2ª GALEGA FEMININA G1
22ª Xornada
Domingo 01/03/2026
Eirís SD 7-1 SDC Órdenes “C”
UC Cee 2-0 Brexo Lema SD
SD San Lázaro 3-1 AD Nicrariense
Orillamar SD 1-3 CF Muxía
CDR Esteirana 2-2 CF Dumbría
Unión Campestre 0-4 Bergantiños FC “B”
SCD Milagrosa 2-5 SD Tordoia
CF Corme 2-1 Victoria CF “C”
Descansou : Cultural Maniños
CRÓNICA XERAL
A 22ª xornada da 2ª Galega Feminina G1 confirmou o gran momento que atravesan os equipos da Costa da Morte, protagonistas dun domingo moi positivo no que non se rexistrou ningunha derrota costeira. Catro vitorias e un empate nun derbi intenso consolidan o peso da comarca nunha liga cada vez máis esixente.
Por arriba, o duelo polo liderado continúa sen tregua entre Muxía e Tordoia, ambos igualados a puntos tras novas goleadas. As muxiás volveron demostrar pegada cunha actuación estelar de Eva Lema, mentres o Bergantiños B segue asentado na terceira praza tras unha actuación moi seria a domicilio.
Na zona media, Corme e Cee sumaron triunfos de valor que lles permiten mirar cara arriba, mentres Esteirana e Dumbría repartiron puntos nun derbi marcado polas baixas pero cheo de competitividade.
A liga entra xa no tramo decisivo… e a Costa segue moi viva.
CRÓNICAS
UC Cee 2-0 Brexo Lema SD
O UC Cee sacou adiante un partido serio pese a chegar ao encontro con só 14 xogadoras dispoñibles. Tras unha primeira metade equilibrada, as locais deron un paso adiante no segundo tempo e resolveron con eficacia.
Lucía Martínez abriu o marcador nada máis volver dos vestiarios e Paula Veiga sentenciou mediada a segunda metade, asegurando tres puntos importantes para consolidarse na zona tranquila da táboa.
Goles:
1-0 Lucía Martínez (47´)
2-0 Paula Veiga (75´)
Eva Lema xa suma 32 dianas.
Orillamar SD 1-3 CF Muxía
O Muxía sumou unha nova vitoria a domicilio nun encontro que comezou costa arriba. O Orillamar adiantouse cedo, pero apareceu a figura de Eva Lema, que asinou un hat-trick para remontar o partido.
A xogadora muxiá de Merexo lidera agora a táboa goleadora con 32 tantos (1,6 por partido), igualada coa xogadora do Tordoia Rebeca Puente (aínda que esta cun encontro menos), e seguida por outra muxiá, Barca Toba con 30.
Goles:
1-0 Salma (11´)
1-1 Eva Lema (16´)
1-2 Eva Lema (22´)
1-3 Eva Lema (82´)
CF Dumbría
CDR Esteirana 2-2 CF Dumbría
Empate de carácter no derbi da Costa. Derbi condicionado polas numerosas baixas: a Esteirana contou con 12 xogadoras e o Dumbría con 13. A intensidade e a igualdade marcaron un partido aberto ata o final.
Fran Figueroa (adestrador da Esteirana):
“Enfrontamos o derbi tras un último resultado duro de dixerir, coa confianza de cambiar o paso.
Empezamos cun mazazo xa na primeira xogada tras unha boa internada de Sabela, e o Dumbría tentou impoñer un xogo directo que nos fixo achicar atrás. Non lle perdemos a cara ao partido e conseguimos igualar nunha boa transición.Desde aí penso que fomos metendo ao rival atrás, aínda que por momentos saían con perigo buscando ás extremos e coa aparición de Claudia desde segunda liña.
Na segunda parte axustamos para atacar con máis xente e creo que fixemos méritos para quedar cos puntos. Só nos crearon perigo a balón parado e o empate chegou con pouca fortuna, cun gol en propia meta tras un bo saque de esquina de Carla Lago. As présas e o longueiro deixáronnos cun punto, pero tamén coa sensación de volver ser competitivas ante un rival dos de arriba”.
Santi Cubelo (adestrador do Dumbría):
“Partido sempre complicado, sobre todo a nivel anímico para moitas das nosas xogadoras. O encontro empezou de cara ao poñernos por diante na primeira xogada tras un bo pase filtrado de Carla Lago e unha boa internada de Sabela que atopou a Carla Beiro para facer o 0-1. Nos primeiros minutos fomos capaces de establecer o noso plan de partido, pero co paso do tempo a Esteirana foi impoñendo o seu ritmo.
