2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO B , (1ª xornada) : EMPATE DO BERGANTIÑOS CF CO PASTORIZA, (2-2) E DERROTA DO UD CERQUEDA, (0-1) NO SEU HISTÓRICO DEBÚT NA CATEGORÍA.

Equipo histórico do UD Cerqueda.

 

UD Cerqueda 0-1 Xuventude de Crendes CF

Debút histórico no fútbol feminino e na categoría do clube da parroquia malpicana de Cerqueda, que caeu pola mínima cun tanto da visitante Noa Aldao aos 5 minutos de xogo, que a postre lle daría a vitoria as visitantes, nn choque igualado e moi disputado.

Neste debút histórico das cerquedenses no Xaviña de Buño participaron : Nuria Tuset, Paula Veiga, Lucía Canosa. Michelle, Almudena, Lídia, Raquel, Ana María, Uxía, Lucía Dourado e Lorena, (11 inicial). Ademáis de Nayara que entraba no reinicio do choque tras paso por vestiarios no eido de Michelle. No banco tamén estiveron : Mónica Loureiro e María Isabel.

No corpo técnico estiveron : Jorge Guillamet, (adestrador), con Guillermo Guillamet e Dani García, como axudantes.

 

SCD Pastoriza 2-2 Bergantiños CF

Miguel Ángel Cotelo, (Adestrador do Bergantiños CF Feminino) : “O Pastoriza sacou proveito de das acción a balón parado. O Bergantiños foi claro dominador aínda que nos primeiros compases non se encontrou moi cómodo no campo. O forte vento facía que fose moi imcómodo xogar. Ata a metade da primeira parte non haberia demasiadas ocasións, aínda que o equipo que mais se acercaba á portería rival eran as carballesas, pero sen demasiado perigo. As locais so se acercaban á portería de Andrea con balóns longos ás súas xogadoras de ataque.
 

Na segunda parte o Bergantiños meteu unha marcha mais e empezou a achegarse mai perigosamente á portería da porteira local. Nunha incorporación en ataque da central Laura Caamaño, a mellor das carballesas e que debutaba, rematou as redes un centro de Lore dende a banda. Seguidamente puido sentenciar a outra debutante Bárbara pero errou a porta vacía a pase de Cruz. Nunha acción aislada no saque dunha falta, o árbitro pitaba un penalti mais ca dudoso. Paula empataba para as locais. Bárbara volveu a encarar portería pero o seu lanzamento foi ao pau. Cruz, a 7 min do final, desbordaba por velocidade e poñía o 1-2 que parecía definitivo. Pero no tempo de desconto e,  noutra falta lateral o Pastoriza colgaba o balón á área e outra vez Paula colocaba o definitivo 2-2″.

Goles : 0-1, Laura Caamaño, (58´); 1-1, Paula Sánchez, (69´de penalti); 1-2, Cruz Sánchez, (83´); 2-2, Laura Sánchez, (90´).

 

-Foto: UD Cerqueda

-Texto : piratasdemuxia/Miguel Ángel Cotelo