final para acabar pasando por 8-6 mostrou, pero amosou a súa condición de aspirante ao título cun encontro moi completo.
Tras unha primeira metade na que o Dumbría resistiu e mesmo reclamou un posible penalti co 0-0, Patri Romaní abriu o marcador e Eva Lema ampliou vantaxe pouco despois. Na segunda metade, o Muxía aproveitou os espazos e acabou goleando.
Santi Cubelo (adestrador do CF Dumbría):
“Partido moi complicado, despois do gran esfuerzo realizado o xoves en copa, recibiamos no Conco a un dos cocos da competición.
Unha primeira parte donde non nos sentimos cómodas en ningún momento, conseguindo algunha saída de balón clara chegando a reclamar un penalti por man aínda co 0-0 no marcador, aínda que a maioría de ocasións chegaban contra a nosa portería. Por momentos conseguiamos ter posesión pero sen ningunha claridade, aínda que nos defendíamos ben sabiamos que non se podían ter erros e así foi.
No primeiro despiste Patri controla un balón dentro da área e non perdoa, e pouco despois Eva facendo un deses goles aos que nos tiña acostumados no Conco entrando desde atrás con todo e poñendo o 0-2.
Na segunda o inicio foi similar, aínda que por momentos avanzamos liñas e intentamos combinar máis chegando a ter unha ocasión clara na que Sheila faría un paradón. Non foi suficiente xa que Laura Doce marcaría un golazo en xogada individual e xa desde ese momento o equipo utilizaría as enerxías que lle quedaban para intentalo pero sen resultado, facendo máis un exercicio de orgullo e supervivencia.Penso que o marcador reflicte a superioridade que tivo o Muxía, que si que foi real, pero non permite ver o bo partido que fixeron as nosas ante un dos mellores da categoría.”
Goles: 0-1, Patri Romaní (32´); 0-2, Eva Lema (36´); 0-3, Lau Doce (66´); 0-4, Nerea Barrientos (74´); 0-5, Eva Lema (89´).
Destacada: O regreso de Eva Lema ao seu anterior equipo. A muxiana de Merexo fixo 2 dos goles, sumando xa 39 goles e liderando a táboa de goleadoras da liga cunha media de 1,77 por encontro.
SDC Órdenes “C” 0-3 CF Corme
Triunfo traballado do Corme nun encontro que non se abriu ata o inicio da segunda metade. O bo posicionamento local dificultou o xogo visitante durante moitos minutos.
Rubén Souto (adestrador do Corme):
“Partido contra un rival que se posicionou moi ben no seu campo e nos impediu xerar xogo con fluidez, coa consecuencia de non ter ocasións claras de gol. Iríamos ao descanso 0-0, e xusto na saída de vestiarios conseguiríamos poñernos 0-1. Iso obrigou ao rival a saír un pouco máis en busca do empate e aí xa aparecían mellor os espazos para poder xerar cousas, pero tamén elas roubaban e saían á contra con máis perigo, ata que lles expulsan a unha xogadora; aí si se acaba o partido e podemos deixar sentenciado o encontro.
Estase facendo longa a temporada, si, pero agora queda o mellor, así que iremos coa enerxía que nos quede a por el!”.
Goles: 0-1, Claudia (46´); 0-2, Claudia (83´); 0-3, Saskia (85´).
Incidencias: expulsada a local Anabel Carreño (70´), vermello directo.
Bergantiños FC “B” 2-0 Orillamar SD
As carballesas sumaron tres puntos importantes nun encontro condicionado polo desgaste emocional tras a eliminación copeira. Partido espeso, de ritmo irregular, resolto pola eficacia local.
Marcos Núñez (adestrador do Bergantiños B):
“Xornada 25 de liga na que sumamos un novo +3 con máis traballo do que di o resultado. Día moi difícil despois do mal trago sufrido o xoves na copa na que caemos eliminadas 0-3 polo Atl. San Pedro, quizais por culpa miña, e non quero deixar pasar oportunidade para darlle a noraboa ao rival e ás miñas xogadoras pola súa loita todo o partido.
Volvendo o encontro…partido que asumimos con varias baixas e cun ritmo raro no que non conseguiamos estar cómodas e unha vez máis Julia conseguía poñernos por diante na primeira metade no minuto 28.
Paso por vestiarios para refrescar ideas pero seguíamos sen estar cómodas no partido. Xa case ao final a cadete Cayetana colle un rexeite dunha boa xogada de Julia e consegue o gol da tranquilidade. En definitiva, un deses días onde o mellor foi o resultado e os resultados dos equipos perseguidores.
Dar a noraboa ás miñas xogadoras unha vez máis polo esforzo, en especial a Nadia que xogou de porteira sacando unha man espectacular na primeira metade. Tamén mención especial ao gran partido de Clara e destacar os moi bos minutos que nos deu Lola, xogadora da nosa canteira que debutaba hoxe co filial sendo cadete de primeiro ano.
Foisenos un obxectivo pero seguimos a polo outro. Noraboa equipazo.”
Goles: 1-0, Julia (28´); 2-0, Cayetana (81´).
O Muxía sigue apretándolle as líderes.
Clasificación
1º SD Tordoia : 67
2º CF Muxía : 64*
3º Bergantiños FC B : 58
4º SCD Milagrosa : 44
5º CF Corme : 43
6º Victoria CF C : 43
7º CF Dumbría : 38
8º UC Cee : 36*
9º Eirís SD : 34*
10º Unión Campestre : 33
11º SD San Lázaro : 32
12º SCDR Esteirana : 28*
13º Brexo Lema SD : 20*
14º Orillamar SD : 12*
15º AD Nicrariense : 11
16º Cultural Maniños : 8*
17º SDC Órdenes : 4*
* Equipos cun encontro menos.
Clasificación
1º SD Tordoia : 67
2º CF Muxía : 64*
3º Bergantiños FC B : 58
4º SCD Milagrosa : 44
5º CF Corme : 43
6º Victoria CF C : 43
7º CF Dumbría : 38
8º UC Cee : 36*
9º Eirís SD : 34*
10º Unión Campestre : 33
11º SD San Lázaro : 32
12º SCDR Esteirana : 28*
13º Brexo Lema SD : 20*
14º Orillamar SD : 12*
15º AD Nicrariense : 11
16º Cultural Maniños : 8*
17º SDC Órdenes : 4*
*Aviso : Os de asterisco teñen un encontro menos xogado.
2ª GALEGA FEMININA G1
25ª Xornada
Domingo 22/03/2026
Eirís SD 3-2 SD San Lázaro
AD Nicrariense 4-1 SCD Milagrosa
Victoria CF “C” 6-4 SCDR Esteirana
SD Tordoia 8-1 Cultural Maniños
CF Dumbría 0-5 CF Muxía
SDC Órdenes “C” 0-3 CF Corme
Bergantiños FC “B” 2-0 Orillamar SD
Brexo Lema SD 0-1 Unión Campestre
Descansa : UC Cee
Clasificación : PREME AQUÍ
.
-Foto Muxía : Marina Busto/CF Muxía
-Foto Dumbria equipo : Santi Cubelo
-Foto Esteirana : Fran Figueroa
-Foto Bergan B : Marcos Núñez
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : propios dos adestradores sen censuras.
.
.


