2ª GALEGA FEMININA G1
20ª Xornada
Domingo 15/02/2026
Unión Campestre 1-2 CF Dumbría
UC Cee 3-5 Victoria CF “C”
SD San Lázaro 0-3 Bergantiños FC “B”
SCD Milagrosa 3-5 CF Muxía
CF Corme 1-2 SD Tordoia
SCDR Esteirana 2-0 Cultural Maniños
SDC Órdenes “C” 0-3 Brexo Lema SD
Eirís SD 1-1 AD Nicrariense
Descansa : Orillamar SD
AVISO : As crónicas quedan abertas e iremos incrementando os comentarios dos adestradores que nos vaian chegando.
CRÓNICA XERAL
Os equipos da costa, con vento a favor
A xornada 20 deixou boas novas para o fútbol feminino da costa, con victorias de Muxía, Dumbría, Esteirana e Bergantiños B, mentres que o Cee caeu nun encontro tolo de goles e o Corme caía pero facéndolle fronte o lider, Tordoia.
A loita polos postos altos segue ao vermello vivo, co Muxía colider mantendo o pulso co Tordoia polo liderado e o Bergantiños B asentado na terceira praza.
CRÓNICAS
Unión Campestre 1-2 CF Dumbría
Partido moi traballado das dumbriesas, que souberon sufrir e golpear no momento xusto
Goles:
1-0, m.24: Norma;
1-1, m.50: Carla Recarey;
1-2, m.80: Carla Recarey, de penalti.
O CF Dumbría sacou tres puntos de ouro nun campo complicado. Tras irse ao descanso por detrás no marcador, o equipo reaccionou tras o paso por vestiarios, cunha Carla Recarey decisiva, asinando un dobrete e transformando con sangue frío o penalti que decidiu o encontro nos minutos finais. Triunfo de carácter dun Dumbría que segue firme na zona media-alta da táboa.
Santi Cubelo, (adestrador do CF Dumbría) :
“Viaxabamos mermadas en número polas baixas, sen as máis veteranas e sen xogadoras importantes, pero as pequenas demostraron que cada día son menos pequenas.
Non foi o noso mellor partido en canto a xogo; de feito, seguramente foi o que máis nos custou manter a posesión do balón. Campo pequeno e, a nivel físico, estivemos un puntiño por debaixo do rival. Aínda así, non pararon de pelear, tendo algunha clara para poñernos por diante e non viñéndonos abaixo cando, nunha mala defensa na área, regalamos un balón no bordo que terminaría en gol. Nese momento o equipo desordenouse un pouco e non fomos capaces de reaxustar ata o descanso.
Á volta do vestiario, tendo un pouco máis claro como podiamos facer dano, fixémonos cun pouco máis de dominio e, tras un bo balón ás costas, Carla poría o empate no marcador. A partir dese momento o partido descontrolouse e chegaban ocasións para ambos equipos sen poder ningún dos dous poñerse por diante. Aproveitariamos un erro das rivais para irnos soas cara á portería e, cando case cantabamos o gol, a porteira rival derribaba a Carla cometendo penalti e sendo expulsada. A propia Carla asumiría a responsabilidade e poría o 1-2.
Con moito tempo por diante, soubemos sufrir, sen moito criterio ofensivo, e tendo o Campestre varias ocasións para lograr o empate. Cando polo normal nos toca a cruz, hoxe tocou cara. Seguramente non merecíamos os 3 puntos e un empate sería o máis xusto, pero tamén outras veces merecemos os 3 e non sumamos ningún, polo cal desfrutámolos con máis ganas aínda.
Hai que seguir traballando mentres as pequenas seguen medrando.”
UC Cee 3-5 Victoria CF “C”
Partido sen rede, con alternativas e oito goles
Goles:
0-1, m.1: Julia;
0-2, m.9: Julia;
0-3, m.23: Irene;
0-4, m.27: Ariadna;
1-4, m.41: Paula Veiga;
2-4, m.45: Paula Veiga;
2-5, m.63: Ariadna;
3-5, m.63: Paula Veiga.
O UC Cee pagou moi caro un inicio desastroso, encaixando catro goles antes da media hora. A pesar diso, o equipo ceense non baixou os brazos e chegou a meter medo cunha espectacular Paula Veiga, autora dun hat-trick.
Demasiadas concesións defensivas ante un rival moi efectivo que acabou levando os puntos.
SD San Lázaro 0-3 Bergantiños FC “B”
Partido serio e controlado polas carballesas
Goles:
0-1, m.9: Andrea;
0-2, m.45: María Tojo;
0-3, m.76: Carmen.
Incidencias: O equipo carballés quedou cunha menos no 95´ cando vía dous cartóns amarelos Antía, que levaba no campo 12 minutos.
O Bergantiños FC B fixo valer a súa condición de terceiro clasificado cun encontro moi sólido, marcando nos momentos clave e sen dar opcións reais ao rival, incluso xogando os últimos minutos en inferioridade.
Marcos Núñez, (adestrador do Bergantiños FC “B”) :
“Saída complicada a un dos equipos da capital lucense.
A pesar da veteranía do rival, saímos moi concentradas, xerando moitas ocasións nos primeiros minutos, dous man a man de María Tojo e, froito desa superioridade, permitiunos poñernos por diante no minuto 9 con gol de Andrea Lamas, unha xogadora en idade cadete que desfrutaba da súa primeira titularidade con gol.
O equipo non se relaxou, seguimos dominando coa posesión de balón e isto volveunos permitir marcar xusto antes do descanso por medio de María Tojo, nunha gran xogada individual, encarando portería e deixando dúas rivais atrás por velocidade.
