CRÓNICAS 21ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “O SAN LORENZO EMPATA E ACÉRCANSE CORME, MUXÍA E CASTRIZ, QUE XA APUNTAN A SER OS QUE SE XOGARÁN TODO. POR ABAIXO NEN OZA, NEN CERQUEDA GAÑA, PERO O RESTO POUCO MENOS”.

O “Hermanas Patiño” volveu a ter unha gran entrada.

 

O lider non pasou do empate ante o Camariñas, e ve acercarse dous putnos ao Corme, Muxía e Castriz, que parece que serán os que loiten polo título cos de Verdillo e polos dous postos de promoción, polo que o que falle dos 3 perseguidores dos da parroquia cartballesa será o que se quede sen premio. Nesta xornada, Cabana, e Camariñas alonxáronse máis desta loita, que xa parece cáseque imposible nas 9 xornadas que quedan. Por abaixo nin son quen de gañar Oza e Cerqueda, e o resto outro tanto. Só o Volantes de Baño, terceiro pola cola e en posto perigoso polos arrastres, é o único que gañou, e o Monte Louro, parece que xa se situa en zona templada, o resto todo foron derrotas, (corcubión, Ponteceso e Muros). Boas novas en Outes, que por fin gañaba coas mesmas sensacións do primeiro tercio de liga, gol e control.

Felicitar dende piratasdemuxia a Juni, adestrador do SD Coristanco, que non puido estar na vitoria do seu equipo ante o Cerqueda debido a unha ocupación especial, pois foi papá.

 

Manu Nogueira, (14), fixo dous dos goles muxiáns.

 

SD Ponteceso 0-3 Muxía CF

Pablo Mallón, (Adestrador Ponteceso SD) :”Partido que penso que ata os de Muxía poderan ratificalo, estivo condicionado polo árbitro. Tanto o Muxía coma nós queríamos o balón e chegábamos ben o borde do área , pero sen crear demasido perigo, xogo por banda, polo medio, xogando de poder a poder. Dous equipos con bo criterio de balón, con certo ·run run”, na grada. Eles adiantanse de falta, nunha xogada embarullada no área na que o noso meta, sae mal e non se sabe se foi fallo do porteiro, se acerto deles. A xogada clave foi a media hora de encontro, unha “faltita” que fai Mendiata a un interior deles, que pode ser falta, pero nunca cartón amarelo. Mendi pídelle explicacións, sen faltar o respeto, cunha expresión de incredulidade, e sácalle a segunda e rompeu o partido. Xa tíñamos moitas baixas e co encontro condicionado restructuramos o equipo como puidemos, xa Mendieta estaba xogando en banda polas baixas que tíñamos. Ainda así nos minutos que quedaban da primeira metade, seguimos ca mesma idea de xogar o balón cando o tíñamos e non nos amedentramos en ningún intre. Na segunda saimos igual, ainda que un pouquiño máis metidos atrás polas circunstancias, contra un moi bo equipo como é o Muxía que está peleando polo título. Sen medo e sen arrugarnos, e tivemos a segunda polémica, co penalti que lle fan a Charro que o árbitro non quixo ver e vímolo todos, ata os do Muxía o poden corroborar, un penalti co 0-1, moi claro, que todo o mundo nolo recoñeceu. Poderíamonos poñer 1-1 e cambiaría o conto, e na seguinte a contra fan eles o segundo. O final partido totalmente condicionado e decandado pola actuación arbitral”.

Diego Lobelos, (Adestrador Muxía CF) : “O partido empezou moi parexo, os locais tiñan máis posesión do balón pero sin crear ocasións claras, e nos tivemos un par delas para abrir o marcador. Cando peor estábamos, Mauro saca unha falta e Manu remata a gol. Antes do descanso, quédanse con dez por expulsión. O segundo tempo foi claramente noso, con un home máis e creando ocasións claras. Manu fixo outro gol e asistiu a Ánxo para poñer o 0-3. Quedaban 25 minutos donde puidemos facer máis goles pero non estivemos acertados. O Ponteceso notou moito a expulsión e a lesión de Nando no primeiro tempo. Son un moi bo equipo e seguro acabarán máis arriba na clasificación”. 

Goles : 0-1, Manu Nogueira, (33´); 0-2, Manu Nogueira, (67´); 0-3, Ánxo Pose, (69´).

