2ª GALEGA FEMININA G1, (16ª Xda) : “Muxía, Corme, Esteirana e Bergantiños suman nunha xornada case perfecta”.

2ª GALEGA FEMININA G1

16ª Xornada

18/01/2026

CF Dumbría 1-2 Eirís SD

SD Tordoia 9-0 SDC Órdenes “C”

Cultural Maniños 0-2 SD San Lázaro

Orillamar SD 0-1 CF Corme

CF Muxía 8-1 UC Cee

SCDR Esteirana 5-1 Unión Campestre

Victoria CF “C” 7-0 AD Nicrariense

Bergantiños FC “B” 4-1 Brexo Lema SD

Descansou : SCD Milagrosa

Comentario xeral da xornada 

Xornada moi produtiva para os equipos da costa, con triunfos de peso que manteñen a varios deles nas posicións nobres da táboa. O CF Muxía segue intratable e goleou con autoridade no derbi ante o Cee para continuar a estela do líder Tordoia. O CF Corme sacou tres puntos de ouro ante o Orillamar nun partido trabado que se decidiu no treito final, mentres que a Esteirana impúxose con claridade na primeira metade para acabar vencendo con solvencia.

Tamén sorríu a xornada para o Bergantiños FC “B”, que superou ao Brexo Lema con paciencia e pegada na segunda parte, asentándose na terceira praza. Pola contra, o CF Dumbría quedou sen premio ante o Eirís nun encontro no que competiu ben pero pagou erros puntuais.

Crónicas

 

CF Dumbría 1-2 Eirís SD

Goles:
0-1, Sara, (20´)
0-2, Carolina, (36´)
1-2, María, (81´)

O Dumbría comezou o partido bastante enchufado, sabendo ler ben o encontro e xerando espazos ante un rival ben organizado e que concedía moi pouco. Cando máis preto estaba o gol local, un erro na saída de balón mudou o guión e puxo por diante ao Eirís. Pouco despois, nun córner mal defendido, as visitantes ampliaban a vantaxe. As costeiras seguiron xerando antes do descanso, pero entre a falta de puntería e a boa defensa rival foi imposible recortar distancias.

Na segunda metade víronse dous equipos con intencións claras: un Dumbría envorcado na procura do gol e un Eirís que buscaba defenderse e matar o partido á contra. Nos minutos finais María devolvía a esperanza co 1-2, pero pese a insistir ata o final, o empate non chegou.

Santi Cubelo (adestrador do CF Dumbría)

“Saímos bastante enchufadas, sabendo ler o partido e xerando espazos contra un equipo que se defendía ben e permitía moi pouco. Cando máis preto estabamos de poder poñernos por diante, un erro en saída invertería a situación, poñéndose o Eirís 0-1. Chegaron minutos de desconcerto e, nun córner mal defendido, o equipo visitante aumentaría a vantaxe. O equipo seguiu xerando e intentando recortar distancias antes do descanso, pero entre a falta de puntería e a boa defensa do Eirís foi imposible.

Á volta de vestiarios víronse dous equipos con intencións claras: un Dumbría que buscaría o gol e un Eirís que buscaba defenderse e matar o partido á contra. O marcador non se movería ata os minutos finais, onde María nos daba esperanzas e nos fixo soñar co empate e, aínda que non paramos de buscalo, non puido ser”.

Orillamar SD 0-1 CF Corme

Gol: 0-1, Claudia, (89´)

Triunfo vital do Corme nun encontro moi esixente. As cormelás apostaron por un bloque baixo, ben ordenado e con ideas claras, o que complicou moito o xogo das cormelás, que levaron o peso do partido pero sufriron nalgunhas contras perigosas.

Claudia xa avisara cun tiro á cruceta minutos antes e, no treito final, unha falta colgada por Carla atopou á dianteira, que definiu como a gran goleadora que é para dar tres puntos moi celebrados.

Rubén Souto (adestrador do CF Corme):

“Chegabamos moi necesitadas de sumar un +3 e non foi para nada un partido fácil. Un equipo cun bloque moi baixo, pero cun traballo a nivel defensivo moi bo, ben ordenado e coas ideas moi claras, puxéronnolo moi difícil. Incluso con nós volcadas todo o partido en campo rival, pilláronnos nun par de contras que nos puideron complicar moito máis o encontro.

Viña de avisar Claudia cun tiro á cruceta cinco minutos antes xa, e foi nunha falta colgada por Carla cando non seguen a marca de Claudia e esta finaliza como a gran dianteira que é, dándonos os tres puntos tan ansiados por todas. Alégrome moito por todas elas, que a pesar da mala racha de resultados non deixaron de traballar co mesmo compromiso e co mesmo bo rollo dentro do vestiario que cando se gaña.

Así que estes tres puntos van dedicados a elas e á nosa afección, que nos segue a todas partes”.

CF Muxía 8-1 UC Cee

Goles:
1-0, Aroa (pp), (1´)
2-0, Raquel, (9´)
3-0, Nerea Barrientos, (14´)
4-0, Patri Romaní, (25´)
5-0, Barca Toba, (26´)
6-0, Barca Barca, (26´)
7-0, Eva Lema, (36´)
8-0, Lucía Rodríguez (pp), (82´)
8-1, Lucía Martínez, (87´), de penalti

Exhibición do Muxía nun derbi sen historia. As da Vila da Barca decidiron o encontro nos primeiros minutos cun ritmo altísimo e unha efectividade demoledora. O Cee apenas puido conter a avalancha e acabou sufrindo unha derrota dura nunha tarde totalmente dominada polas muxianas, que seguen na loita polo liderado.