Na segunda metade ocorreu algo similar: comezamos ben, pero pouco a pouco xogouse ao que quería a Esteirana, que conseguiu poñerse por diante. A partir de aí reaccionamos máis por pundonor que por xogo e logramos o empate tras unha acción con algo de fortuna.
O partido rompeuse e volveuse tolo, con ocasións para ambos equipos. Temos que seguir traballando para gañar personalidade e levar o xogo ao punto que nos interesa”.
Goles:
0-1 Carla Beiro (1´)
1-1 Rut (26´)
2-1 Bárbara (65´)
2-2 Carla Lago (69´)
Bergantiños FC “B”
Unión Campestre 0-4 Bergantiños FC B
Gran partido do filial bergantiñista, que dominou desde o inicio pese á baixa da porteira Paola Abeal, substituída con solvencia por Lucía Canosa.
Marcos Núñez (adestrador do Bergantiños B):
“Saímos contra un rival da metade da táboa moi serias tanto ofensiva como defensivamente. Tivemos unha baixa importante como a da nosa porteira Paola Abeal, que foi suplida de maneira maxistral por Lucía Canosa.
Conseguimos ter o balón desde o inicio xerando moitas ocasións e así chegou o primeiro gol de Julia. A pesar de merecer máis, fomos ao descanso co 0-1.Tras o paso polos vestiarios seguimos controlando o balón mentres o Unión Campestre agardaba nun bloque baixo buscando algunha contra.
Entre o minuto 60 e o 80 tivemos os nosos mellores momentos e Julia completou o seu hat-trick. Xa ao final, nunha gran presión de Sadirah, provocouse un penalti que Antía Rojo transformou para o definitivo 0-4.
Noraboa ás xogadoras pola vitoria e a Julia polos tres goles. Seguimos partido a partido coa ilusión posta no seguinte encontro ante o Milagrosa”.
O Unión Campestre presentouse ao encontro con só 12 xogadoras.
Goles:
0-1 Julia (22´)
0-2 Julia (66´)
0-3 Julia (76´)
0-4 Antía Rojo (89´)
CF Corme 2-1 Victoria CF C
Vitoria de mérito do Corme ante un dos equipos máis atractivos da liga.
Rubén Souto (adestrador do Corme):
“Quen nos ía dicir fai catro anos que veriamos a un equipo feminino do Victoria xogar no Cairo. É un club referente no fútbol feminino galego e, para min, este Victoria C é o equipo que máis me gusta como xoga.
Comezamos moi ben, con varias ocasións claras: un man a man de Carla, un tiro de Claudia que sacan na liña e unha falta de Carla que ía pola escuadra e que a porteira sacou cun paradón.
Nun despiste defensivo chegou o 0-1 de Julia antes do descanso. Fixemos axustes na presión á saída de balón e o partido cambiou. Chegaron os goles de Claudia tras roubo en presión e de Ana Suárez nun córner.
Tivemos ocasións para ampliar a vantaxe, aínda que tamén sufrimos en accións individuais de Julia, pero o marcador xa non se movería”.
Goles:
0-1 Julia (25´)
1-1 Claudia (65´)
2-1 Ana Suárez (78´)
Clasificación
1º SD Tordoia: 58
2º Muxía CF: 58
3º Bergantiños FC B: 49
4º SCD Milagrosa: 41
5º Victoria CF C: 40
6º CF Corme: 36
7º CF Dumbría: 32
8º UC Cee: 32
9º Eirís SD: 30
10º SD Esteirana: 28
11º SD San Lázaro: 28
12º Unión Campestre: 24
13º Brexo Lema SD: 18
14º Orillamar SD: 12
15º Cultural Maniños: 8
16º AD Nicrariense: 8
17º SDC Órdenes: 4
.
2ª GALEGA FEMININA G1
23ª Xornada
Domingo 08/03/2026
CF Dumbría – Orillamar SD, ás 12:00
CF Muxía – Cultural Maniños, ás 12:00
SD Tordoia – CDR Esteirana, ás 12:15
Victoria CF “C”– Unión Campestre, ás 12:30
AD Nicrariense – CF Corme, ás 16:00
SDC Órdenes “C” – UC Cee, ás 17:00
Bergantiños FC “B” – SCD Milagrosa, ás 17:00
Brexo Lema SD – SD San Lázaro, ás 19:00
Descansa : Eirís SD
-Os horarios non son definitivos.
.
-Foto Bergantiños : Marcos Núñez
.-Foto Dumbría : Santi Cubelo
-Foto Muxía : Marina Busto
-Foto Esteirana-Dumbría : FaceBook CF Dumbría Senior Femenino
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios adestradores . propios e baixo a sua responsabilidade

