2ª GALEGA FEMININA G1
24ª Xornada
Domingo 15/03/2026
SD San Lázaro 2-1 SDC Órdenes “C”
Cultural Maniños 0-3 CF Dumbría
CF Corme 3-3 Brexo Lema SD
SCD Milagrosa 4-0 Victoria CF “C”
Orillamar SD 0-1 SD Tordoia
UC Cee 0-0 Eirís SD
Unión Campestre 2-1 AD Nicrariense
SCDR Esteirana 0-8 Bergantiños FC “B”
Descansou : CF Muxía
.
Copa da Costa este 19 de marzal
O vindeiro día 19 de marzal, “Día do pai”, xogaranse os Cuartos de Final da “VI Copa da Costa Feminina”. O final das crónicas tes os enfrontamentos e horarios. Hai un encontro que se xoga o 18/03. Pola sua banda o filial do Bergantiños xogará tamén este xoves pero na “IV Copa da Coruña” e será nas Eiroas ante o Atlético San Pedro a partires das 18:00 horas.
Un encontro da 3ª Galega G3 “A Costa”
O final do artigo tamén che traemos o comentario do único encontro que se xogou na 3ª Galega Feminina G3 “A Costa”, un choque do que como xa che coomentamos nas crónicas da semana pasada e na “AXENDA PIRATA” fora adiado da semana pasada a esta que non houbo competición nesta liga. O choque foi antre o filial do Xallas e o Corcubión e acabou con vitoria corcubionesa por 0-3.
As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.
.
CRÓNICA XERAL
A 24ª data do campionato deixou movementos na zona alta e emoción a raudais nos campos da costa, onde houbo de todo: goleadas, empates con sabor amargo e partidos moi disputados ata o último suspiro.
No máis alto, o SD Tordoia poñense soas no liderado tras sumar de tres, aproveitando o descanso do CF Muxía, que queda a tres puntos pero con un partido menos. Pola súa banda, o Bergantiños FC B segue a súa persecución sen freo, protagonizando a goleada da xornada nun derbi costeiro moi condicionado polas baixas locais.
Na zona media, o CF Corme deixou escapar dous puntos nos últimos intres nun partido que tiña encarrilado, mentres que o CF Dumbría continúa coa súa progresión ascendente cun triunfo sólido a domicilio. O UC Cee, pola súa banda, sumou un punto nun duelo moi igualado, mentres que a SCDR Esteirana viviu unha tarde moi dura marcada polas adversidades.
En definitiva, unha xornada que deixa claro que nesta liga non hai tregua: cada erro págase caro e cada punto é ouro puro.
-Crónicas dos equipos da Costa-
As dumbriesas departiron tralo encontro con mesa e mantel.
Cultural Maniños 0-3 CF Dumbría
Santi Cubelo (adestrador do Dumbría):
“Novo viaxe “cortiño”, no que nos tocaba ir con baixas importantes, pero que as pequenas volveron a demostrar que cada día van dando pasos e medrando.
O partido comezou cun ritmo lento, cun Maniños intentando evitar que lle fixeramos dano e nós sen saber moi ben levar o ritmo do encontro, adaptándonos ao que o rival propoñía. Iso si, circulando ben e atopando opcións de vantaxe. Vimonos obrigadas a facer un cambio na primeira parte por unha indisposición de Claudia, entrando Sabela, que vendo desde fóra o que precisaba o partido o revolucionou ao noso favor, circulando rápido e con boas conduccións. Súa sería a asistencia para que Carla Lago desde fóra fixera o 0-1. Tivemos algunha máis para ampliar a vantaxe, pero a puntería xa sabemos que non é o noso de momento.
Na segunda e co marcador a favor soubemos controlar mellor o ritmo e xerar numerosas ocasións, as cales defendía ben o equipo local ata que Mariña facía o 0-2. Desde ese momento o partido foi case un monólogo cun Dumbría que dominaba e circulaba con sentido, sen présas e asumindo poucos riscos, que cando perdía conseguía recuperar rápido. Un Maniños que se viu afectado por ser 11 xogadoras e non ser capaces de aguantar o ritmo, foron deixándose ir. Faríamos o terceiro nun córner con algo de fortuna.”
Goles:
0-1, Carla (37’)
0-2, Mariña (51’)
0-3, Antía (74’, en propia porta)
CF Corme 3-3 Brexo Lema SD
Rubén Souto (adestrador do Corme):
“Domingo que me deixa moi tocado, penso que son os puntos que máis me doeu perder de toda a temporada.
Unha xornada moi apetecible porque era contra un equipo que deixa xogar e quere xogar, e a nós iso debería beneficiarnos moito para o que traballamos e queremos ser. Pero volvemos a non ser un Corme recoñecible e así podemos perder puntos contra calquera. Só salvaría os primeiros 20 minutos da segunda parte, pero non alcanza, os partidos duran 90 minutos e en ningún momento dominamos os tempos do encontro.
Se a iso lle sumas que non materializamos as ocasións que xeramos, 4-5 ocasións clarísimas de gol que non acertamos a enchufalas, e que encaixamos 3 goles… pois as contas dan perfectamente para o resultado que colleitamos.
Toca traballar duro, eu o primeiro, para volver recuperar as sensacións de xornadas atrás, onde se viu a ese Corme intenso e valente que sei que somos, porque senón seguirán vindo máis domingos como este.”
Goles:
0-1, Rebeca (10’)
1-1, Carla (19’)
2-1, Cristina (43’)
3-1, Carla (47’)
3-2, Saskia (85’, propia porta)
3-3, Nerea (90’, penalti)
As bergantiñanas celebrando a vitoria.
SCDR Esteirana 0-8 Bergantiños FC “B”
Fran Figueroa (adestrador da Esteirana):
“Pouco se pode contar para unha crónica tras un 0-8 na casa. Eu procuro escapar da palabra “sorte” para falar de resultados, pero no caso que me compete necesitamos que ese factor cambie para non estar cada semana penalizadas en forma de baixas.
Desta volta, no quecemento sufrimos a lesión de Alicia, que estaba ocupando a portería tras a baixa de Maruxa, pendente de operar por romper o radio do brazo dereito nun lance previo ao partido. Tivemos que volver improvisar, de volta sen cambios, e as rivais, moi superiores, souberon aproveitar a situación.
Son resultados moi complicados de asimilar, froito de moitas variables que nos fan manexar momentos de frustración e dificultan o paso, pero podo mirar a cada unha das poucas que estamos a pé de campo e asegurar que non paran de intentalo a pesar de todo. E con iso é co que imos pelexar para tentar ser competitivas ata o final, e que a nosa xente confíe en que, se toca perder, o faremos loitando para conseguir cambiar a racha, aínda que non sempre depende de gañar ou perder.
Agradezo a valentía de Lidia e a confianza das compañeiras por asumir poñer os guantes para defender o equipo cando o temporal se pon cru.”
Marcos Núñez (adestrador do Bergantiños B):
“Xornada 24 e 24 anos facía que eu non visitaba o campo da Esteirana como xogador, desta vez a visita foi para estar da liña hacía fora. En fronte un equipo que está na metada da tabla e que se enfrentou a nós mermado de efectivos e que tivo a mala sorte de lesionárselle a porteira no quecemento, a que lle desexo unha pronta recuperación, ca consecuencia de só dispoñer de 11 xogadoras. Un partido que se nos puxo de cara moi pronto e que sen perderlle respeto o rival dominamos de principio a fin.
Desexarlle unha pronta recuperación a xogadora do Esteirana.
Darlle a noraboa as miñas xogadoras polo partido e outros +3.
Ahora xa pensando no gran obxetivo de este xoves nas Eiroas contra o Atl San Pedro, partido cuartos de final copa Coruña.”
Goles:
0-1, Paula (5’)
0-2, Julia (25’)
0-3, Julia (41’)
0-4, Lucía (44’)
0-5, Julia (49’)
0-6, Naia (57’)
0-7, María Tojo (61’)
0-8, María Tojo (76’)
UC Cee 0-0 Eirís SD
Choque entre dous equipos moi parellos, con alternativas e ocasións para ambos lados, pero onde as defensas e as porteiras impuxéronse claramente ás dianteiras. Un punto que deixa sensacións encontradas, xa que puido caer para calquera das dúas escuadras.
.
O Bergantiños afianza o posto de promoción.
Clasificación
1º SD Tordoia : 64
2º CF Muxía : 61
3º Bergantiños FC B : 55
4º SCD Milagrosa : 44
5º CF Corme : 40
6º Victoria CF C : 40
7º CF Dumbría : 38
8º UC Cee : 36
9º SD San Lázaro : 32
10º Eirís SD : 31
11º Unión Campestre : 30
12º SCDR Esteirana : 28
13º Brexo Lema SD : 20
14º Orillamar SD : 12
15º AD Nicrariense : 8
16º Cultural Maniños : 8
17º SDC Órdenes : 4
.
VI COPA DA COSTA FEMININA
Cuartos
( encontro único)
Xoves 19/03/2026
Cabana SD – CF Corme, 18/03 ás 20:00
CF Dumbría – Xallas FC, ás 11:00
UD Corcubión – UC Cee, ás 17:00
CF Muxía – SCDR Esteirana, ás 12:00
.
2ª GALEGA FEMININA G1
25ª Xornada
Domingo 22/03/2026
Eirís SD – SD San Lázaro
AD Nicrariense – SCD Milagrosa
Victoria CF “C” – SCDR Esteirana
SD Tordoia – Cultural Maniños, ás 12:15
CF Dumbría – CF Muxía, ás 17:00
SDC Órdenes “C” – CF Corme, ás 17:30
Bergantiños FC “B” – Orillamar SD, ás 18:15
Brexo Lema SD – Unión Campestre, ás 19:15
Descansa : UC Cee
Clasificación : PREME AQUÍ
.
3ª GALEGA FEMININA G3 “A COSTA”
15ª Xornada
Domingo 08/03/2026
Xallas FC “B” 0-3 UD Corcubión
Partido que deixou moi encarrilado o equipo corcubionés no primeiro cuarto de hora cando xa ía gañando por 0-2 con goles de María Castro, (13´) e Lara García, (16´). Buscaron as verdiñas un gol que as metera de cheo na loita polos puntos pero ese gol non chegaría, si chegaba xa o da sentenza pasada a hora de xogo para as de Corcubión. María Castro repetía e conseguía un dobrete e o terceiro e definitivo para as suas, (69´).
Clasificación : PREME AQUÍ
.
16ª Xornada
Domingo 22/03/2026
SD Dubra – UD Corcubión, ás 16:15
Cabana SD – EFCC Juan Cabrejo
Ponteceso SD – Sporting Zas, ás 17:00
Soneira SD – UD Cerqueda, ás 12:00
Outes FC – ED As Miúdas, ás 18:15
SD A Baña – Xallas FC “B”, ás 17:00
.
-Fotos Dumbría : Santi Cubelo
-Montaxe e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : Os propios adestradores firmantes