Na segunda metade o rival quere levar o partido a unha parte máis bronca e física, que me fai vivir unha das peores accións que vin dentro dun partido dende que son adestrador. A nosa central Amelia sae en condución e a dianteira rival dálle unha patada sen opción ningunha de querer ir ao balón (que para min é unha agresión en toda regra), o cal o árbitro só sanciona con cartón amarelo para a xogadora do San Lázaro. Pouco despois, nunha acción de estratexia, facemos o 0-3 definitivo.
O rival, alentado polo ambiente tenso da súa afección, segue xogando ao límite do regulamento e cada balón dividido, o que fai que en menos de 10 minutos primeiro quedemos cunha xogadora menos por protestar unha falta e, de seguido, outra entrada fóra de lugar fáinos quedar con 9 xogadoras pola lesión nun xeonllo da nosa dianteira Julia.
Conclusión positiva: o 0-3 e o +3. O peor, as dúas lesións, con visita ao hospital nada máis chegar da viaxe de Lugo. Por sorte, as dúas evolucionan ben, sen consecuencias moi graves.
Contento polo grupo, por como souberon dentro do posible xestionar a tensión do partido e porque as lesións non foron de gravidade. Agora, a pensar xa no noso derbi co Corme na nosa casa o vindeiro fin de semana.
Unha pena que desta vez non poida darlle a noraboa ao rival polo seu comportamento.”
Barca Toba fixo dous dos goles do Muxía.
SCD Milagrosa 3-5 CF Muxía
O Muxía non falla e segue a soñar co liderado
Goles:
0-1, m.22: Raquel;
0-2, m.35: Barca Toba;
0-3, m.46: Eva Lema;
1-3, m.56: Ángela;
1-4, m.57: Barca Toba;
1-5, m.69: Laura Doce;
2-5, m.81: Ana Seguín;
3-5, m.90: Aurora.
O CF Muxía sacou adiante un partido moi esixente nun dos campos máis complicados da categoría. As muxiás foron contundentes arriba, con Barca liderando o ataque, e mantéñense empatadas a puntos co Tordoia no máis alto da clasificación.
CF Corme 1-2 SD Tordoia
Plantoulle cara o Corme ao lider a pesares das inclemencias do tempo e ben puido darlle un disgusto as tordoiesas e poñerlle unha man o Muxía.
Rubén Souto, (adestrador do CF Corme) :
“Partido 100 % condicionado polo vento. Unha parte para cada equipo, na que o noso rival foi quen de marcar máis goles ca nós cando o vento lle favoreceu e de aí que se leven a vitoria.
Moi contento co meu equipo en canto ao nivel competitivo. Viñamos daquel 9-2 moi condicionado polas baixas e neste partido da volta conseguiron igualar de ti a ti o encontro contra este gran Tordoia, demostrando que a distancia entre ambos equipos non era para nada o visto na ida.”
Goles:
0-1, Rebeca, (12´);
0-2, Marta, (27´);
1-2, Saskia, (63´).
SCDR Esteirana 2-0 Cultural Maniños
Tres puntos de moito mérito nun encontro marcado polas baixas
Goles:
1-0, m.58: Rut;
2-0, m.74: Melania.
A SCDR Esteirana chegou ao encontro con numerosas baixas e só un recambio no banco, igual que o Cultural Maniños que tiña un efectivo máis, pero soubo competir á perfección.
Fran Figueroa (adestrador da Esteirana):
“Encontro marcado pola baixa de última hora da nosa capitana Bárbara, que nos condicionou o plan previsto e houbo que axustar sobre a hora. Así e todo foi un partido dominado por completo. Na primeira parte estivemos espesas nos últimos metros, sen atopar ocos nunha defensa que acumulaba xogadoras polo carril central.
Na segunda parte atacamos mellor, xerando espazos e dándolle máis sentido ás xogadas, cunha Nuria diferencial entre liñas atopando a Rut e a Mel continuamente en zonas de finalización. En ningún momento vimos peligrar o resultado e puidemos celebrar o cumpreanos de Lara, Mel e Jose sumando de tres.”
Bergantiños “B” feminino no podio da liga.
.
CLASIFICACIÓN
1º Tordoia – 52 pts
2º Muxía CF – 52 pts
3º Bergantiños FC “B” – 45 pts
4º SCD Milagrosa – 38 pts
5º Victoria CF “C” – 37 pts
6º Corme CF – 32 pts
7º CF Dumbría – 31 pts
8º SCDR Esteirana – 27 pts
9º UC Cee – 26 pts
10º SD San Lázaro – 25 pts
11º Eirís SD – 24 pts
12º Unión Campestre – 24 pts
13º Brexo Lema SD – 18 pts
14º Orillamar SD – 9 pts
15º AD Nicrariense – 8 pts
16º Cultural Maniños – 8 pts
17º SDC Órdenes “C” – 4 pts
.
2ª GALEGA FEMININA G1
21ª Xornada
Domingo 22/02/2026
AD Nicrariense – UC Cee
CF Dumbría – SCD Milagrosa
Cultural Maniños– Orillamar SD
CF Muxía – SCDR Esteirana, ás 12:00
Victoria CF “C” – SD San Lázaro, ás 12:15
SD Tordoia – Unión Campestre, ás 12:15
Bergantiños FC “B” – CF Corme, ás 16:00
Brexo Lema SD – Eirís SD, ás 19:00
Descansa : SDC Órdenes “C”
AVISO : Os horarios non son definitivos
.
-Fotos Muxía : Marina Busto
-Fotos Dumbría : Santi Cubelo
-Fotos Esteirana : Fran Figueroa
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : propios e baixo a responsabilidade dos comentaristas.




