2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3, (4ª Xda) : “VITORIA DO UC CEE FEMININO EN VILAGARCÍA DE AROUSA, (1-2)”

Instante do encntro que nos achega unha afeccionada do UC Cee.

 

Atlético Arousana 1-2 UC Cee

Muchi, (Coordinador do UC Cee) : “Desprazábanse as ceenses a Vilagarcía para enfrontarse ao Arousana B, onde foron quen de sumar 3 novos puntos. Moi ordeadas dende o principio, pronto foron inclinando a balanza a favor, avisando en dúas xogadas a balón parado e con Lucía Canosa que tras xogada individual dispara rozando o pau. Foi o aviso previo ao gol, despois de que nun córner unha rival desviara o balón á sua portería. Uxía comezou a facer dano nas transicións, pero onde máis preto estivo do gol foi nun rexeite do largueiro que non chegou a rematar. Antes do descanso, Sharay controlaría un balón na área e tras un recorte á sua rival definiu perfectamente ao pau longo.

Así chegaríase ao descanso, cunhas visitantes moi sólidas que non deixaban xogar ás rivais con comodidade e que aproveitaban cada opción, cun gran esforzo de todo o equipo. Mesmo esforzo que nunha segunda metade con menos fútbol e cos dous equipos aguantando o cansanzo do campo mollado. Tivo opción Lucía Martínez nun man a man de meter o terceiro pero a porteira desviouna a córner.E tras un balón solto, as locais preto do remate do partido conseguirían acurtar distancias no marcador. Ainda lle dou tempo a Lucía Canosa de ser derribada cando se plantaba nun man a man para resolver, e de tirar dita falta por riba da portería. Despois, só aguantar as últimas acometidas do rival para levarse tres valiosos puntos que lles permiten estar arriba na táboa, grazas a un gran esforzo físico e defensivo de todo o equipo”.

 

FICHA TÉCNICA

 

PRÓXIMO ENCONTRO

UC Cee-Victoria CF “C”

-Campo : San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee)

-Xornada : 5

-Data oficial :  Domingo 20/10

-Hora : 12:00

-Texto : Muchi, 

-Foto : Afeccionada do UC Cee

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.