2ª GALEGA FEMININA G1, (23ª Xda) : “Os equipos da Costa pisan forte na recta final da liga con cáseque pleno de vitorias e por posicionamento”.

2ª GALEGA FEMININA G1

23ª Xornada

Domingo 08/03/2026

CF Dumbría 2-0 Orillamar SD

CF Muxía 7-0 Cultural Maniños

SD Tordoia 8-2 CDR Esteirana

Victoria CF “C” 2-3 Unión Campestre

AD Nicrariense 0-3 CF Corme

SDC Órdenes “C” 1-4 UC Cee

Bergantiños FC “B” 3-2 SCD Milagrosa

Brexo Lema SD 0-0 SD San Lázaro

Descansa : Eirís SD

En moitos campos reivindicouse o papel da muller e a defensa dos dereitos respeto e igualdade.
AVISO : As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.
CRÓNICA XERAL

 

Xornada cáseque redonda para os equipos da costa 

Nova xornada moi positiva para o fútbol feminino da Costa da Morte na 2ª Galega Feminina G1, cun balance moi destacado dos equipos costeiros, que acadaron 5 vitorias e só unha derrota, anotando ademais 31 goles entre todos eles.

Na parte alta continúa o apaixonante man a man polo ascenso directo entre o CF Muxía e o SD Tordoia, ambos igualados a puntos tras novas goleadas. O filial do Bergantiños FC consolídase con forza na terceira praza tras superar a un rival directo como o Milagrosa, mentres que o CF Corme segue medrando e xa mira claramente cara á zona nobre da clasificación.

Tamén sumaron triunfos importantes o CF Dumbría e o UC Cee, que continúan avanzando posicións nunha zona media moi apertada. A única nota “negativa” chegou coa derrota da Esteirana, superada polo líder nun encontro moi esixente.

A falta de 9 xornadas para o final, os equipos da Costa seguen sendo protagonistas claros da competición, tanto na loita polo ascenso como na consolidación dunha tempada moi sólida a nivel colectivo e deixando as portas abertas a que para a vindeira tempada este grupo vaia sendo máis da COSTA.

Crónicas dos equipos da costa

CF Dumbría 2-0 Orillamar SD

Triunfo traballado das dumbriesas nun encontro máis complicado do que reflicte a clasificación rival, nun partido condicionado polo calor e o ritmo cambiante.

O adestrador Santi Cubelo valoraba así o encontro:

“Saímos coa intención de competir gozando e notouse moito. O Orillamar é un dos equipos que, para o meu gusto, non está representado pola súa clasificación; é un equipo ben traballado e defensivamente moi intenso. Na primeira parte fomos capaces de xerar espazos e facer posesións longas, algo que nos estaba custando ultimamente.

Puxémonos por diante tras unha boa xogada colectiva que rematou Claudia cun golazo dende a frontal. Co paso dos minutos o calor fixo baixar o ritmo do encontro e, co marcador a favor, permitiunos xogar con máis calma, conseguindo o segundo tras un córner.

Na segunda parte a intensidade durou uns quince minutos. O calor afectou a ambos equipos; elas intentaban recortar distancias en arreóns e nós buscabamos defender o resultado mantendo a posesión.

Nos últimos dez minutos o Orillamar foi con todo e tivo algunha ocasión clara, pero Lucía e a defensa estiveron moi ben.”

Goles:
1-0 Claudia (13´)
2-0 Paula Fandiño (24´)

Sheila Rey, (CF Muxía).

CF Muxía 7-0 Cultural Maniños

Exhibición ofensiva do conxunto muxián, que continúa cunha tempada espectacular e xa suma 105 goles, cun dúo goleador demoledor formado por Eva Leis que cos 5 deste encontro xa suma 37 e Barca Toba que sumou un máis e lava 31.

O dominio foi total de principio a fin nun encontro sen historia.

Goles:
1-0 Eva Lema (12´)
2-0 Laura Doce (22´)
3-0 Eva Lema (25´)
4-0 Barca Toba (39´)
5-0 Eva Lema (41´)
6-0 Eva Lema (56´)
7-0 Eva Lema (87´)

A Esteirana revindicando no 8 M.

SD Tordoia 8-2 CDR Esteirana

Derrota dura para a Esteirana ante o líder nun partido no que as locais demostraron o seu enorme potencial ofensivo.

O técnico Fran Figueroa analizaba así o encontro:

“Sabiamos da dificultade do rival que nos recibía na súa casa defendendo o liderado e non conseguimos facerlle fronte. Non fomos competitivas e superáronnos da maneira que reflicte o marcador.

A pesar de xerar ocasións, en ningún momento fomos capaces de competir ao nivel necesario. Non hai escusa nas baixas; sabemos que esta tempada está sendo complicada nese aspecto.

Necesitamos traballar mellor para competir como pide a categoría e evitar repetir resultados así. Quédome coa imaxe de saber caer de pé, nun día moi representativo do que elas merecen: non deixar de pelexar aínda que non sexa fácil.

Seguimos afrontando a parte máis dura do calendario esperando recuperar confianza e xogadoras.”

Goles:
1-0 Sara (6´)
2-0 Andrea (10´)
3-0 Andrea (26´)
4-0 Laura (34´)
4-1 Carla (35´en propia porta)
5-1 Laura (44´)
5-2 Bárbara (48´)
6-2 Nerea (58´en propia porta)
7-2 Irena (73´ de penalti)
8-2 Andrea (75´)


Incidencias: Daniela viu cartón vermello (85´).