SCDR Esteirana 5-1 Unión Campestre

Goles:
1-0, Bárbara, (15´)
2-0, Rut, (19´)
3-0, Bárbara, (22´)
4-0, Rut, (38´)
5-0, Rut, (44´)
5-1, Yadura, (65´)

A Esteirana resolveu o partido nunha primeira metade impecable, cunha presión alta que impediu ás visitantes saír do seu campo. Nesta ocasión, as locais estiveron atinadas de cara a gol e puideron incluso ampliar a renda.

Na segunda parte baixou o ritmo e o partido fíxose máis trabado, pero a vitoria nunca correu perigo. A nota negativa foi a lesión da porteira Maruxa, a que lle desexamos unha pronta recuperación.

Fran Figueroa (adestrador da SCDR Esteirana):

“Nova vitoria das nosas na casa, nun partido marcado por unha primeira parte onde a superioridade local foi incontestable, cunha presión alta que impedía que as xogadoras rivais mantiveran o balón e saíran do seu campo. Ademais, desta volta si que conseguimos materializar as ocasións xeradas e incluso puidemos aumentar a renda.

Na segunda parte xa non parecíamos o mesmo equipo, baixamos moito o ritmo e por momentos concedemos máis da conta con balóns horizontais que as rivais souberon aproveitar para meter o seu gol. O partido virou máis feo e trabado, pero en ningún momento perigou a vitoria.

A nota negativa foi a lesión de Maruxa, a nosa porteira, que viña de reincorporarse dunha cirurxía menor. Notou un forte chasquido nunha saída no seu xeonllo dereito e deixounos novamente sen poder desfrutar dunha boa recompensa. Esperamos que sexa menos do que pinta e poidamos sacar a cabeza co lastre das baixas que vimos arrastrando e, aínda así, seguimos sendo un equipo competitivo cada sete días”.

Bergantiños FC “B” 4-1 Brexo Lema SD

Goles:
1-0, Paula, (4´)
1-1, Sandra, (47´), de penalti
2-1, Carmen, (50´)
3-1, Carmen, (67´)
4-1, Naia, (87´)

Vitoria sólida do filial bergantiñán nun encontro máis igualado do que reflicte o marcador. Tras adiantarse cedo, o Bergan soubo ter paciencia ante un rival moi pechado. O empate de penalti nada máis comezar a segunda parte non descentrou ás carballesas, que reaccionaron con autoridade e sentenciaron con tres goles máis.

Pablo Djalma (adestrador do Bergantiños FC “B”):

“Vitoria por 4-1 na casa fronte ao Brexo Lema nun partido máis esixente do que pode indicar o marcador final. A primeira parte foi bastante igualada, aínda que conseguimos adiantarnos nos primeiros minutos, algo que deu tranquilidade ao equipo ante un rival que apostou durante practicamente todo o encontro por un plantexamento moi defensivo.

Xa na segunda metade, o Brexo Lema conseguiu marcar desde o punto de penalti tras unha man na área, o que momentaneamente axustou o marcador. A resposta do equipo foi moi boa e, co paso dos minutos, fomos ampliando a vantaxe con tres goles máis: dous de disparo lonxano e outro nunha acción á contra, que acabaron por decantar definitivamente o partido.

Xa co encontro practicamente resolto, tivemos a opción de facer o quinto gol desde o punto de penalti, pero a porteira rival estivo acertada e conseguiu adiviñar e deter o lanzamento. Un triunfo baseado na paciencia, na constancia e na capacidade do equipo para atopar solucións ante un rival pechado. Moi contento do traballo do equipo, que segue demostrando compromiso, ambición e unha gran unión dentro e fóra do campo. Este é o camiño a seguir”.

.

Clasificación 

1º Tordoia : 42 puntos
2º Muxía : 40
3º Bergantiños “B” : 33
4º Milagrosa : 29
5º Corme : 26
6º Dumbría : 26
7º Victoria “C” : 25
8º Esteirana : 24
9º San Lázaro : 24
10º UC Cee : 24
11º Eirís : 23
12º Unión Campestre : 18
13º Brexo Lema : 14
14º Cultural Maniños : 8
15º Orillamar : 6
16º Nicrariense : 5
17º Órdenes : 3

.

2ª GALEGA FEMININA G1

17ª Xornada

25/01/2026

SDC Órdenes “C” – Bergantiños FC “B”

UC Cee – CF Dumbría

Brexo Lema SD Victoria CF “C”, ás 12:15

Unión Campestre – Orillamar SD, ás 12:30

SCD Milagrosa SCDR Esteirana, ás 16:00

CF Corme  Cultural Maniños, ás 18:00

SD San Lázaro  CF Muxía, ás 18:00

Eirís SD  SD Tordoia, ás 18:00

Descansa : AD Nicrariense

Os horarios son oficiosos non oficiais eses poñerémolos o ser firmes na AXENDA PIRATA.

.

-Foto Esteirana : Fran Figueroa

-Foto Bergantiños B : Pablo “Djalma”

-Fotos Muxía : Marina Busto

-Foto Dumbría : Santi Cubelo

-Foto Corme : Rubén Souto

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Coemtarios : Propios dos adestradores