De números de ascenso direto a números de descenso

Carlos Fernández entregouse pero non tivo “socios” de viaxe.

Depor 0-2 Rayo Majadahonda

-De números de ascenso direto a números de descenso-

Un Depor sen ideas, plano, desordenado e nervoso deulle carpetazo practicamente ao ascenso direto cunha derrota sonroxante que levantou aos afeccionados, en especial o final do encontro, o berro de “Diretiva dimisión”. Pasou o equipo deportivista de números de ascenso direto a dilapidar a sua marcha con números de descenso direto se comezase a liga no 2019. Natxo González agochado gran parte do encontro no banquillo e saindo a tentar poñer órde no equipo o seu segundo, non dou ca tegra para endereitar o rumbo do equipo e para evitar as protestas dos afeccionados. O máis normal para tentar darlle unha volta de rosca a situación sería que ou hoxe ou mañán na xuntanza dos luns da diretiva, se despedise o adestrador vasco, que é por onde rompen estas situacións a corda. Agora mesmo a sensación é de que nin conseguiremos entrar en postos de promoción.

Dani Giménez, Bóveda (Pedro, min. 71), Domingos Duarte, Pablo Marí, Diego Caballo, Vicente Gómez (Vítor Silva, min. 46), Didier Moreno, Edu Expósito (Borja Valle, min. 75), Nahuel, Carlos Fernández e Quique.

Goles : 0-1, Aythami, (min. 86).

Árbitro: Gorostegui Fernández-Ortega (c. vasco). Cartón amarelo a Edu Expósito (min. 10), Benito (min. 46), Carlos Fernández (min. 48), Didier Moreno (min. 49) e Vítor Silva (min. 90).

Incidencias: Partido correspondente á 33ª xornada da 2ª División no Estadio de Riazor ante 15.800 espectadores. Homenaxeouse no descanso as rapazas do equipo feminino campión da 2ª División Española e no inicio os nenos da Depor Escola fotografáronse co equipo.

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

Debaixo das publicidades tes como contactar connosco se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-