2ª DIVISIÓN FEMININA GALEGA GRUPO B : “EMPATE DO BERGANTIÑOS CF QUE SEGUE MANDANDO NA LIGA E DERROTA POLA MÍNIMA DO UD CERQUEDA”.

 

Bergantiños CF 0-0 SCD Pastoriza

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños CF) : “O Bergantiños dominou en todo momento no que a ocasións refírese xa que dispuxo dunhas cantas en botas de cruz, Yaiza,alba, Noe, isa,pero ningunha foi quen de materializar ningunha delas ,unhas veces por falta de acerto e un par delas pola porteira visitante,pola contra o equipo visitante non chego a inquietar en ningún momento á porteira local Andrea.

O partido foi disputado cun Bergantiños que propoñía pero faltáballe acertar nos metros finais ,e un Pastoriza que se defendía e xogaba a balón longo sen facer dano ,salvo algunha acción illada que non pasaba a maiores .

O equipo rojillo mellora en cada partido e neste caso só a falta de acerto pasoulle factura ,este Empate sérvelle ao equipo de Carballo para seguir mandando na clasificación en solitario e segue dependendo de se mesmo para clasificarse para a fase de ascenso.
A semana que vén o conxunto rojillo visitará ao vitoria noutro partido importante para as aspiracións rojillas”.

Incidencias : Partido correspondente á 6° xornada da Segunda División Feminina disputado en As Eiroas que enfrontou ao Bergantiños e ao Pastoriza ante uns cen espectadores.

 

Xuventude de Crendes CF 1-0 UD Cerqueda

Un gol de Marta Barbeito aos 75 minutos de xogo chegoulle ao equipo de San Tirso àra levarse os 3 puntos ante as cerquedenses que buscaron levarse algo en limpo do campo do “Monte”, ata o pitido final.

-Foto e Texto : Gueli Cotelo