26.412 deportivistas renovaron o seu abono, 1.200 máis co ano pasado por este tempo.

O deportivismo non falla nunca e a pesares da forte subida e das normas discriminatorias e abusivas para a Grada de General, (Maratón Inferior), todo Deus se apunta e 26.412 socios xa renovaron o seu abono para a 2026/27, un total de máis de 1.200 máis co ano pasado cando se pechou o prazo para renovar e comeza o tempo para os trocos de asento, (do 30 de xullo o 13 de agosto).

Mañán martes 28 de xullo liberaranse as localidades non rebnovadas e chegará o trámite de novos socios, para o que hai unha lista de espera de máis de 11.000 deportivistas, na sua maioría xente xove que non pode optar a carnets de Tribuna polo que alto coste, pero todo apunta a que se voltará a pechar a incorporación de socios cos 27.500 do ano pasado, quedando o resto ata os 32.390 para grada visitante, patrocinadores, etc…

Sigue a protesta sobre as Normas Particulares

A grande maioría dos socios de General, (4.000 localidades), segue en pé de guerra e tras renovar seguirán co plan establecido e tras recoller follas de reclamación, seguirase cos trámites ante as institucións pertinentes para defender os dereiros coartados cas Normas Particulares. Durante o día de mañán Federación de Peñas, Riazor Blues e Old Faces publicarán as instrucións para como cubrir as diferentes reclamacións.

Trocos desta tempada

Créase a modalidade Depor Jr, que sustitue o Nen@ Depor e incorpórase as modalidades Deportivista e Deportivista+, pensadas para seguidores que queiran manter o vínculo co club sen dispoñer dun asento fixo en Riazor.

A que ten dereito o socio

O socio ten dereito a presenciar tódolos encontros do primeiro equipo da Primeira División, Copa do Rei e Teresa Herrera, e encontros da canteira, agás os do Fabril para que esta tempada só da acceso aos que elixiran esta opción pagando 20€ máis, ao igual que para ver o depor ABANCA, e 5€ máis para os que quixeran seguir en direto o Liceo Deportivo. Mantense os descontos nas Deportenda e no Museo & Tour.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”