Incidencias : O árbitro Carlos Señarís, expulsou con dobre cartón consecutivo a Mendieta e ao adestrador do Ponteceso con vermello direto, ambos por protestas, pasada a media hora de encontro. Saeu lesionado nun xeonllo o xogador pontecesán Nando, o cal lle foi feita unha placa que non desvelou a doenza e terá que esperar a que lle baixe a inflamación para logo facer unha resonancia. O noso desexo de que non sexa máis ca un golpe e volva pronto cos seus.

 

Jorge Vázquez, (SD San lLorenzo).

 

Camariñas FC 0-0 SD San Lorenzo

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) :Partido ante o lider no que o peso do encontro levámolo nós, e en liñas xerais só lles concedemos facer perigo a balón parado, polo demáis en canto a xogo, tíñamolo encontro controlado. Non foi día de moitas ocasións pero tivemos 3 moi claras, as cales non soubemos concretar. Partido moi intenso, no que sabíamos que poderíamos ter gañado si fixéramos as cousas como tíñamos pensado. Non o dou por malo un empate ao ser ante o lider, sempre é bo sumar e sobre todo manter a porta a cero“.

Dani Casal, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Partido moi disputado e moi igualado, afrontábamolo con moitas baixas importantes, pero o equipo afrontounas moi ben. A primeira parte foi moi igualada pero sin apenas ocacións polos dous equipos, salvo unha falta ao borde da área que casi marca Iván. Na segunda parte tuvemos un man a man co porteiro de Jony, unha ocasión de Eloy que logra despexar a defensa, e dous penaltis non pitados, un que de dónde estou non o vexo con claridade, pero no minuto 90 é un penalti clarísimo por unha man de un defensa que si non lle da, Iván quedaba solo contra o porteiro. O Camariñas antes de eso pudo levarse o encontro con un man a man que para moi ben Puyol. Non foi o noso mellor partido pero creo que nunca é mal resultado empatar no campo de un gran equipo como é o Camariñas”.

Goles : 0-0

 

 

SD Castriz 3-1 UC Cee

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Partido que se xogou a moito menos ritmo do que queríamos, os ceenses optaron por ter moita posesión, tocando moito o balón en campo propio e a nós costounos moito, sen balón e sen ser quen de roubalo. Fomos capaces de limar esto e axustar as liñas de presión e comezamos a roubar balóns e a ter máis posesión do mesmo, e dende os 15-20 minutos comezamos a chegar máis pero sen moitos alardes. Tivemos unha ocasión moi clara de Facal que rouba no medio do campo e foise ata chegar o área, pero o seu lanzamento foi a madeira. Na segunda quixemos meterlle duas marchiñas máis o encontro e creo que o estábamos conseguindo con máis balón en campo contrario e sabendo atacar por banda, cousa que non fixemos na primeira metade. Con todo esto chegou un golazo deles por medio de Ezequiel dende o borde do área e puxéronse 0-1, e cambiaba o panorama, menos mal que pouco despois, empatábamos cun golazo, que nos espoleou e comezou a verse o Castriz doutros días, o que nós queremos ver, presionando, chegando arriba en moitas ocasións e nunha destas un centro de Samuel dende a dereita, que remata de testa Iván Casal. Co 2-1 o Cee acumulou máis xente arriba e nós nunha contra facía Erre o 3-1 e a partires de aí acabouse o partido“.

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “Cando nos chegue o seu comentario poñeremolo aquí”.

Goles : 0-1, Ezequiel, (53´ ); 1-1, Alejandro, (55´); 2-1, Iván Facal. (80´); 3-1, Erre, (90´).

 

Emilio Uzal acabou indignado coas decisións arbitrais.

