1ª GALICIA VETERANOS DA COSTA
21ª Xornada
Domingo 01/03/2026
Cabana SD 3-0 Soandres CF
Deportivo Carballo 1-5 Vet. SCD Malpica
SD Fisterra de Vet. 2-4 SD Sofán
Sporting Bértoa 0-5 A Piña
CD Nantón 0-2 CF Corme
Club Deportivo Leiloio 2-1 CF Mazaricos
As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.
CRÓNICAS
A 1ª Galicia Veteranos da Costa chegou á súa penúltima estación tras unha 21ª xornada que non resolveu nada na loita polo título nin polo ascenso directo. Os tres primeiros cumpriron, mantendo un triple empate espectacular no máis alto da clasificación e deixando todo aberto para unha última xornada que promete emoción máxima.
A xornada deixou ademais unha boa cifra goleadora, con 25 tantos en seis encontros, nunha fin de semana onde a maioría dos equipos conseguiron ver porta e na que os favoritos non fallaron.
O Cabana SD continúa líder tras superar con autoridade ao Soandres CF (3-0), sumando unha vitoria sólida que lle permite ir a polo título e o ascenso direto a División de Honra na última cita do campionato. Os cabaneses chegan así á derradeira xornada sabendo que se se mantén o trile empate un triunfo daralles o título ligueiro.
Non fallou tampouco A Piña, que protagonizou unha das goleadas da xornada ao vencer con claridade ao Sporting Bértoa (0-5). O conxunto carballés mantense empatado na cabeza e chega vivo á última data, coa vantaxe do golaveraxe particular sobre o Cabana, factor que pode resultar decisivo.
Na mesma liña segue o CF Corme, que venceu con solvencia no campo do CD Nantón (0-2) e continúa plenamente metido na pelexa polo ascenso directo. O equipo cormelán tamén dependerá do que fagan os seus rivais nunha última xornada de alto voltaxe.
Por detrás, o Veteranos SCD Malpica confirmou o seu gran momento goleando ao Deportivo Carballo (1-5), asegurando matematicamente praza de promoción e chegando sen presión á última xornada, onde exercerá de xuíz directo do título ao recibir ao Cabana.
Na zona media, o Club Deportivo Leiloio superou ao CF Mazaricos (2-1) e gaña unha posición na táboa, mentres que o SD Sofán sumou tres puntos importantes no campo do SD Fisterra Veteranos (2-4), pechando unha xornada con movementos moderados pero cunha tensión crecente na parte alta.
Todo por decidir na derradeira xornada
A liga resolverase nun final de auténtico infarto. Ascenden directamente os dous primeiros, mentres que os catro seguintes disputarán a promoción.
Os focos estarán postos especialmente en tres campos:
-
Malpica – Cabana
-
A Piña – Fisterra Vet.
-
Corme – Sporting Bértoa
O Malpica xa ten asegurada a promoción, mentres que Bértoa e Fisterra, situados na parte baixa e sen descensos en xogo, poden converterse en árbitros inesperados da loita polo título.
O escenario está cheo de matices:
-
O Cabana ten perdido o golaveraxe co A Piña, pero gañado co Corme.
-
Entre A Piña e Corme, o golaveraxe favorece ao conxunto carballés.
Así, o panorama é claro se se dan 3 vitorias : Cabana será campión, mentres que o A Piña ten moi encamiñado o ascenso directo dependendo de si mesmo. Todo esto falando sobre a clasificación que publica a RFGF.
A 1ª Galicia Veteranos da Costa prepárase así para un peche de liga apaixonante, cun triple empate histórico e noventa minutos finais que decidirán todo.
Clasificación
1º Cabana SD : 52
2º A Piña. : 52
3º Corme CF : 52
4º Vet. Malpica : 46
5º C.D. Nantón : 33
6º CF Mazaricos : 29
7º CV Leiloio : 28
8º Soandres CF : 25
9º S.D. Sofán : 22
10º SD Fisterra Vet : 15
11º Sporting Bértoa : 10
12º Dep. Carballo : 4
.
1ª GALICIA VETERANOS
22ª Xornada
Domingo 15/03/2026
SD Sofán – Club Deportivo Leiloio, ás 10:00
CF Corme – Sporting Bértoa, ás 10:00
Vet. SCD Malpica – Cabana SD, ás 10:30
A Piña – SD Fisterra de Vet., ás 11:00
CF Mazaricos – Deportivo Carballo, ás 11:15
Soandres CF – CD Nantón, ás 12:00
Clasificación : PREME AQUÍ
.
,
-Foto arquivo e texto : Xosé Búa “Pirata”

