O “Toralín” un dos campos que visitaremos a vindeira tempada.
Unha Segunda máis interesante para o afeccionado
Eu fai anos que non sou devoto da 1ª División. Si sei que fai falla polo asunto dos cartos, xa que aí é onde están os cartos das televisións, polo demáis a máxima categoría do fútbol español é unha liga de ricos e probes. Os que moven presupostos de máis de 500 millóns, (sen decalarar como Sociedades Anónimas e sen topes salariais), contra os de 60-70 millóns de euros, os que teñen que facer números para cadrar as contas e os xogadores que poden dar de alta, (sen pasarse). Eso da un nivel penoso de capitalismo e soberbia ante paganismo e humildade, auspiciado pola LFP e pola mairoía dos medios de comunicación que profesan nas suas horas e horas de trasmisións para alabar as excelencias de Madrid e Barcelona e ningunear o resto. Logo están os da parte intermedia, os “gorrións”, os que collen as miaxas que lles deixan, os ricos e que chamemos : os medio-ricos.
A tempada 2019/20 na Segunda División vai a ser moito máis atractiva. Hai quen dí que en Primeira enches o campo ca visita do Madrid e o Barcelona, pero eso é unha insignificancia comparado co volume de afeccionados que moven a Coruña e que deixan moito parné, e ca devolución da visita nosa ao Sporting de Xixón, CD Lugo, Real Oviedo e esta tempada temos que sumarlle Racing de Santander e Ponferradina, nunha liga na que ademáis temos a Mirandés ou Rayo Vallecano, tamén como visitas factibles para eles e para nós.
Este ano a liga será moito máis atractiva a tódalas luces, e por fin teremos o VAR, que se houbese estado no “Play-off”, como dixeran, igual ata estábamos na necesaria Primeira, (polos cartos, non así pola igualdade antre os equipos). A videira Segunda contará con moitos máis equipos da zona norte de España, polo que haberá moita máis proximidade.
En breve comezará a campaña de abonos, xa sen tempo para nada debido ao que se alongou a tempada co “Play-Off”, nin cheirarán as vacacións os da Oficina de Atención o Socio, co comezo da campaña de abonos en breve e o tempo acúrtase para todo o que conleva a pretempada e as fichaxes, varias delas xa medio encamiñadas, pero esperando a ver que xogadores dos 20, (21 con Lampraropoulos), que teñen contrato, seguirán.
O ano pasado Carmelo del Pozo ao que temos que alabar porque fixo un enorme traballo, (digan o que digan algúns), o ano pasado tivo que descargar a plantilla de altos soldos e refacer un equipo enteiro que quedaba con 3 do ano anterior e fichando 20 xogadores, 18 deles a coste cero e gastando 2,2 millóns de euros en Quique González, (1,7) e Vicente Gómez, (500.000). Este ano só terá que retocar a plantilla e arranxar no que se fallou. Ademáis de ter que lidiar co dous procesos electorais. O adestrador parece que será Juan Antonio “Anquela”, salvo sorpresa de última hora. Un home con filosofía de clube e de moito traballo, que tratará de endereitar o mal rumbo no concernente a adestradores no depor, no que salvo Arsenio, e Irureta, o resto o banco ten temblores.
Polo tanto espéranos unha Segunda División moito máis atractiva ca 1ª, a excepción do que se recauda no que se refire as televisións.
Segunda División 2019/20
Depor
CD Lugo
Ponferradina, (ascendido)
Rayo Vallecano, (descendido)
Sporting de Xixón
Real Oviedo
Racing de Santander, (ascenddo)
Albacete
Alcorcón
Almería
Cádiz
Elche
Extremadura
Fuenlabrada, (ascendido)
Girona, (descendido)
Huesca, (descendido)
Las Palmas
Málaga
Numancia
Tenerife
Zaragoza
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es