 

UD Cerqueda 0-5 SD Coristanco

Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido que estivo moi igualado na 1ª parte, con eles con máis posesión e nós con máis ocasións, e que desequilibra o árbitro cando un xogador deles lle quita das mans o noso porteiro o balón cando o tiña agarrado, e non o ve, como non veu un penalti de libro que lle fan a Sergio. Antes do descanso tivemos outra clarísima para empatar pero non hai forma. Os 5 minutos do segundo tempo mandamos unha o longueiro e acto seguido fánnos o 0-2, nun mal despexe, aí acaba o partido. Despois no 55′ o árbitro si que ve un penalti moi similar e que non veu na 1ª parte, precedido de falta a Atu, e aí nos acabou de desquiciar, ademáis de ter que facer cambios obligados porque temos multiples baixas. Xogadores xogando lesionados os que lles quero agradecer a sua predisposición Dous goles máis do Coristanco, outro longueiro máis para nós, e outro penalti que non quixo ver o sr. colexiado. O resultado e abultado pero houbo un tipo que coas suas decisións non nos deixou competir“.

Iván Vázquez, (2º Adestrador do SD Coristanco) : “Partido no que o Coristanco tería a posesión do balón, e facía dano as espaldas dos laterais e centrais, xa que o Cerqueda plantaba a líña defensiva bastante alta. Avisaría primeiro o Cerqueda cun bo disparo no que Rubén sacaba unha man espectacular. O primeiro gol, dun intelixente Hugo Fraga, despois de que ao porteiro se lle escapara o balón das mans. Segundo gol de Rama cun bon disparo coa zurda. Terceiro gol de Jonathan, despois dun penalti feito sobre él. Cuarto gol de Hugo despois dun remate de saque de curruncho. Quinto gol de Sergio Regueira despois dun saque de esquina sacado por Dani Botana. Tería o Cerqueda dúas boas opcións para marcar o chamado gol da honra no treito final, pero un gran Rubén e o longueiro fixeron que o Coristanco terminase coa portería a cero”.

Goles : 0-1, Hugo Fraga, (21´); 0-2, Rama, (49´); 0-3, Jonathan, (66´ de penalti); 0-4, Hugo Fraga, (73´); 0-5, Regueira, (81´).

 

 

Cabana SD 1-4 Corme CF

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Adiantámonos pronto por medio de Sergio Antelo, e o controlábamos máis a situación achegándonos a porta do Corme, pero sin ser capaces de concretar as ocasións. O Corme con balóns longos poñía e apretos a nosa portería, pero sin consecuencias. Xa na última xogada do primeiro tempo Lucas empataba de falta. Empezaba o segundo tempo cun novo lanzamento de falta que se colaba entre a barreira, e Lucas adiantaba o Corme. Minutos de desconcerto que os visitantes aproveitaban para pechar o partido. Intentos nosos por meternos no partido pero non houbo acerto cara a portería”.

Ángel Pérez, (Adestrador do Corme CF) : “Gran partido o visto en Cabana, con moito ambiente nas gradas. Primeira parte que empezamos moi indecisos, moi nerviosos dado a importancia do mesmo e pronto se poñeria o cabana por díante no luminoso cun balón as espaldas da defensa que non soupemos defender. Tocaba unha vez mais remar contracorriente, pero seguimos sin controlar o partido aunque dispuxemos de varias ocasións claras pero non estuvemos acertados de cara a portería rival e o cabana seguíamos creando certo peligro aunque tamen sen acerto. E cando estábamos chegando o tempo de lecer, unha falta lanzada por Lucas poñería o empate no luminoso sin tempo para mais. Esto dounos certa tranquilidade de cara a segunda parte, donde empezamos moito mellor, tendo mais o control e de novo noutra falta lanzada por Lucas conseguiríamos poñernos por díante no luminoso. Pero lonxe de darnos tranquidade, o cabana tubo dez minutos de moito dominio, creandonos moito peligro pero sin éxito. Pouco a pouco fomos quitando o dominio do rival, e nunha gran xogada colectiva sería o xuvenil Borja quen conseguiría o 1-3 no marcador. E sin tempo pa reacion do rival, noutra contra sería de novo Borja quen de poñer o 1-4 no luminoso que nos daba moita tranquilidade. A partir deste momento pasamos a controlar o rival aunque seguiría intentando crearnos peligro pero sin éxito. Final do partido cun 1-4 no luminoso moi traballado que nos permite seguir neste soño”.

Goles : 1-0, Sergio Antelo, (5´); 1-1, Lucas, (45´); 1-2, Lucas, (50´ ); 1-3, Borja, (65´); 1-5, Borja, (68´).

 

 

UD Corcubión 2-3 UD Monte Louro

Nito Quintela, (Adestrador do UD Corcubión) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.

David González “Bibi”, (Adestrador do UD Monte Louro) : ““.

Goles : 1-0, César Lojo, (10´); 2-0, Iago Lema, (20´); 2-1, Juan Lois, (47´); 2-2, Xián, (74´); 2-3, Raúl, (82´).

 

 

Outes FC 1-0 CD Muros

Miguel Ángel Ramos, (Adestrador do Outes FC) : “Partido donde os dous nos respetamos moito dende o inicio, buscábamos esa solidez defensiva e eles contraatacar con balóns longos, tentando collernos as costas, pero non eran capaces, xa que nós estivemos serios e contundentes. O xogo non era moi vistoso, pero sen chegar, con tioros dende fora do área era a maneira na que conseguíemos crear ocasións de gol. Na primeira metade eles a pensa nos inquiteron, o dominio do balón foi noso. Na segunda comezamos algo mellor pero co temor a recibir ese gol que sabíamos que quen marcase sería difícil para o outro levarse o encontro e conseguimos nós marcar e seguimos tendo ocasiós, e eles non nos xeraban perigo. Para min o porteiro Xandre foi o mellor xogador do Muros con varias intervercións meritorias e de aí a incertidume de que nos poderan marcar en algunha ao nos aproveitar nós as nosas. No 95 eles dun tiro cruzado puidero marcar, pero o balón foi o poste e pasou por diante da liña de gol. Sería inxusto. Creo que estamos nunha liña positiva voltando a crecer, e mellorando e esperemos que sigamos así e acadar o vindeiro Domingo outros 3 puntos”.

Juan Manuel Luces, (Adestrador do CD Muros) : “Partido para olvidar do C.D. Muros, donde nunca conseguimos entrar no partido que só nos mantiña con vida o noso porteiro. Toca facer unha profunda reflexión e seguir traballando. Darlle a noraboa o Outes xusto vencedor do encontro”.

Goles : 1-0, David Jurado, (70´).

 

 

Volantes de Baño FC 1-0 SD Oza

Daniel Suárez, (Adestrador do Volantes de Baño FC) : Partido o que salimos ca premisa de ter que ganar sí ou sí para ter un fío de esperanzas de pelexar por aguantar a categoría. Pero arrancamos con moitos nervios e nada máis empezar Rodri perde un balón tonto sendo último home e o Oza está a piques de marcar (nena acción o árbitro perdonalle a roxa, pois comete unha falta clara no borde da área que non pita). Pouco a pouco vamos collendo folgos e traballando o plan de partido…e empezamos a inquietar a portería rival ( presión alta en campo rival e tirar contras rápidas ) e tanto Borja como Mamadou e Kevin ( os tres de arriba) dispoñen de oportunidades para poñernos por diante…nuna acción precedida dun balón parado Cajulo incorporase dende 2° línea e en semifallo habilita a Kevin que fai o tanto definitivo a posterior. A partir de aí damos un paso atrás e o Oza con empuxe e balóns a directos a espalda dos laterais metenos atrás e gozan de 2 ocasións moi claras para empatar, pero Alex hoxe estuvo fenomenal e salva con 2 paradas enormes. Vamos o descanso coa premisa de subir a intensidad e correximos tácticamente para contrarrestar o rival e o mesmo tempo tratar de facerlle daño…

Empezamos ben a 2°, sendo máis dominantes nos duelos e tendo ocasións…Mamadou pudo matar o partido nun 1 vs 1 co porteiro completamente sólo pero erra… a partir de ahí o Oza modifica para dar un paso no ofensivo e nos movemos o banco para dar aire novo dentro do verde…O partido vólvese de ida e volta e o Oza ten 1 clara para empatar en claro fora de xogo que o árbitro non pita …e Alex novamente logra solventar. Podemos matar o encontro con 2 contras de Pitiso e Manu Yi …pero non o facemos, e sufrimos ata o final para amarrar 3 puntiños que nos dan ánimos e un pouco de esperanza para seguir pelexando“. 

Miguel Sande, (Adestrador do SD Oza) : “”.

Goles : 1-0, Kevin, (31´).

 

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

AVISO

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

 

 

 

 

-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ

-Crónicas e novas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

 

-Foto Hermanas Patiño : Roi Búa

-Fotos e Texto : piratasdemuxia