Fase de Permanenza 1ª Galicia
Insuficiente empate do Ponteceso ante o Ulla.
No Grupo 3, o Praiña caeu, pero segue a ser o mellor cuarto dos 3 grupos, con 11 puntos, 4 máis co Corme, e 1 máis ca Ponteceso e Volantes, que se xogan todo na derradeira xornada, cos pontecesáns cuartos con 10 puntos, os de Baño cos mesmos puntos e en ascenso direto e na terceira praza o Val do Ulla, cun punto máis ca ambos, pero ca ventaxe de que o Ponteceso descansan na derradeira xornada, e unha vitoria ou empate do Volantes ante o Cruces, deixaría aos da Vila de Pondal no descenso direto. Dumbría e Soneira, que xa teñen fai tempo todo resolto, descansaron ao igual co Volantes, o máis beneficiado da xornada polo empate antre Ponteceso e Val do Ulla, (1-1).
9ª XORNADA
-Penúltima-
Grupos 1
SD Agolada 3-1 Corme CF
Día : 15/05
Hora : 17:30
Campo : Hospitalillo, (Agolada)
Árbitro : Manuel Paz Hermida
Xa deixou encarrilado o equipo agoleño o choque na primeira metade con goles de Aitor, (25´) e Álvaro, (35´). Metise no encontro o equipo cormelán a hora de xogo cun tanto de Brais, pero pouco durou a ledicia pois dez minutos despois Mathias facía o terceiro dos locais, que lles daba a tranquilidade para acabar gañando e asegurar a permanenza e deixar os cormeláns practicamente descendidos, xa que agora mesmo son o peor dos tres cuartos a falla dunha xornada para o final.
CD Lalín 3-1 SD Esclavitude
Día : 15/05
Hora :17:00
Campo : Anexo Manuel Ánxo Cortizo, (Lalín)
Árbitro : Manuel Castro Mouzo Vitoria dos lalineses que deixan o Esclavitude practicamente descendidos. Na primeira metade adiantábanse os locais cun tanto de Víctor, (28´), e xa na segunda igualaban os visitantes por medio de Miguel, 850´). Xa no treito final os locais sentenzaban o choque con dous goles consecutivos de Eloy, (85´) e Borja, (67´).
Descansa : CF Dumbría
CLASIFICACIÓN
CD Lalín : 25 puntos
CF Dumbría : 18
SD Agolada : 14
Corme CF : 7
SD Esclavitude : 6
Grupo 2
SD Tordoia 3-0 SD Cruces
Día : 15/05
Hora : 18:30
Campo : Gorgullos, (Tordoia)
Árbitro : José Luis Peso Rodríguez
Adiantáronse os tordoieses aos 19 minutos de xogo cun tanto de Abel, e non pecharon o choque ata o 52 no que de novo Abel facía o segundo seu e do equipo. Manuel nos instantes finais pechaba a goleada, (83´).
Ponteceso SD 1-1 UD Val do Ulla
Día : 15/05
Hora : 18:00
Campo : O Pinguel, (Ponteceso)
Árbitro : Darío Costas Rodal
Punto insuficiente do Ponteceso ante un rival direto e que deixa para a derradeira xornada o devir deste grupo. Ismail facía o primeiro gol da tarde, pero en propia porta no 63´, a reacción pontecesana foi inmediata e pouco despois Iago facía o empate, (63´), que xa non se movería.
Descansa : Volantes de Baño FC
CLASIFICACIÓN
SD Tordoia : 21
SD Cruces : 16
UD O Val do Ulla : 11
Ponteceso SD : 10
Volantes de Baño CF : 10
Grupo 3
CD Belvís 4-1 CCD Taragoña
Día : 15/05
Hora : 18:00
Campo : As Cancelas, (Belvís)
Árbitro : Adrián Casal Barreiro
A pesares de adiantarse o Taragoña a media hora de xogo por medio de Iván, o Belvís igualaba antes do descanso, (43´), e acababa goleando na segunda metade con tantos de Diego, (63´), Crístian, (71´) e Lucas, (87´).
Cordeiro CF 4-1 Praiña Sporting Club
Día : 15/05
Hora : 18:00
Campo : Municipal de Baño, (Valga)
Árbitro : Francisco Manuel Brión Sanisidro
Vitoria incontestable dos de Valga fraguada na primeira metade na que se poñían 3-0 con goles de Xabier, (12´), Jonathan, (15´), Sergio, (27´). Xa na segunda acurtaba distanzas o equipo visitantes cun tanto de Adrián, (50´), pero non tardaba de sentenza so clube local, por medio de novo de Jonathan, (60´).
Descansa : SD Soneira
CLASIFICACIÓN
Soneira SD : 19
Cordeiro CF : 16
CD Belvís : 15
Praiñas Sporting Club : 11
CCD Taragoña : 5
-Foto : FaceBook do Ponteceso SD
-Texto : piratasdemuxia