2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3, (4ª Xda) : “VITORIA AGRIDOCE DO ED AS MIÚDAS”.

 

ED As Miúdas 5-2 UD Santiso FC

Fran Figueroa, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Agridoce e madurada victoria con remontada das Miúdas que outra semana máis teñen que ver como sofren baixas por lesión.
Arrancaba o partido mellor para as visitantes, que non desaproveitaron a rexación inicial das de Muros para facer o 0-1 tralas dudas na saída de Adriana que deixou o balón franco no borde sendo batida por baixo por Ana. Seguían as de Santiso mellor colocadas e gañando a batalla na parcela central sin que as locales puideran competirlle o dominio do balón.

Co paso dos minutos as costeiras iban atopando onseu sitio no campo e lanzando algunha contra rápida para achegarse á portería dunha segura Cristina, a mellor ocasión tras un libre directo executado por Laura que a gardamallas bloca con oficio. E no minuto 36 chegaría o empate, sería froito de ir madurando o encontro cando Ainoa sacaría o lastre que viña acumulando dende o arranque de temporada con mala sorte cara a portería, e con este primeiro desatouse o vendaval de Outes, 3 minutos despois do empate remataría cun fermoso testarazo un saque de curruncho ben botado por Laura para rubricar a remontada e marchar en vantaxe para os vestiarios nunha primeira metade de alternancia no dominio.

A volta das casetas unha Ainoa desatada entraría polo vértice da area evitando as envestidas das defensoras e batiu por baixo a Cristina no minuto 4 da segunda metade. As locales con unha marcha máis de intensidade nos balóns divididos tralo descanso, apenas deixaban ocos nas disputas presionando en campo rival e buscando polos extremos a Gala, que sustituía a Marta que se mancou no quecemento cun forte golpe na cara, causando baixa que esta por determinar, e polo outro extremo a Ainoa, que lonxe de conformarse co triplete atopou o seu póker particular o finalizar con contundencia un balón de Antía ás costas da zaga, 4-1 no minuto 68.

s visitantes tampouco tiraban a toalla e con moita brega chegaban ás inmediacións da area de Adriana que nesta segunda parte se mostrou segura e contundente, así e todo nun balón escorado en banda, tras varios fallos nas marcas das de Muros, nada podería facer para evitar que Silvia se anticipase no primeiro pau para recurtar diferencias no minuto 79. Pero sería Gala, gañando ás costas a 2 defensoras quen poría o broche final cunha fermosa vaselina ca súa perna mala ante a saída de Cristina.

Victoria local que sitúa o equipo da Costa da Morte nunha zona cómoda na clasificación, con dedicatoria e moito ánimo para unha Marta que terá que repousar polo menos un mes tralas primeiras exploracións tralo golpe fortuíto na cara antes do comezo do encontro”.

FICHA TÉCNICA

 

Marta Verán acabou  lesionada e tivo que abandoar o terreo de xogo.

O desexo dunha pronta recuperación por parte de todos/as suas compañeiras/os,

un desexo o que nos unimos.

 

-Texto : Fran Figueroa

-Fotos : Chema Caamaño

-Ficha Técnica : RFGF-piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies