2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3, (2ª Xda) : “O ED AS MIÚDAS GOLEA O TOURO SD NO SEU DEBÚT DA TEMPADA NO ELEUTERIO BALAYO”

 

ED AS MIÚDAS 6-2 TOURO SD

Fran Figueroa, (Adetrador do ED As Miúdas) : “Volta á competición ligueira no Eleuterio Balayo no que supoñía o segundo partido para as Miúdas trala visita a Noia. Entraron máis que entonadas as locales que pronto conseguiron meter no seu campo as de Touro, pero as tres o asións iniciales iban fora ou topaban cunha segura Elena blocando o balón para tranquilidade das visitantes.
Si atoparon premio na única ocasión de perigo das tourenses, Rocío non desperdicióu a oportunidade batindo a Adriana raso e colocado o segundo pau.

Lonxe de virse abaixo as “rosinejras” continuaron dominando o balón e as ocasións, enlazando xogadas desde o medio para lanzar en profundidade a Marta e Ainoa, e tras un rexeite nun saque de curruncho, María Dosil machaca a escadra demde dentro da area pequena refrendando o dominio das de Muros no minuto 27. O aluvión ofensivo era constante, Ainoa non paraba de gañar a súa marcaxe e so con faltas podían evitar que encarase na area, así nunha das múltiples faltas na frontal, Antía executou centrado pero o bote diante da arqueira envelenouse por mor da choiva sorprendendo á porteira no minuto 35.  O guión repiteuse no minuto 42, outro libre directo, desta volta máis preto da frontal da area, foi Laura con decisión e pateou a media altura ben colocado facendo inútil a estirada de Elena.
3-1 o descanso.

No reanudamento o balón seguía capitalizado polas de Muros, que cando o perdían intensificaban a súa presión para recuperalo e lanzar de volta o ataque para ledicia dunha fiel bancada que disfrutaba co esforzo mostrado, e de volta unha falta sobre Ainoa cando iba encarar a area foi aproveitada por Antía para mandar outro misil á rede no minuto 58. No 61 aparecería a perla da canteira, unha Marcela que novamente mostraría o seu ímpetu dende o lateral sumándose en ataque e enganchando unha volea dende case 40 metros que se volveu a colar pola escuadra nun calco do gol acadado a semana anterior ante o Noia, e non é casualidade.

 

As costeiras dominaban a situación e defendían con contundencia os intentos do Touro por inquietar a Adriana, pero novamente, desta volta sobre Eva unha falta de Selene que cortaba a carreira da de Serres, levando cartón amarelo e que vería como Antía conseguiría materializar os seu triplete particular en xogada a balón parado nun lanzamento que a porteira logra tocar pero que se acaba colando pola súa escadra esquerda.  Iria pudo facer o séptimo pero sería novamente Rocío, a máis entonada das visitantes a que poría o definitivo 6-2 no casilleiro, nun partido moi completo das locales non que so puideron cortar as de Touro con faltas pero mostrando sempre unha actitude deportiva e competitiva.

Destacar o debut oficial polas locales de Sofía, Mariña e Adriana Riomao, que ven refrendado o seu bo facer entre semana para axudar a unhas Miúdas moi renovadas”.

 

 

FICHA TÉCNICA

 

INCIDENCIAS

As rapazas e corpo técnico do ED As Miúdas adicáronlle a vitoria a sua compañeira Ángela que se lesionou a pasada semana e que enesta instantánea está co 2º adestrador Fer no centro hospitalario tras sufrir a lesión. O noso desexo tamén dunha pronta recuperación para poder estar facendo o que máis lle gusta cas suas compañeiras.

 

CLASIFICACIÓN

 

 

-Texto : Fran Figueroa e piratasdemuxia.es

-Fotos : Ana de Esteiro e ED As Miúdas

-Ficha Técnica e Clasificación : RFGF e piratasdemuxia.es.

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es