Ledicia nas cormelanas polo bo encontro.

AD Nicrariense 0-3 CF Corme

Vitoria seria do Corme nun encontro no que o propio técnico recoñeceu que o equipo non estivo ao seu mellor nivel, aínda que soubo resolver con solvencia.

O adestrador Rubén Souto comentaba:

“Tiña na cabeza que ía ser un partido no que non iamos estar ben e así foi. Despois de xogar contra todos os equipos da zona alta sabía que, ao baixar a esixencia clasificatoria, podiamos relaxarnos algo, e nesta liga tan apertada iso nótase.

Por momentos fomos capaces de darlle calma ao xogo e verse un Corme recoñecible, pero non debemos saír contentas co control do partido. Temos que ser máis constantes e monopolizar máis o xogo.

Aínda así, 0-3, con tramos moi bos, sólidas en defensa e moi contento cos minutos de Salomé na segunda parte.”

Goles:
0-1 Olalla (5´)
0-2 Claudia (14´)
0-3 Carla (88´)

Reivindicación das bergantiñanas no 8 M.

Bergantiños FC “B” 3-2 SCD Milagrosa

Gran triunfo do filial bergantiñista nun dos partidos da xornada, afastando a un rival directo e reforzando a terceira posición.

O técnico Marcos Núñez destacaba:

“Xornada 23 marcada en vermello polo rival que nos visitaba nas Eiroas, o noso inmediato perseguidor na táboa clasificatoria.

Vimos un grandísimo partido, quizais o mellor que fixemos nestas sete xornadas que levo á fronte do equipo. Saímos moi enchufadas e xa na primeira chegada, nun balón que a nosa grandísima María Tojo non deu por perdido, a porteira rival comete penalti. Pena que Julia non puidese continuar a súa boa racha de goles transformando o penalti, pero unha Carmen moi atenta colle o rexeite da porteira e conseguimos adiantarnos moi pronto.

Seguimos tendo a posesión do balón e, froito diso, Lucía Canosa cun gran disparo dende a frontal que toca nunha rival fai o 2-0. Quizais era xusto polo dominio que tiñamos, con varias ocasións de María Tojo, Nadia e Julia antes dese gol.

Na segunda metade un despiste na liña defensiva fixo que o rival se achegase no marcador, pero sen xerar moito máis. Despois, nunha gran combinación en zona de área rival, Carmen logrou un grandísimo gol cun gran zapatazo (dirían os máis lonxevos das gradas), poñendo o 3-1 antes de que, nun centro aparentemente sen moito perigo e tras outro despiste en defensa, o Milagrosa acadase o definitivo 3-2.

Unha xornada máis sumando de tres. Grandísimo partido das rapazas, que ata o adestrador rival nos recoñeceu.

Rival directo que afastamos a 11 puntos e aproveitamos outros resultados para manter máis distancia co quinto posto.

Desexarlle ao rival moita sorte no que queda de liga.

Toca seguir partido a partido en busca do noso obxectivo.
Noraboa, rapazas. Grandísimo partido.”

Goles:
1-0 Carmen (8´)
2-0 Lucía (23´)
2-1 Irene (49´)
3-1 Carmen (62´)
3-2 Irene (78´)


SDC Órdenes “C” 1-4 UC Cee

Vitoria sólida do Cee nun partido que se decidiu nun gran último tramo das costeiras, que romperon o encontro con tres goles en pouco máis de vinte minutos.

Goles:
0-1 Paula Veiga (54´)
1-1 Anabel (66´)
1-2 Lucía Rodríguez (71´)
1-3 Lucía Ramos (76´)
1-4 Paula Veiga (94´)


Clasificación

SD Tordoia : 61
CF Muxía : 61
Bergantiños FC B : 52
SCD Milagrosa : 41
Victoria CF C : 40
CF Corme : 39
CF Dumbría : 35
UC Cee : 35
Eirís SD : 30
10º SD San Lázaro : 29
11º SD Esteirana : 28
12º Unión Campestre : 27
13º Brexo Lema SD : 19
14º Orillamar SD : 12
15º Cultural Maniños : 8
16º AD Nicrariense : 8
17º SDC Órdenes : 4

.

2ª GALEGA FEMININA G1

24ª Xornada

Domingo 15/03/2026

SD San Lázaro – SDC Órdenes “C”, ás 16:00

Cultural Maniños – CF Dumbría, ás 12:30

CF Corme – Brexo Lema SD, ás 16:00

SCD Milagrosa Victoria CF “C”, ás 16:30

Orillamar SD  SD Tordoia, ás 18:00

UC Cee  Eirís SD, ás 18:15

Unión Campestre  AD Nicrariense, ás 18:30

SCDR Esteirana  Bergantiños FC “B”, ás 19:00

Descansa : CF Muxía

(Os horarios non son firmes)

Clasificación : PREME AQUÍ

.

-Foto Esteirana : Fran Figueroa

-Foto Corme : Rubén Souto

-Fotos Bergantiños B : Marcos Núñez

-Foto Dumbría : Rubén Cubelo

-Foto Muxía : Marina Busto

-Comentarios : Os adestradores

-texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”